Pro-postas


Page Saver. Para capturar imaxes de páxinas web


Categorías: imaxe - web - utilidades

Page Saver é unha utilidade para resolver algúns inconvintes cando temos que capturar unha ou varias imaxes que sobrepasan o que se ve na pantalla dos nosos equipos.

Como ben sabedes dende o teclado podemos facer unha captura de pantalla, pero só afecta ao que o noso monitor é capaz de mostrar. Pero moitas veces a cantidade de espazo, imaxes e contidos que queremos capturar van máis alá.

Pois o tema está resolto con esta aplicación para Mozilla Firefox. Instalada no noso navegador permítenos decidir ata onde queremos capturar.

Garda en JPG ou PNG, e permítenos configurar a calidade da captura.

Enderezo: http://pearlcrescent.com/products/pagesaver/



Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 24-11-2012 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Video titoriais en liña con Screenr




Categorías: formación - titoriais - TIC

A ferramenta Sreenr, ademais de funcionar en liña, directamente dende a web, é rápida e moi intuitiva.
Non precisa rexistro se temos conta en Twitter, Gmail, Facebook e outras redes sociais, permitíndonos crear un espazo persoal para almacenar os nosos traballos.

Básicamente é unha ferramenta de gravación de vídeo e audio sobre tarefas desenvolvidas no ordenador para gardar como video titoriais e poder difundir, aos nosos alumnos e alumnas ou ao profesorado para comprender e aprender procesos concretos de traballo coas TIC.

O resultado pode ser enlazado ou insertado con código embed.

www.screenr.com



Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 04-11-2012 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
Webquest para traballar o día do libro


Acabo de localizar dúas propostas para traballar na aula (3º ciclo de primaria) o "día do libro", que se celebra o 23 de abril.

Aínda que non servan para todos os niveis poden dar ideas de tarefas a desenvolver.

Son dúas "miniquest". A primeira está en galego e a segunda en castelán.

En galego: http://www.edu.xunta.es/contidos/phpwebquest/miniquest/soporte_tabbed_m.php?id_actividad=86&id_pagina=1

En castelán: http://webquest.carm.es/majwq/wq/ver/21575



Categoría: 7- Recursos - Publicado o 19-04-2012 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
OpenStreetMaps. Alternativa práctica a GoogleMaps

Son moitos os exemplos de uso con GoogleMaps no ensino, e cada vez é máis común a súa utilización polo noso alumnado. Pero GoogleMaps presenta algunhas restriccións no seu uso: non permite descargar mapas enteiros, imprimilos, corrixir camiños ou toponimias, etc.

OpenStreetMap si oferta estes servizos. Trátase dunha inciciativa aberta, mantida por miles de persoas voluntarias. Ofrece mapas e datos xeográficos gratuítos a quen os precise. Merece a pena provalo.


Podemos exportar mapas en múltiples formatos ou crear enlaces que podemos insertar no noso espazo web.

Enderezo: http://www.openstreetmap.es/presentacion/

Fonte: Chema (a través de Google+)


Categoría: 7- Recursos - Publicado o 31-01-2012 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia: Os video-xogos como recurso para facer un mundo mellor
categorías: vídeo ensino charla videoxogo

Neste vídeo, Jane McGonigal, deseñadora de video-xogos, explica a súa experiencia e teoría de como os mesmos poden contribuir á educación, e polo tanto a mellorar o futuro deste mundo.












Categoría: 4- Novas - Publicado o 31-01-2012 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Debuxos e grafitis
Categorías: arte debuxo grafiti expresión

Hoxe vos presento un material moi interesante deste grandioso soporte que é a web 2.0.

Trátase dun espazo para crear debuxos e grafitis, sen rexistro nen condicións. Só hai que ser creativos e ter algo que comunicar.

Permite compartir o material creado nas redes sociais e gardalo como imaxe no propio equipo.

Simplemente nos ofrece un espazo en branco e as ferramentas para pintar.

Enderezo: http://doodle.ly/























Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 13-01-2012 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Máis sobre cómic
Categorías: cómic

Outro espazo, diferente do anterior, porque propón máis ferramentas e ao mesmo tempo é máis vistoso. Permite crear personaxes e cambiarlles a expresión. Tamén permite reutilizar fondos e viñetas dun cadro cara outro, e incluso incorporar imaxes propias.

Como dificultade: hai que rexistrarse, pero a ventaxa é que podemos utilizar un correo electrónico falso, o que nos permite rexistrar aos nosos alumnos sen ter un correo real.

Destacar a posibilidade de crear libros interactivos coas viñetas.

Enderezo: http://www.toondoo.com/

















Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 13-01-2012 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
Para facer cómic na web 2.0



Categoría: 1- As miñas cousas - Publicado o 18-11-2011 21:41
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0