BIBLIOCARBALLEIRA. BUEU


Contamos con vós para iniciar esta andaina pola senda das palabras.
Lectoras e lectores! Esperamos a vosa colaboración; temos moita ilusión e pretendemos que a Biblioteca estea viva.

Lembrade o noso lema "LerEnCarballeira" e identificádevos coa nosa mascota "Landralectora".

Contamos connvosco!

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FALECE BEGOÑA CAAMAÑO
A xornalista da Radio Galega Begoña Caamaño faleceu hoxe en Santiago, vítima dunha longa enfermidade. Nacida en Vigo en 1964, xunto ao seu labor profesional tamén destacou como novelista e como loitadora polos dereitos da muller, dos traballadores e dos máis desfavorecidos.

Foi na radio onde desenvolveu a meirande parte da súa carreira, sobre todo, en informativos e cultura, pero tamén se valeu da prensa para falar e amosar o seu pensamento sobre os problemas político-sociais, sempre desde unha visión feminista e nacionalista.


A súa chegada á Radio Galega produciuse en 1989. Alternou etapas nos servizos informativos con outras en programas como "Diario Cultural", "Andando a Terra", "Club Cultura" e "Expreso de Medianoite".

Comprometida tamén coa loita sindical, Begoña Caamaño formou parte do comité de empresa da Radio Galega,Pero o seu carácter reivindicativo abarcaba todos os ámbitos da vida, colaborando con proxectos sociais, políticos e culturais.

En marzo de 2012, a enfermidade obrigouna a deixar a súa actividade laboral, pero non renunciou ao mundo das palabras. Así Begoña enfrontou o cancro coa mesma serenidade e forza coa que vivira día a día e comezou a escribir a súa segunda novela: "Morgana en Esmelle".

Lectora apaixonada dos clásicos e dos narradores e narradoras contemporáneas, tamén nesta obra revisa os mitos gregos como xa fixera en "Circe ou o poder do azul" de 2009. As dúas novelas publicadas por Galaxia. "Morgana" valeulle o premio Nacional da Crítica 2012, que concede a Asociación Española de Críticos Literarios, e tamén o Ánxel Casal e o Losada Diéguez en 2013.

Valoraba os galardóns porque -dicía- "incitan á lectura dos libros, que é o máis importante". "Non sabería nin querería escribir doutro xeito que dende o galego e dende o feminino: eu son muller galega", afirmaba.

Estivo con nos nesta biliboteca, o 14 de Outubro do 2011 presentando o seu libro, "Circe ou o pracer do azul".
Para qué máis verbas. Toma de nós só dúas: Grazas, querémoste.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2014 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
INICIO DE CURSO 2014-2015
Un ano máis, comezamos de novo. Tentando esquecer as vacacións coa chuva que esbara por riba das nosas cabezas, cos @s amig@s na beira da porta do instituto e o trajín de tódolos anos ó inicio de curso.
Dámosvos a benvida á Biliocarballeira. Os libros que levan con nós tantos anos, están esperando a que veñades a buscalos.
http://www.humanodigital.com.ar/wp-content/uploads/2011/06/bibliotecas-y-twitter.jpg
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2014 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Día Internacional da Muller Traballadora: 8 de marzo.
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, e festa recoñecida nalgúns países e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2014 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
BENVID@S A TOD@S 2013/2014
VISÍTANOS¡¡Novos amig@s, moitas ilusións, algún que outro compañeir@ nov@,novo curso, novos LIBROS......

A biblioteca do IES Johan Carballeira,a "BIBLIOCARBALLEIRA", necesita dos teus encantos lectores.

A túa voz e as túas verbas son moi importantes para nós.


Para que sigamos atentos ás túas necesidades. Para que a través dos libros poidas reflectir as túas ideas e os teus pensamentos.

Para que xuntos aprendamos o son das letras,os arrecendos do misterio, a maxia dos afectos, a cor das apertas, o infinito do coñecemento....


VISÍTANOS. Estamos aquí, moi perto de tí. O teu carón.

