Pro-postas


Conversor de presentacións a Flash
Categorías: utilidades / conversor-flash / imaxe

Esta utilidade que vos presento incorpórase ó programa de microsoft (con perdón) "Power Point" como unha barra de ferramentas e permite convertir as presentacións multimedia feitas con éste en arquivos swf de flash. Unha utilidade interesante pensando en que é o programa máis utilizado polo profesorado, polo menos ata o de agora.

É importante destacar que garda tamén o son e os enlaces que teñamos establecidos.

Así poderemos colgar os arquivos flash en calquera web, blog ou mesmo nos servidores da intranet do centro ou mesmo nun CDrom. Por suposto ocupan moito menos e teremos todo o material nun só arquivo.

Agradecementos: A Álvaro Pérez Vilariño que nos pasou a información do mesmo nunha actividade formativa.


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 05-09-2008 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
JALBUM: álbum de fotos para web
Categorías: fotografía, creación, web

Case que rematando as vacacións propóñovos unha aplicación moi útil para crear unha web de fotos dixitais en poucos minutos. Chámase "JAlbum", e aínda que a súa páxina está en inglés podémolo instalar tanto en castelán como en portugués (aínda non está en galego, mágoa). Pola súa funcionalidade serve para crear álbunes en CDrom, para visualizar no propio ordenador ou para colgar nunha páxina web. Ofrece multitude de formatos con distintos xeitos de mostrar as fotos, fondos, cores, etc. Tamén permite organizar as fotografías en carpetas.

Ademais ó crear o material en html quen controle un pouquiño poderá engadir detalles personalizados nas páxinas creadas nas distintas galerías.

Agradecemento: a Miguel Barca, que me pasou o programiña en cuestión.

Por certo, é totalmente gratuíto.

Baixar en: http://www.jalbum.net



Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 25-08-2008 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
Equipos virtuais con "Virtualbox"
Categorías: informática - sistemas

Con VirtualBox podemos ter os sistemas operativos que nos apeteza de xeito virtual pero funcionando sen apenas limitacións e con moitas vantaxes para o ensino, sobre todo para o mantemento das aulas de informática. Podemos eliminar esa máquina virtual cando exista un problema (virus por exemplo) e crear outra en pouco tempo, non temos problemas coas particións, podemos ensaiar instalacións e configuracións diferentes sen que afecte ó equipo e incluso se temos espazo e memoria poderíamos ter un sistema diferente para cada usuario. Inconveniente... que os recursos que utiliza son do equipo real polo que mentres traballamos coa máquina virtual non temos moitos recursos para traballar coa real, así que non é doado alternar entre ambos sistemas ó mesmo tempo; en todo caso vai a depender sempre da potencia do equipo.

Existen outras aplicacións semellantes pero en opinión de compañeiros que as teñen probado esta consume menos recursos e é moi intuitiva e fácil de usar. Aínda que a páxina da aplicación está en inglés o programa instálase en español. Hai que seleccionar o sistema operativo do equipo onde o vaiamos a instalar.


http://www.virtualbox.org/



Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 16-04-2008 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Gimpshop. Nova versión do Gimp en formato Photoshop
Categorías: imaxe - aplicación

Esta nova versión do popular GIMP (programa para o tratamento da imaxe fixa)permite utilizar o mesmo contexto que o Photoshop, polo que quen teña aprendido con este programa poderá aproveitar mellor os seu coñecementos. Para quen aínda non teña soltura con este tipo de aplicacións pode servirse dos manuais básicos que hai pola rede tando de gimp coma de photoshop, ou practicar con algunha das técnicas da páxina de Paulo Porta, que xa vos comentei nunha pro-posta anterior.

Ademais hai unha versión para cada sistema operativo: MAC, Linux, windows...

Inconvinte: só está en inglés, de momento.

http://www.gimpshop.com/spanish/


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 03-03-2008 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Edición de vídeo
Categorías: aplicación - vídeo dixital - imaxe

A marca "Pinnacle" ven de sacar unha versión gratuíta das súas aplicacións para a edición de vídeo dixital. Unha boa alternativa ó "Movie Maker" de Microsoft para traballar no ensino.

A única limitación é que só renderiza en mpeg e en avi, calquera outro formato é de pago, pero co convertidor "Super" pódese acadar o formato final desexado.

Esta aplicación somentes edita e renderiza, non se poden facer capturas, polo que teremos que ter algunha alternativa para este proceso.

Para conseguir o programa o enderezo é:
http://videospin.com/




Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 24-02-2008 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Convertidor de formatos de imaxe e son
Categoría: aplicación - imaxe-son - convertidor

O programa "Super" permite o cambio de formato entre arquivos de vídeo e de son... flash, mpeg, avi, ogg, mov, mp3, wav, wma, psp e un longo listado (para distintos modelos de teléfonos móbiles entre outros).

Como todo o que propoñemos neste blog é totalmente gratuíto.

Pódese baixar do enderezo:

http://www.erightsoft.com/SUPER.html

Ou tamén deste outro:

http://super.softonic.com/






Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 24-02-2008 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0