Pro-postas


Balabolka. Reproduce con voz os textos escritos

Categorías: Lectura - son - texto a voz

Fai xa algún tempo que vos fixen unha aportación sobre un software que podía transformar un texto escrito en voz, e ademais sobre web... "VozMe"; pois ben, hoxe fágovos outra proposta interesante:

"Balabolka" é un programa (libre) que se instala no equipo (sobre windows) e permite básicamente facer o mesmo, pero con máis opcións de entoación e de velocidade de lectura. Permítenos ao igual que "VozMe" gardar a lectura en arquivo de son (wav, mp3, etc), pero o máis interesante e o que o diferencia de outros é que permite abrir dende o propio entorno do programa calquera arquivo nos formatos máis coñecidos (Oppen Office, word, pdf, etc), e os le directamente.

Tristemente hai que utilizar voces en inglés ou castelán, pero esta última non o fai tan mal, ou dito doutro xeito, non o fai peor que o castelán, salvo algúns sons... pero tendo en conta que é unha máquina pois que lle podemos pedir, non?.

Creo que pode ser útil en moitas aulas para o traballo autónomo coa aprendizaxe de linguas ou da propia lecto-escrita, ou para outras actividades creativas ou de axuda a discapacidades visuais.

Enderezo de descarga: http://www.cross-plus-a.com/balabolka_es.htm.

Para que o programa funcione teremos que ter instaladas as voces en castelán. Podes facelo dende o seguinte enlace (descargas un arquivo comprimido con varios executables, unha vez executados todos instala o Balabolka e xa te aparecen as voces en castelán, masculina e femenina para escoller).

Dende o mesmo enderezo da descarga tedes a opción de baixar a versión "portable". A única dificultade é que non funcionará nos equipos onde non teñamos instaladas as voces.

Agradecementos: A Miguel Barca, por presentarmo.


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 02-02-2010 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
CDlibre. Un espazo para buscar aplicacións libres
Categorías: espazo web - software libre

Se fai un mes facía unha proposta dun espazo no que se podía atopar un "kit" de aplicacións libres para windows, nesta ocasión o espazo que descubrín é realmente un catálogo, no que podemos buscar e logo baixar programas libres, de xeito individual. Ademais podemos suscribirnos ao boletín semanal para estar ao tanto de todas as novidades, e incluso descargar imaxes de CD/DVD con recopilacións de programas.

Todo un luxo. Non podemos esquencer este enlace dos nosos favoritos.

Enderezo: http://www.cdlibre.org



Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 14-01-2010 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
DriverMax. Copias de seguridade dos controladores.
Categorías: utilidade - backup - drivers

Un dos grandes problemas de reinstalar un sistema operativo é ter todos os controladores (drivers) do equipo localizados para a súa recuperación. E sobre todo cando temos que facer o mesmo en varios equipos, cousa moi habitual nos centros educativos.

Pois ben, hoxe vos fago unha pro-posta moi interesante. Trátase do programa "DriverMax".
Instálase no equipo, facemos unha copia de seguridade dos drivers directamente a unha unidade externa calquera, e logo, unha vez formateado o disco e instalado de novo o sistema operativo, volvemos a instalar o programa para que nos recupere todo da copia de seguridade.

Nota: A copia de seguridade faise en cousa de dous ou tres minutos, a recuperación é algo máis lenta pero compensa pois deixamos o equipo traballando e nos esquencemos dos problemas que implica non atopar os drivers de algún compoñente.

Enderezo para baixar o programa:
http://small.drivermax.com/soft/dmx/drivermax.exe


Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 30-12-2009 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chirlo Merlo: Recursos para a aprendizaxe da lectura e a escritura en galego

Categorías: recursos -lectura - escritura - ensino

Fai moito tempo que non tiña novas da xente que creou o método de lectura e escritura, en galego, "Chirlo Merlo". Grazas a este invento de internet puxéronse en contacto conmigo e así descubrín que tamén teñen un blog na rede. Deixovos o seu enderezo, pois como ben din eles non é doado atopar este tipo de materiais no noso País.

Enderezo: http://chirlomerlo.blogspot.com


Autores:
Alicia López Pardo
Miguel Rodríguez Carnota
Xoán Manuel Andrade Vidal


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 24-12-2009 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Caperucita 2.0

Xa que se achega o Nadal e temos máis tempo para o lecer, propóñovos un conto que me parece moi inxenioso e divertido, nin máis nin menos que "Caperucita 2.0", unha historia case real no tantas veces liado mundo das TIC.

Pode dar xogo para ler na aula, non?.

Autor: Juanjo Muñoz Lorencio. Profesor de Filosofía.
Blog do autor: http://elblogdejuanjo.wordpress.com/
fotografía: Del Flickr de guatman, bajo licencia Creative Commons

Grazas a Xoanca por pasarme o enlace.

Enderezo: http://elblogdejuanjo.wordpress.com/2009/10/23/caperucita-2-0/





Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 10-12-2009 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Kit de aplicacións libres para windows
No espazo que vos propoñemos hoxe temos unha ampla selección de aplicacións libres, e gratuítas, para poder cargar no equipo de traballo ou para propoñerlle aos nosos alumnos e alumnas. Dende aplicacións de navegación pola rede ata paquetes ofimáticos, de mantenemento e incluso algo de diversión.

É unha boa referencia para non perderse pola rede, sobre todo para equipar os ordenadores novos.

Grazas a José Antonio Rama por enviarme a referencia deste espazo.


Enderezo: http://download.cnet.com/8001/2701-19409_4-2-1.html?tag=nl.e415



Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 09-12-2009 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Retoque fotográfico en web


Categorías: tratamento básico da fotografía dende internet

En algún centro andan mirando por unha aplicación sinxela que permita o tratamento máis elemental da imaxe. Pois ben, "Picnik" é unha aplicación en web que reune esas cualidades ademais de ser bastante rápida e de ofrecer algúns recursos realmente atractivos para os rapaces e as rapazas.

Non é preciso rexistrarse aínda que o permite (no caso de non facelo temos que gardar os cambios no equipo pois unha vez que saiamos da páxina perderemos o traballo. Estando rexistrados podemos almacenar na web e recuperar noutro momento).

Enderezo: http://www.picnik.com/


Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 22-10-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
iTALC. Manual de utilización
Completando a información da anterior pro-posta deixovos un enderezo para baixar en formato "pdf" o manual de utilización do programa de control de aula informatizada "iTALC" (en castelán).

Non inclue a fase de instalación polo que teredes que utilizar a wiki que xa vos comentei anteriormente.

Enderezo: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/cga/spip.php?article133

Pro-posta feita por: Domingos García V.


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 06-10-2009 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [17]

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0