¡¡BENVIDOS A TOD@S¡¡
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-09-2013 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS NOBEL 2011
Nobel

PREMIOS NOBEL 2011

O anuncio dos Nobel en Medicina ou Fisioloxía, abre hoxe a ronda de gañadores destes prestixiosos galardons, creados polo magnate sueco Alfred Nobel e que dende 1901 premian o xenio intelectual.


Mañán e pasado, tocarlle o turno ó de Física e ó de Química e o venres coñecerase ó gañador ou gañadores do Nobel da Paz, o único que se entrega en Oslo, e non en Estocolmo, por orden expresa do propio Nobel (1833-1896), xa que Noruega estaba unida a Suecia naquela época.


O día 10 fallarase o premio de Economía, o único non establecido por Nobel no seu testamento, senon instituido medio século mais tarde polo Banco de Suecia, e dende 1969 otorgado pola Real Academia das Ciencias.


A Academia Sueca aínda non anunciou cando se coñecerá o gañador en Literatura, que sempre se entrega un xoves, polo que atendiendo á tradición recente, o mais probable é que sexa o día 6.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2011 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
BENVIDOS DE NOVO A TOD@S
SAÚDOS A TOD@S NESTA NOVAS ANDAINA DO CURSO ACADÉMICO 2011-2012¡¡¡¡¡

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-09-2011 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS LECTURAS RECOMENDADAS PARA BACHARELATO, CICLOS E NOCTURNO




Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2011 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS RECOMENDADAS
DENDE O DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA DO INSTITUTO, RECOMENDÁMOSVOS PARA ESTE VERÁN TRES LECTURAS MOI INTERESANTES:



Los enamoramientos é un libro que reflexiona sobre o estado do namoramento, considerado casi universalmente como algo positivo e redentor ás veces, tanto que parece xustificar tódalas cousas: as accions nobles e desinteresadas, pero tamén os maiores desmans e ruindades.


Todo es silencio é unha novela que relata cómo os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, no extraño duende da condición humana.



Tiempo entre costuras é unha novela de amor e espionaxe no exotismo colonial de África. Unha novela femenina que ten tódolos ingredientes do xénero: o crecemento persoal dunha muller cunha una historia de amor que lembra a Casablanca, e nos acerca á época colonial espa­ñola.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2011 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

O día mundial da poesía é un tributo á palabra poética proposto no ano 2001 pola Unesco.

En Europa chámase Primaveira dos Poetas, e en Colombia a Común Presenza dos Poetas.


Celébrase cada 21 de marzo (equinoccio de primaveira) có gallo de fortalecer a cultura no noso planeta, consagrar as palabra e as reflexións sobre o noso tempo.

TEÑO O CORAZÓN SENLLEIRO
Celso Emilio Ferreiro
Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía?

Ela fía i eu confío
no albor do novo día.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-03-2011 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
A F.P no I.E.S Johan Carballeira
Descubre toda a INFORMACIÓN que necesites sobre os CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL impartidos no IES J0HAN CARBALLEIRA de BUEU (Pontevedra): http://www.edu.xunta.es/centros/iesjohancarballeira/ IES Johan Carballeira


1)http://fpnojohancarballeira.blogspot.com/
F.P no IES Johan Carballeira





2)
http://orientador123.blogspot.com/ Orientador do IES Johan Carballeira

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2011 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
8 de Marzo: Día da MULLER TRABALLADORA


O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén coñecido como Día Internacional da Muller, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo.

Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países.

Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.
http://www.culturagalega.org/album/8demarzo.php
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2011 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
04 de Febreiro: DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO


Foi convocado pola Unión Internacional Contra o Cancro no Cumio Mundial contra o Cancro para o Novo Milenio, celebrado o 4 de febreiro de 2000.

Proponse que tódolos países organicen actividades para difundir información e compartir coñecementos sobre medidas preventivas e novas tecnoloxías.

