Pro-postas


Wordle. Para crear nubes de palabras

Categoría: linguas - utilidade didáctica - observación

Como primeira pro-posta do curso que estamos a comezar preséntovos unha utilidade na rede que podemos traballar cos nosos alumnos e alumnas para facer observacións e análises rápidos de textos.

No espazo web podemos introducir un enderezo (dun blog ou dunha páxina web, pero poñendo a referencia RSS) ou copiar/escribir directamente un texto. O que fai a utilidade en cuestión é sacar unha nube coas palabras máis utilizadas, destacando co tamaño (de maior a menor) as que figuran máis veces. Logo podemos eliminar aquelas que non teñan valor para a observación (se é o caso), e por último gardar a nube como imaxe para imprimir, colgar nun espazo web ou distribuir por correo electrónico.

A imaxe que ilustra esta pro-posta é precisamente a nube que creou a partir deste mesmo blog.

Enderezo: http://www.wordle.net/



Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 13-09-2010 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
As infografías como recurso didáctico
Categorías: artigos - recursos

Preséntovos un interesantísimo artigo sobre a utilización das infografías nas aulas.
O máis destacable, ademais da proposta e análise didáctico, é a ampla información sobre como conseguir infografías en internet e onde atopar ferramentas para crealas.
Non o perdades.

E xa postos/as mirade outros artigos da autora, Rosana Larraz



Enderezo artigo: http://www.cuadernointercultural.com/infografias-recurso-didactico/


Fonte: "Educacontic" (a través do Twitter)




Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 20-07-2010 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Recopilación de recursos educativos en web
Categorías: recursos web - ensino

"Cuaderno Intercultural" é un espazo web que nos ofrece recursos para a interculturalidade e a educación intercultural.

Pois ben, nunha das súas seccións proponnos unha recopilación de máis de 150 xeradores de recursos didácticos sen ter que instalar nada nos nosos equipos, é dicir, todo o traballo realízase sobre a web. E por suposto gratis.

Xeradores de publicacións dixitais, cadernos, presentacións, encrucillados, sopas de letras, mapas conceptuais, vídeos, carteis, cómics, e moito, moito máis.

Sen dúbida unha páxina para ter sempre disposta nos nosos marcadores favoritos.

Enderezo:http://www.cuadernointercultural.com/tic-tools/generadores-online/


Fonte: Miguel Barca.


Categoría: 7- Recursos - Publicado o 09-06-2010 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Sumo Paint: editor de imaxes en liña.
Categorías: edición imaxe - imaxe fixa - retoque fotográfico.

Hoxe presentámosvos unha aplicación que funciona sobre tecnoloxía flash, e que resulta ser un bo editor de imaxes fixas, coa particularidade de funcionar na rede en liña sen ter que instalar nada no equipo. Evidentemente esixe ter unha conexión con internet.

O programa permite traballar coa maioría das opcións dos máis coñecidos como Adobe Photoshop ou Paint Show Pro, incluíndo o traballo con capas.

Pero ao mesmo tempo é moi intuitivo e pode ser utilizado incluso polos nenos e nenas para as súas creacións plásticas.

O único inconvinte é que os menús están en inglés.

Se vos rexistrades na páxina oficial de Sumo Paint permite gardar os traballos no seu propio servidor, pero tamén nos deixa gardar no ordenador.

Enderezo: http://www.sumopaint.com/home/?lang=7

Fonte: Carlos de Paz (dende o Twitter)



Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 22-04-2010 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Mapas conceptuais no ordenador
Categorías: aplicación - ensino - aprendizaxe

Unha das técnicas de estudo máis utilizadas en varias etapas educativas é a de crear mapas conceptuais.

Pois ben, no espazo web de XMind ofrécennos unha aplicación para crear este tipo de gráficos que nos permitirá expoñer e organizar as ideas de xeito que poidamos ser máis eficaces.

Este editor de mapas conceptuais é de uso libre.

Podedes descargalo de aquí:

http://www.xmind.net/downloads/

Agradecementos: A María Álvarez por pasarme a información e o boletín de AMEI (Asociación mundial de educadores infantís).


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 19-04-2010 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Letras Galegas: Uxío Novoneyra
Como xa é costume neste blog, cando se aproxima a data da celebración das Letras Galegas, deixamos unha serie de páxinas propostas con materiais para traballar nas aulas. Hai moitas, pero a miña escolma é esta:

- www.diadasletrasgalegas.com
- www.seminariogalan.org
- Real Academia Galega.


Ademais, os compañeiros e compañeiras do CPI dos Dices (Rois)e do CPI San Vicente (A Baña), veñen de presentar o novo traballo en vídeo para conmemorar o 17 de maio, adicado este ano a Uxío Novoneyra.

Como queira que a duración do vídeo excede os 10 minutos máximos que permite o espazo Youtube está disposto en dúas partes. Aquí vos quedan, para o voso disfrute e para pasarllo ao voso alumnado.








Grazas a Luís Gómez Aldegunde polo seu traballo e por pasarme os vídeos.

Canal de Youtube do CPI dos Dices.


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 19-04-2010 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Siteo.org actualiza a súa páxina.

Categorías: ensino - espazo web - recursos

É unha boa nova: o espazo Siteo.org ven de estrear unha nova versión da súa páxina web. Implementada coa última versión de Drupal intentará ofertar ao profesorado novas e recursos relacionados coas TIC e o ensino.

Destaca a sección de recursos, onde poderedes atopar numerosas referencias de espazos web, clasificados por niveis e/ou materias.

Detrás desta páxina está un grupo de profesionais entusiastas das TIC e do ensino do que me sinto honrado de participar.

Contacto: siteo@siteo.org
Agradecementos: A Xosé Luís, que o currou ben.



Categoría: 4- Novas - Publicado o 25-03-2010 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Edmodo. Un espazo para aprender
Categorías: web 2.0 - E-learning - comunicación

O espazo que vos presentamos hoxe ten algo de Moodle (aula virtual), twitter e facebook, pero coas súas propias características.

Realmente é un espazo de comunicación moi útil para o ensino, destacando a súa capacidade de privacidade, de xeito que só poderán entrar nos grupos creados polo/a profesor/a aquel alumnado que coñeza o nome do grupo e o contrasinal. O profesor ou profesora pode crear os grupos que lle parezan oportunos para traballar, controlando todo dende o mesmo espazo.

As cualidades máis destacables son:
· Mensaxería instantánea.
· Control de privacidade.
· Tarefas e calificacións.
· Publicación de arquivos.
· Enlaces a páxinas e arquivos multimedia da rede.
· Notificacións (posibilidade de SMS)
· Suscrición a RSS
· Enquisas

A versión actual está en inglés e castelán, pero non se descarta a aparición noutras linguas, incluíndo o galego.

Rexístrate como profe e proba o seu funcionamento, verás como é o suficientemente simple pero ao mesmo tempo útil.

Enderezo: Edmodo

Fonte: Xoanca


Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 25-03-2010 19:20
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0