Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O CLUB DE LECTURA RELATA A SÚA EXPERIENCIA

Ola de novo! Xa deixaramos dito que pronto estariamos aquí de novo para contarvos, de primeira man, como nos foi coa primeira lectura que realizamos dentro do club do noso insti. O libro seleccionado, como xa sabedes, foi ?Tonecho de Rebordechao?.
En primeiro lugar, decidimos en cantas partes dividiriamos o libro para ir lendo sen presa, para despois reunirnos todo o grupo e comentar distintas cousas da lectura feita ata ese día.
O libro, en xeral, gustounos a todas. A quen máis, foi a Iolanda, que lle pareceu que era moi real e moi bonito. A quen menos foi a Kris, xa que lle pareceu todo demasiado ?bonito?. Ela preferiríao con máis intriga, con máis terror!!!
As reunións faciámolas na biblioteca, durante a hora de titoría e pasámolo moi ben. Todas comentabamos algo do libro: os personaxes, as opinións de cada unha ? O personaxe que menos nos gustou en xeral foi Remixio, xa que era moi egoísta. O que máis foi o propio Tonecho, o protagonista, pola súa bondade.
Sentímonos identificadas coa historia, xa que a aldea, os costumes e os personaxes eran máis ou menos iguais ao ambiente no que nós vivimos.
Supoñemos que non tardaredes en volver a saber de nós. Agora intentaremos poñernos en contacto co autor do libro para intercambiar opinións con el, e despois comezar de novo co segundo libro. Agora toca un de misterio, como lle gustan a Kris!
Comentarios (2) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 19-04-2009 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Parabéns por esas lecturas.
A biblioteca Ollos Grandes deixa por aqui un presente para#blgtk08# esta biblio amiga:
http://bibliolhosgrandes.blogspot.com/2009/04/blogue-maneiro.html
Comentario por Maria (23-04-2009 19:18)
2 ppppppppp#blgtk08#pppppppp
Comentario por 99999 (29-04-2009 19:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0