As campañas contra o cancro, baixo o lema común de ?Meniños de hoxe, o mundo do mañá?, concretáronse no Día Mundial contra o Cancro 2007 no obxectivo de ?Previ-lo cancro agora?, centrándose as actividades dirixidas á prevención dos catro factores de risco que causan o maior número de casos de cancro:
O consumo de tabaco,as infeccións que poden producir cancro e unha sobreexposición ó sol.

O cancro, nas súas 200 formas diferentes, é a segunda causa de morte nos países desenvolvidos, e a terceira causa entre os países en vías de desenvolvemento. Estímase que causa un 12,5% das mortes, porcentaxe superior ó das mortes por SIDA, tuberculose e malaria xuntas. Tamén é a segunda causa de mortalidade infantil en idades comprendidas entre 1 e 14 anos.

Continuamente se están facendo progresos no diagnóstico, control e tratamento do cancro e pódese afirmar que un bo número de casos de cancro resultan curables se se diagnostican coa suficiente antelación. Aínda así, cada ano aumenta o número de casos.

No ano 2002, o cancro matou a 6,7 millóns de persoas en todo o mundo. No 2020 pode causa-la morte de 10,3 millóns de persoas.

Ademais dos avances no diagnóstico precoz, a loita contra o cancro ha de basearse en promover estilos de vida saudables: o 43% de tódolos casos de cancro poden previrse.
Estímase que o 43% das mortes por cancro se deben ó consumo de tabaco, a dietas inadecuadas ou a certas infeccións.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-02-2011 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
30 XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
O Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENIP) foi declarado por primeira vez en 1964, como unha iniciativa pioneira, non gubernamental e voluntaria, de Educación Non-violenta e Pacificadora.

O seu obxectivo é a educación na e para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respeto ós Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.

Neste día, as escolas e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.


A mensaxe básica deste día é: ?Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor có egoísmo, a Non-violencia é mellor cá violencia e a Paz é mellor cá guerra?.


Enlaces de interés sobre o tema:

. Día Escolar da Paz e a Non Violencia en: educacionenvalores.org
. Enrédate. Unicef
www.enredate.org/
· Sedupaz. Seminario de Educación para a Paz-APDH.
http://www.pangea.org/org/sedupaz/
· Seminario de Educación para a Paz das Comarcas de Tarragona
http://www.fut.es/ agr/bienve.htm
· Seminario Galego de Educación para a Paz
http://www.sgep.org

· Edualter. Iniciativa de coordinación e información sobre Educación para a Paz en Internet
http://www.pangea.org/edualter/
· CIP. Centro de Investigacións pola Paz. Madrid
http://www.fuhem.es/portal/areas/paz/index.asp
· AMNISTÍA INTERNACIONAL (AI)
http://www.es.amnesty.org/
· Escola cultura de Paz
http://escuelaculturadepaz.org/
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2011 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZAMOS DE NOVO NO 2011
BENVID@S A TOD@S
NESTE NOVO ANO 2011.

Animámosvos a tod@s a participar nas próximas actividades que se propoñan no Instituto, a través deste pequeno recuncho de información, que é o blog da biblioteca.
Unha aperta moi grande.

C O M E Z A M O S
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2011 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS
O pasado 30 de Decembro celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS.


Esta celebración ten a sua orixe no ano 1950. Neste año, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas invitou a tódolos Estados e organizacións interesadas a que o 10 de decembro celebraran o Día dos Dereitos Humanos (resolución 423 (V)).

Nese Día conmemórase a aprobación pola Asamblea Xeral da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948.

A ONU pretendía con esta Declaración Universal sentar as bases dun compromiso ético para obrigar a todolos Estados a cumplir e facer cumplir unha serie de normas.

Lembremos que despois da Segunda Guerra Mundial, nos inicios da Guerra Fría, cando todavía doían as feridas do nazismo e ante as situacions de inxustiza que se vivían nos cinco continentes, varios países sentiron a necesidade de unirse nunha organización supraestatal que garantizara o respeto e a dignidade das persoas, e que evitara a repetición de feitos tan lamentables como a vulneración da dignidade da persoa e o respeto ás súas peculiaridades étnicas, relixiosas ou sexuais.

