Pro-postas


Agora rede
Categorías: Espazo Colaborativo - Ensino - Web 2.0

Outro espazo interesante para o profesorado... na súa presentación dí:

Rede aberta a todo o profesorado que aposte pola cultura do intercambio para a innovación e a mellora da práctica docente, polo traballo colaborativo coas TIC e polo labor de difusión de experiencias, materiais, ferramentas e recursos didácticos.

http://agorarede.ning.com/


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 24-02-2008 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
EDIGA

Categorías: Ensino - Formación - TIC

Queredes estar ó día e coñecer un espazo fundamental sobre o encerado dixital interactivo... e galego. Pois pasádevos por aquí:

http://www.ediga.net





Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 24-02-2008 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Blog sobre TIC e educación
Categorías: NNTT - formación profesorado

Interesante blog sobre novas tecnoloxías e profesorado. A autora é unha profesora de "Nuevas tecnologías aplicadas a la educación" da USC, Adriana Gewerc Barujel.

http://novastecnoloxias.blogia.com/





Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 22-02-2008 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Recursos educativos en galego
Categorías: ensino - recursos en galego

No espazo SITEO.ORG temos información e algúns recursos relacionados cos programas de autor JClic, Ardora e Lim.

Todos eles serven para crear actividades de traballo na aula co ordenador, fundamentalmente nas etapas de educación infantil e primaria, aínda que en moitos casos tamén se poden elaborar proxectos para ESO e incluso bacherelato.

Tamén tedes enlaces ás páxinas orixinais das aplicacións.

No enderezo http://www.siteo.org/recursos podedes atopar multitude de enderezos para baixar imaxes e sons libres para o uso con estas aplicacións e algunhas ferramentas gratuítas de imaxe e son.


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 20-02-2008 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Notificador de correo, gratis e en galego
Categoría: utilidades - aplicacións en galego

"Magic Mail Monitor" é unha aplicación gratuíta para controlar o correo electrónico cando temos que manexar máis dunha conta. Permite configurar todas as caixas de correo que queramos en cada ventá do programa, pero ademais permite ter varias ventás funcionando ó mesmo tempo (por exemplo para usuarios/as diferentes que utilicen o mesmo equipo).

Cando chega unha nova mensaxe a calquera enderezo dos que teñamos configurados o programa nos avisa. Logo decidimos se o eliminamos directamente no servidor (mensaxes non desexadas ou sospeitosas de virus ou spam) ou se o baixamos co programa de correo que utilizamos para ese fin. Permite unha vista prévia das mensaxes pero en formato txt.

O programa orixinal está en inglés pero eu mesmo o teño traducido ó galego. Primeiro tes que baixalo do seguinte enderezo:

http://mmm3.sourceforge.net/

O programa ven dentro dun arquivo zip. Non ten instalación, simplemente descomprímeo na carpeta que prefiras e xa estará listo para funcionar. Logo para que funcione en galego baixa o seguinte arquivo:

galego.zip

Dentro do zip vai o arquivo "galego.dic", descomprímeo na mesma carpeta que o programa. Cando executes o notificador vai ó menú "ver" e na opción de idioma aparecerá o inglés e o galego.

Logo crea un novo elemento de notificación, crea todas as contas de correo que teñas, co nome de usuario, contrasinal e servidor pop3 de cada unha e listo.

Se tes algunha dúbida do funcionamento do programa podes escribirme ó seguinte enderezo benxa@inicia.es ou fai un comentario neste artigo.


Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 20-02-2008 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Xogos inofensivos
Categoría: lecer - ensino - xogos

Xa fai tempo que preparei unha páxina de xogos en flash, que viñan co programa "Easy flash" e que permitían a súa manipulación para personalizalos.

Indicados para todas as idades.

Os manuais de cada xogo están en galego. Pódese xogar na rede ou baixalos ó equipo para utilizalos de xeito local desconectados da Internet.

Vai a eles desde aquí.




Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 20-02-2008 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Video-xogos e educación
Categoría: vídeo-xogos - ensino



Se te interesa ou preocupa o tema dos video-xogos, na súa relación cos teus alumnos e alumnas ou dos teus propios fillos/as non deixes de ler este artigo.

Autores varios.









Enderezo:
http://ares.cnice.mec.es/informes/02/documentos/indice.htm


Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 17-02-2008 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
Pro-postas
Este espazo non é outra cousa que a posta en común das miñas propostas de recursos (utilidades, enderezos, opinións... e o que xurda)sobre as TIC no ensino e outras aficións relacionadas co mundo dixital. Digamos que son os "meus favoritos" organizados e expostos de xeito máis atractivo e aberto.

Empezo o traballo pouco a pouco, espero ir engrosando os contidos cada semana. Supoño que nunca estará rematado pero en todo caso que vos sexa de utilidade.


Categoría: 1- As miñas cousas - Publicado o 17-02-2008 20:38
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0