Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONCURSO DE POESÍA E RELATO BREVE
Poderán participar todo o alumnado matriculado no IES DE BECERREÁ durante o curso 2013/2014
Establécense dúas modalidades: Relato e Poesía
O tema será libre. Valorarase especialmente calquera referencia sobre a figura de Rosalía de Castro ou da súa obra literaria
Cada participante poderá concursar con máis dunha obra se así o desexa.
Establécense dúas categorías de participación:
NIVEL A) 1º-2º-3º ESO. A ESCOLLER ENTRE RELATO OU POESÍA
NIVEL B) 4º ESO- 1ºBAC-2ºBAC. A ESCOLLER ENTRE RELATO OU POESÍA
Os traballos deberán ser inéditos e orixinais. Calquera plaxio ou sospeita de plaxio acreditada, invalida a obra presentada


Presentación:
1) En Lingua Galega e preferentemente a ordenador.
2) Os traballos estarán asinados con pseudónimo ou lema. Presentaranse dentro dun sobre pechado, no que tamén debe incluírse un sobre cunha folla de datos do autor ou autora así como o nivel ao que pertence.
3) A entrega das obras realizarase na biblioteca durante o tempo de lecer de recreo. A biblioteca conta con material necesario para facilitar aos autores/as a presentación dos seus traballos.
4) DATA LÍMITE PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS: 19 FEBREIRO
5) O fallo do xurado será inapelable e poderá declarar os premios desertos se así o considera oportuno.
6) O XURADO estará formado por profesorado do centro IES DE BECERREÁ
7) A data do fallo do tribunal será o día 24 de febreiro, coincidindo cos actos conmemorativos no centro á figura de Rosalía de Castro.

Premios:

EN CADA CATEGORÍA HABERÁ UN PRIMEIRO E UN SEGUNDO PREMIO
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-01-2014 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0