Os Dereitos Humanos sostéñense sobre dous piares esenciais da humanidade: a liberdade e a plena igualdade entre todolos seres humanos. Condicions inherentes a todo ser humano sen ningún tipo de limitacións, sexan éstas: culturais, económicas, étnicas, sexuais, etc. O concepto de Dereitos Humanos fai referencia ó sentido da dignidade humana antes que a cualqueira formulación xurídica ou política.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-12-2010 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA
<b>CONCIÉNCIATE</b>
O 1 de Novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA SIDA.


En España, estímase que hai entre 120.000 e 150.000 persoas infectadas co VIH , entre as cales, unha cuarta parte descoñece que a padece.

Isto significa que máis de 35.000 persoas non se están beneficiando dos tratamentos existentes hoxe en día, e poderían transmitir o VIH ás súas parellas sexuais, sen sabelo.

Por iso , este ano o tema central do Día Mundial da Sida, está destinado á concienciación pública respecto da infección pola VIH, mediante promoción da PROBA DA VIH.

Para máis información visita o informe da VIH SIDA 2010 en Galicia:>

INFORME 2010
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-12-2010 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
25 NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de Novembro foi declarado o día Internacional contra a Violencia hacia a muller, no 1º Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en Xulio de 1981.

Neste encontro, as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados, incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.

Elixiuse o 25 de Novembro para conmemorar o violento asesinato das hermanas Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asesinadas o 25 de Novembro de 1960, nas máns da policía secreta do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana.

Os seus cadáveres destrozados apareceron no fondo dun precipio. Para o movemento popular e feminista da República Dominicana, históricamente, estas mulleres simbolizan a loita e a resistencia.


Escoita algunhas rimas contra a violencia de xénero (Hip-Hop/R&B/Reggae) no seguinte enlace:
Rimas



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2010 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
A ESTÉTICA DO SAN MAÍN
As vosas compañeiras do Ciclo Medio de Estética amósannos unha representativa colección de maquillaxes que poderás empregar para disfrutar neste mes de Novembro, do San Maín.

Asemade,ó carón desta exposición, diversos alumn@s da ESO disfrazaron cabazas para que teñades unha idea de cómo decorar nestas datas, o voso ambente favorito.

VISÍTANOS

Realmente...T E R R O R I F I C O




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2010 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
2010: ANO DO LIBRO E DA LECTURA DE GALICIA
Celebramos neste mes de Outubro o día das Bibliotecas Escolares.


Lembra a cantidade de recursos que podes atopar na nosa Biblioteca para integrar todos os saberes que aprenderás ó longo do curso.

Para máis información visita a páxina que a Consellería de Educación pon a túa disposición:


BIBLIOTECAS ESCOLARES:
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
BIBLIOCARBALLEIRA: Unha Biblioteca Máxica
"Un libro

ABERTO, é un cerebro que FALA.

PECHADO, un amigo que ESPERA.

ESQUECIDO, una alma que PERDOA.

DESTRUÍDO, un corazón que CHORA."

Algún destes LIBROS estate agardando...

E N T R A
na
B I B L I O
C A R B A L L E I R A
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2010 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
BENVID@S Á MAXIA DA LECTURA...MERGÚLLATE NA NO REINO DA BIBLIOTECA ...Agóchanse moitos segredos disfrazados de palabras
¿Cantos misterios darás resolto ti só?Moitas SORPRESAS nos agardan este ano nos anaqueles da Biblioteca do Instituto:

Unhas veñen recheas de doces ou amargas historias que relatan o que acontece, na vida de cada un de nos, só cambeándonos o nome.

Outras pelexan constantemente con seres máxicos de mundos de fantasía inexistentes, na procura de princesas,batallas,honores e gloria.

Moitas constrúense de números tecnolóxicos que só nos plantexan problemas ca nosa razón , ata que facemos un pequeno descanso para deleitarnos co sentimento doutras músicas poéticas no longo do tempo...

