BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOBEL DE LITERATURA
MARIO VARGAS LLOSA,gañador do premio NOBEL DE LITERATURA de este ano 2010 é considerado un dos máis grandes novelistas hispanoamericanos da segunda metade do século XX,tras reflexar nas súas obras a realidade social peruana a través de conflictos de caracter moral, sexual, racial e político.


ACHÉGATE Ó RINCÓN DE LECTURA que a biblioteca ten gardado só para ti á entrada do IES, na procura dalgunhas creacións literarias tan interesantes que che leven á...GUERRA DO FIN DO MUNDO...,a través dunha LINGUAXE DA PAIXÓN... logo de atravesar a CIDADE E OS CANS... por FACER TRAVESURAS DUNHA NENA MALA... ó escribirlle CARTAS DUN XOVEN NOVELISTA... nos CADERNOS DE DON RIGOBERTO... naquela CASA VERDE.
Escoita o que o propio autor comenta dobre a súa obra no enlace M.V.LL
M.V.LL
Comentarios (0) - Categoría: Arte e cultura - Publicado o 14-10-2010 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Guía de Lectura Verán 2010
Este verán tomade nas vosas mans un libro , mergulládevos nas súas páxinas e vivide miles de aventuras da man das súas personaxes; deixádevos ir e viaxade por mundos distintos...

O equipo de biblioteca preparou unha pequena escolma para guiarvos polo gran universo literario...

Desexamos que vós guste!

Felices vacacións!
Comentarios (0) - Categoría: Arte e cultura - Publicado o 22-06-2010 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Foise José Saramago
José de Sousa Saramago, nado en Azinhaga o 16 de novembro de 1922 e finado na illa canaria de Lanzarote o 18 de xuño de 2010[1], foi un escritor en lingua portuguesa, gañador do Premio Nobel de Literatura no 1998. Tamén gañou o Premio Camões, o máis importante premio literario da lingua portuguesa.

Se queredes saber algo máis sobre a súa obra, visitade esta ligazón: Máis sobre Saramago

Escoitade o relato:
Comentarios (0) - Categoría: Arte e cultura - Publicado o 22-06-2010 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
17 de Maio, Día das Letras Galegas
Sabedes que este ano, o Día das Letras Galegas foi adicado a Uxío Novoneyra, o poeta do Courel; escritor de versos e contos infantís, Novoneyra é considerado coma un dos mellores referentes sobre a paisaxística da súa terra.

Podedes visitar a seguinte ligazón para saber un pouco máis...

Uxío Novoneyra

Escoitade o poema "No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño. No mesmiño bicarelo do bico do brelo" con música de Na Virada, Rolada das cantigas (2002).(Compositor da peça, Xico de Carinho; voz, María Xosé López)

Comentarios (0) - Categoría: Arte e cultura - Publicado o 20-05-2010 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Onte deixounos Francisco Ayala
El dicía "Soy un cómico que lleva años esperando a que se baje el telón, pero no termina de bajarse". Ayala cumplira 103 anos o pasado 16 de marzo. Era o último supervivinte da Xeración do 27 e, ademáis de ser membro da Real Academia Española desde 1984, tiña os premios máis importantes das letras españolas: o Cervantes (1991),o Príncipe de Asturias (1988, Premio Nacional de las Letras Españolas.

Por mor da Guerra Civil, marchou ao exilio que lle obrigou a abandonar a súa cátedra de Socioloxía na Universidade Complutense e vivir en países como Arxentina, Porto Rico e Estados Unidos. En 1980 regresou definitivamente a España.

Legounos obras como La cabeza del cordero, Muertes de perro, El jardín de las delicias, La invención el Quijote Recuerdos y olvidos (memorias),...

El comentaba: "He escrito demasiado porque he vivido demasiado y además lo he hecho intensamente".

Este granadino "tan maior" seguirá para sempre connosco a través da súa obra.




Comentarios (1) - Categoría: Arte e cultura - Publicado o 04-11-2009 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
23 de Abril: Día Internacional do Libro
23 de Abril: Día do Libro . Felicidades lectoras e lectores!

Para celebrar este día, na entrada do instituto, podedes coller un libro, é un agasallo da biblioteca para vós; é de balde, gratis, "gratuit", "free", "frei", "libero"!

Este día celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

Como dicía a escritora estadounidense Emily Dickinson (1830-1886):"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave cun libro" .
Día do Libro

O libro electrónico gañando futuro:

Comentarios (2) - Categoría: Arte e cultura - Publicado o 22-04-2009 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0