Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FINA CASALDERREY NA RAG
UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA


A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

Rede lectura

Información

Dende o venres19 de xaneiro a escritora Fina Casalderrey é membro numerario da Real Academia Galega.
Lembramos aquela pequena entrevista que fai tres anos concedeu ao club de lectura dos Anónimos cando remataron de ler un dos seus libros, e lembramos con moitísimo cariño ese xesto porque foi o primer contacto dun dos nosos clubs diréctamente coa autora dun libro, (a entrevista está colgada no blog da biblio no apartado dos clubs). Moitos clubs de lectura len libros de Fina e funcionan moi ben para traballar no diálogo das lecturas dentro dos clubs.
Rede lectura
Entrada
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-01-2013 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0