¿AS PERDER A OPORTUNIDADE de DESCUBRILO?

Ábrelle a porta os teus sentidos

Bota a cabeza neste pequeno recuncho e DISFRUTA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-09-2010 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
DíA DOS NAMORADOS E NAMORADAS
Que ben nos declaramos ese día tan especial..., utilizando os poemas de Raúl Gómez Pato !!!









Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2010 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Informe sobre hábitos de lectura
O Informe da Federación de Gremios de Editores de España destaca que:


Os lectores frecuentes, entre a poboación maior de 14 anos son o 41,3% (len todos ou case todos os días, ou unha ou dúas veces por semana).

Os lectores frecuentes, entre 10 e 13 anos, son o 77,1%

O 55% da poboación maior de 14 anos

declárase lectora (lectores frecuentes + lectores ocasionais, que len un libro ao mes ou ao trimestre)

Entre os rapaces e rapazas de 10/13 anos, a porcentaxe de lectores, sumando frecuentes e ocasionais, sube ao 91,2%

O 78,4% dos nenos lectores asegura que seus pais lles len na casa, e o 88% que lles mercaron ou agasallaron con libros no último ano.

O 97,2% dos nenos lectores afirmar que os seus profesores os animan a ler, e o 93,2% asegura que nos seus colexios se realizan actividades arredor da lectura e o libro, participando nelas o 94,1%.

Galicia sube 2,3 puntos con respecto ao ano 2008, na porcentaxe de poboación lectora (+ 14 anos), quedando no 54,9%, sendo o 39, 9% os lectores frecuentes.

En Galicia, o 45,1% dos maiores de 14 anos non le.

A lectura en galego representa o 0,5% do total. En Galicia, o 7,4% dos lectores le en galego de forma cotiá.

Para saber máis, visitade o informe sobre hábitos lectores.

Collede un libro neste entroido,...!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2010 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO
Eladio Rodríguez González cóntanos que: O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos .

Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos)
.

Para saber máis premede nesta ligazón entroido.

Pasádeo moi ben!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2010 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Para os namorados e namoradas
Que romanticismo cos versos de Raúl Gómez Pato!


Quérote como meu bisavó
levaba a boina,
altamente
e sempre na cabeza.



Quérote como as chourizas
ben feitas,
docemente
pero cun aquel de picante.



Quérote como a miña avoa
facía as filloas,
fariñosamente
e co sangue da derrota.



Quérote como o gato que durmía
a carón da lareira,
despistadamente
pero cun ollo no rato.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2010 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
leer.es
O Ministerio de Educación vén de presentar o centro virtual para a lectura e as persoas lectoras, LEER.ES , creado en colaboración coas Comunidades Autónomas, a Real Academia de la Lengua Española e o Instituto Cervantes.. Aquí, os rapaces e rapazas podedes atopar estímulos diferentes para a vosa formación como lectores de todo tipo de textos (icónicos, textuais, multimedia...) e para a produción e difusión das vosas propias creacións.

Visitade a páxina!Leer.es
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-02-2010 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Recuncho da Poesía
POEMAS SOBRE O MAGOSTO

"Castaños de Dormeá,
os do corpo ben comprido,
de graciosa estatura,
dobrados e ben seguidos:
¡ouh! Castaños somellantes
ós celtas nosos antigos;
a quen as edras demostran
amor, con abrazo amigo:
os arrebatados ventos
do mes bretumoso e frío
de Xaneiro, entre vós fungan
dando doentes suspiros:
e o musgo dos vosos gallos,
ermos e desgornecidos,
ó impulso das duras ráfagas
vai lonxe caer rompido"

Eduardo Pondal

..."¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
Sin bruxas nin demos;
Un maio sin segas,
Usuras nin preitos,
Sin quintas nin portas,
Nin foros, nin cregos."

