Pro-postas


Exploradores sonoros. Aventura e son para os pequenos
Categorías: música - web 2.0 - son

Espazo web2.0 que permite que os/as pequenos (ed.infantil e primeiro ciclo de primaria) poidan traballar o oído e educalo para diferenciar os sons da vida cotiá e tamén os instrumentos musicais.

Ao estar integrado na web non precisamos instalar nada, só dependemos da conexión a internet.

Enderezo: http://www.conaculta.gob.mx/multimedia/Exploradores/index2.html






Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 04-07-2011 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Wiki de contidos na rede en galego para secundaria.
Categorías: secundaria - wiki - traballo colaborativo



Espazo para recopilar referencias útiles para todo o profesorado de secundaria. Está construído como wiki para favorecer a colaboración de quen queira.

As áreas e materias están organizadas por etiquetas, facilitando a búsqueda dentro do propio espazo.

Enderezo: http://cursocontidos.wikidot.com/










Categoría: 7- Recursos - Publicado o 04-07-2011 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Pixlr: editor de imaxes fixas en liña.
Categorías: imaxe fixa - edición - retoque fotográfico

Hai cousa dun mes vos presentei un programa de tratamento de imaxe "en liña" denominado Sumo Paint. Ata o de agora era o meu favorito para traballar no retoque fotográfico e na elaboración de composicións de imaxe cando non podía traballar en modo local no meu equipo. Pero o meu colega e amigo Xoanca ensinoume este que vos quero presentar hoxe e que realmente, logo de probalo, paréceme mellor.
Chámase Pixlr, e ten a ventaxa de poder poñer os menús e ferramentas en castelán ou portugués (indo ao menú "language" e escollendo o que prefiramos), é algo máis intuitivo e algo máis áxil no traballo.
En todo caso probádeo e xa me diredes.

Enderezo: http://pixlr.com/editor/


Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 25-04-2011 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
AudioPal: reproductor de mensaxes sonoras
Reproductor:













Preme no botón do reproductor para escoitar a mensaxe.


Enderezo: http://www.audiopal.com/

Imaxe do editor de texto:





Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 25-04-2011 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Netvibes: escritorios virtuais
Categorías: web2.0 - escritorio - compartir

A verdade é que esta ferramenta é unha das máis útiles para a organización de recursos da web, que nos permite o traballo con códigos "embed" para poder presentarlle aos nosos compañeiros e compañeiras, ou ao noso alumnado, diferentes propostas baseadas na web 2.0.

Permite organizar a web en pestanas, que á súa vez poden integrar diferentes contidos.

Cada quen pode ter os escritorios virtuais privados que queira, pero ademais permite ter un público, de xeito que neste podemos compartir todo o material que nos pareza.

O ideal para coñecer a ferramenta é mirar distintos escritorios que nos ofrece a xeito de exemplo, para logo crear os nosos propios.

Evidentemente é necesario o rexistro.

Enderezo: http://www.netvibes.com/es
O meu escritorio público: http://www.netvibes.com/mourelos


Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 25-04-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Mapas mudos de todo o mundo con d-maps
Categorías: sociais - ensino - gráficos

No espazo desta pro-posta podemos atopar mapas mudos de todo o mundo, tanto físicos como políticos.

Para atopar o de Galicia teremos que seleccionar Europa e logo España. Na carpeta desta atoparemos os mapas de todas as CCAA.

Para exportar o mapa escollido ofrécenos varias posibilidades de formato: pdf, gif, cdr, svg, ai e wmf.

Unha páxina imprescindible nos favoritos de calquera titor/a de primaria ou do profesorado de secundaria de ciencias sociais.

Enderezo:http://d-maps.com/

Fonte: Xoanca. No curso de "elaboración de materiais para as ciencias sociais" (CFR de Santiago)


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 25-04-2011 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Voki, outra proposta de video-animación a partir de texto
Categorías: animación - texto_voz




Enderezo: http://www.voki.com
Fonte: Xoanca



Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 21-03-2011 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Vídeos de animación dende web con Xtranormal
Categorías: vídeo, animación



Enderezo do vídeo:http://www.youtube.com/watch?v=erD5kQcJ1Z0

Enderezo da aplicación web: http://www.xtranormal.com


Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 17-03-2011 23:32
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0