Curros Enriquez
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2009 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
RECUNCHO DA POESÍA. O amor vence á morte:
Amor constante más allá de la muerte

Cerrar podrá mis ojos la postrera
sombra que me llevare el blanco día,
y podrá desatar esta alma mía
hora a su afán ansioso lisonjera:
mas no, de esotra parte, en la ribera,
dejará la memoria, en donde ardía:
nadar sabe mi llama la agua fría,
y perder el respeto a ley severa.
Alma a quien todo un dios prisión ha sido,
venas que humor a tanto fuego han dado,
medulas que han gloriosamente ardido,
su cuerpo dejará, no su cuidado;
serán ceniza, mas tendrá sentido;
polvo serán, mas polvo enamorado".


Quevedo


COLLE O POEMA E LÉVAO CONTIGO!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chega o día dos defuntos. O Samaínnnnnn!
En Vieros da escola http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html nos comentan: "Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Os antigos habitantes de Galicia para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes."



No seguinte enderezo http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13341 podedes atopar información moi interesante sobre: Os Lugares da Morte; Os días de defuntos; os preparativos; os velorios; as cabazas do Samaín; ademais, hai un reportaxe sobre as diferentes manifestacións da cultura de ultratumba.

Non volo perdades!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2009 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2009
Herta Müller ,unha escritora moi pouco coñecida en España, é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2009. O premio está dotado con 10 millóns de coronas suecas (980.000 euros) que se entregarán o 10 de decembro, aniversario da morte do seu fundador, Alfred Nobel.

Para a Academia Sueca, Herta Müller "coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, describe a paisaxe dos desposeídos".

Entrevistada pola axencia Dpa a víspera do anuncio sobre a posibilidade de ser a gañadora, comentou, "¿Que diría eu sobre o Premio Nobel? Que me alegro, está claro. Naturalmente que estaría tamén feliz. Pero non son unha estrela e non me gusta que me obliguen a estar no tapete. Sigo facendo meu traballo coma sempre, sen estridencias".

A escritora, que vive en Berlín desde 1987, naceu en Nytzkydorf (Rumanía) en 1953 nunha familia da minoría alemana nese país.

Así que , xa sabedes un pouquiño sobre esta escritora! Se queredes profundizar máis podedes visitar este enderezo na rede.Herta Müller
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2009 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO CURSO 2009/2010 NA BIBLIO

De novo estamos aquí, con máis e máis lecturas: literarias, lecturas poéticas, dramátizadas, en compañía, en silencio, en voz alta; lecturas de imaxe, e de todos tipossssssssss!

LecturaS con "S" maiúscula!!!. Celebramos o mes da biblioteca escolar, Octubro, en compañía de Miguelanxo Prado
. Este é o novo cartel para as bibliotecas.
Animádevos e lede!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-10-2009 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Guía de Lectura Verán 2009
Queridos lectores e lectoras despedímonos coa publicación dunha Guía de Lectura para que este verán disfrutedes lendo. Esperamos que sexa do voso agrado.

Na praia, no monte, no campo,... un libro sempre se agradece!



Felices vacacións!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-06-2009 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
25 de Maio: Día de África
Un mundo de enormes contrastes: o ritmo e alegría de vivir, a beleza conviven co sufrimento que provocan a pobreza, o VIH / SIDA, a inseguridade alimentaria,o subdesenvolvemento e os conflictos armados.

Cifras para pensar:

* O último informe do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento(PNUD) sinala que dos últimos 50 países co Índice de Desenvolvemento máis baixo, 40 son africanos.

* Cerca de 936 millóns de persoas viven en África, delas, 315 millóns o fan na pobreza a pesar das enormes riquezas do continente.

* 460 millóns teñen dificultades para alimentarse, 50 millóns pasan fame crónica.

* 300 millóns, na súa maioría habitantes de zonas rurais, non teñen acceso a auga potable, 313 millóns, carecen de servizos básicos de saneamento.

* Máis de 200.000 nenos e nenas son utilizados como soldados, escravos domésticos ou dedicados á prostitución.

* Máis de 78 millóns de nenos e nenas están sen escolarizar, a maior parte, son nenas.

* Na África subsahariana hai 28 millóns e medio de infectados polo VIH, dos que o 60 por cento son mulleres.

* Só en dous conflitos: Sudán - Darfur e República Democrática do Congo, producíronse dunha ou outra maneira, 7 millóns de víctimas.

E todo esto no chamado continente da esperanza dada a xuventude dos seus habitantes. Un continente con enormes riquezas naturais, cuxa historia, cultura, lendas e enormes posibilidades turísticas o convirten nunha fonte de recursos.

(Fonte: CICR/Manos Unidas)










Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2009 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Olladas sobre Ramón Piñeiro
Un neno explica fragmentos da vida de Ramón Piñeiro, mirade o vídeo:

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-05-2009 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida a Mario Benedetti
O domingo 17 finou aos 88 anos de idade o escritor uruguaio Mario Benedetti. Autor de máis de oitenta libros de poesía, novelas, contos e ensaios, así como de guións de cine.

Premede na seguinte ligazón para ler fermosos poemas:
http://www.sololiteratura.com/ben/obraenverso.html

O autor foi galardoado co Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (1999), o Premio Iberoamericano José Martí (2001) e o Premio Internacional Menéndez Pelayo (2005), entre outros.

Podedes percorrer con Benedetti fragmentos da súas vida neste vídeo:



MARIO BENEDETTI: PALABRAS VERDADERAS


Un poema de Benedetti sobre a morte:

EMBARAZOSO PANEGÍRICO DE LA MUERTE
(1991)

La periodista me preguntó
si yo creía en el más allá
y le dije que no
entonces me preguntó
si eso no me angustiaba
y le dije que sí

pero también es cierto
que a veces la vida
provoca más angustias
que la muerte

porque las vejaciones
o simplemente los caprichos
nos van colocando en compartimentos
estancos

nos separan los odios
las discriminaciones
las cuentas bancarias
el color de la piel
la afirmación o el rechazo
de dios

en cambio la muerte
no hace distingos
nos mete a todos en un mismo saco

ricos y pobres
súbditos y reyes
miserables y poderosos
indios y caras pálidas
ibéricos y sudacas
feligreses y agnósticos

reconozcamos que la muerte hace siempre
una justa distribución de la nada
sin plusvalías ni ofertas ni demandas
igualitaria y ecuánime
atiende a cada gusanito
según sus necesidades

neutra y equitativa
acoge con igual disposición y celo
a los cadáveres suntuosos de extrema derecha
que a los interfectos de extrema necesidad

la muerte es ecléctica pluralista social
distributiva insobornable

y lo seguirá siendo
a menos que a alguien
se le ocurra
privatizarla

Outros poemas en:


Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2009 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Proposta da AGE
Que vós parece que a AGE (Asociación Galega de Editores) propoña un cambio no modelo de gratuidade dos libros de texto?; A AGE contempla un modelo de gratuidade con axudas directas, que os libros sexan propiedade dos alumnos e alumnas e que se teña en conta a renda das familias así como ?a edición de materiais educativos en lingua galega, moi escasos? . Entre os motivos expostos está o feito de que o 24% dos docentes no estudo sinalan ?a deterioración e empobrecemento dos materiais educativos?.

Ánimo, opinade!


Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-05-2009 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
22 de Abril: Día da Terra
Hoxe é o día do noso planeta; a celebración iniciouse nos Estados Unidos en 1970. A festividade foi creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación ó que os humanos o estabamos sometendo.

Premede neste enlace para ler as últimas novas sobre esta homenaxe ao planeta azul: http://news.google.es/news?hl=es&q=D%C3%ADa%20de%20la%20Tierra&um=1&ie=UTF-8&sa=N&tab=wn

Non pensades que o Día da Terra debería celebrarse os 365 días do ano?

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2009 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares
Os días 16 e 17 de abril, en Santiago de Compostela (Escola Galega de Administración Püblica, EGAP), tiveron lugar os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2008/2009, nos que nos reunimos integrantes dos equipos de biblioteca dos centros incluídos neste programa da Consellería de Educación no actual curso 2008/2009.

Estes encontros serviron para a reflexión conxunta e o intercambio de experiencias e materiais sobre os aspectos básicos relacionados coa xestión, dinamización das bibliotecas escolares.

Nos empapamos das achegas de expertos como Glòria Durban, Ana Bernal, Felipe Zayas, Concha Costas, César Iglesias, Encarnación López Chicano, Juana Vázquez ou Emilio Pascual, para avanzar na nosa formación, e mellorar a calidade do ensino.

En fin, lectoras e lectores, a seguir loitando pola nosa biblioteca!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-04-2009 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
21 de marzo: Día Mundial da Poesía
Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración foi impulsada pola UNESCO no ano 2000 co obxetivo de recoñecer as actividades poéticas que se realizan nos diferentes países e promover a poesía como unha forma de cultura esencial.

Animádevos e publicade os vosos poemas!


Podemos preguntarnos, que é a poesía; algúns poetas responderon a esta cuestión; poñamos como exemplo as seguintes respostas:

"La poesía, principio y fin de todo, es indefinible. Si se pudiera definir, su definidor sería el dueño de su secreto, el dueño de ella. Y el secreto de la poesía no lo ha sabido, no lo sabe, no lo sabrá nunca nadie(?)"

Juan Ramón Jiménez


Rimas de Gustavo Adolfo Bécquer:

?¿Qué es poesía??, dices mientras clavas

En mi pupila tu pupila azul.

?¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?

Poesía? eres tú?


Fixádevos no poema de Pablo Neruda:


LA POESÍA

Y fue a esa edad... Llegó la poesía
a buscarme. No sé, no sé de dónde
salió, de invierno o río.
No sé cómo ni cuándo,
no, no eran voces, no eran
palabras, ni silencio,
pero desde una calle me llamaba,
desde las ramas de la noche,
de pronto entre los otros,
entre fuegos violentos
o regresando solo,
allí estaba sin rostro
y me tocaba.

Yo no sabía qué decir, mi boca
no sabía
nombrar,
mis ojos eran ciegos,
y algo golpeaba en mi alma,
fiebre o alas perdidas,
y me fui haciendo solo,
descifrando
aquella quemadura,
y escribí la primera línea vaga,
vaga, sin cuerpo, pura
tontería,
pura sabiduría
del que no sabe nada,
y vi de pronto
el cielo
desgranado
y abierto,
planetas,
plantaciones palpitantes,
la sombra perforada,
acribillada
por flechas, fuego y flores,
la noche arrolladora, el universo.

Y yo, mínimo ser,
ebrio del gran vacío
constelado,
a semejanza, a imagen
del misterio,
me sentí parte pura
del abismo,
rodé con las estrellas,
mi corazón se desató en el viento.


Pablo Neruda



Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-03-2009 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de entroido
O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo. Coincide co período inmediatamente anterior á Coresma (tempo de xaxún de 40 días anteriores á Pascua, conforme o calendario cristián).

O Entroido celébrase en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son moi coñecidos os entroidos de l Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa,Redondela e como non os de Bueu, Hío...





A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. Na zona norte de Galiza emprégase antroido, como no antroido ribadense, mentres que no sur é máis frecuente entroido. A palabra aparece citada desde o século XIII. O entroido coñécese tamén como carnaval, que tamén é un termo galego.
A palabra vén do italiano carnevale, que ten como orixe segundo a maioría dos etimoloxistas modernos o latín vulgar carne-levare, que significaba "abandonar a carne" (o cal xustamente era a prescrición obrigatoria para todo o pobo durante todos os venres da Coresma). Noutras zonas, como en Cataluña ou España as denominacións populares de carnestoltes ou carnestolendas, respectivamente, parecen indicar que esta é a opción etimolóxica máis sensata (do latín tolere, retirar).

Posteriormente xurdiu outra etimoloxía manexada no ámbito popular: a palabra italiana carnevale significaría que durante a época do carnaval a "carne vale", ou sexa que se pode comer.

Pasádeo moi ben!!!
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2009 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Landroteca

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0