Becerreablog


BLOG DA BIBILIOTECA DO IES DE BECERREÁ

Bibliotecas escolares de Galicia



Este blog, xunto co apartado da biblioteca da nosa web, son as ferramentas que poñemos a disposición da comunidade educativa para dar a coñecer todo o relacionado coa nosa biblioteca e o mundo da lectura, e temén, para que teñades unha vía de comunicación sempre aberta.

O meu perfil
becerreablog
 SECCIÓNS
 GALERÍA DE FOTOS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CERTAME LITERARIO
Xa sabedes que este ano cambiamos o certame literario de Nadal ao día 24 de Febreiro, esperamos que así poidades preparar con máis tempo os vosos relatos, aquí déixovos as bases do concurso, ánimo e participade, queremos ver o voso talento narrativo.

BASES DO CONCURSO
Poderán participar todos os alumnos e alumnas matriculados no IES DE BECERREÁ durante o curso 2012/2013
Establéceseunha única modalidade: Relato.
O tema dos relatos será libre. Valorarase especialmente calquera referencia sobre a figura de Rosalía de Castro ou da súa obra literaria
Cada participante poderá concursar con máisdunha obra se así o desexa.
Os traballos deberán ser inéditos e orixinais. Calqueraplaxioousospeita de plaxio acreditada, invalida a obra presentada
Presentación:
1) En galego e preferentemente a ordenador.
2) Os traballos irán asinados con pseudónimo ou lema. Presentaranse dentro dun sobre pechado, no que tamén debe incluírse un sobre cunha folla de datos do autor ou autora.
Premios:
1º Premio: Ordenador netbook.
2º Premio: Un vale 30 euros para material escolar.
3º Premio:Unlapis de memoria con capacidade 16 gb.
Os traballosdébense presentar na biblioteca antes do día 20 de febreiro.
O fallo do xurado será inapelable e poderá declarar os premios desertos se así o considera oportuno.
A data do fallo do tribunal será o día 24 de febreiro, coincidindo coa data de nacemento de Rosalía de Castro.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-01-2013 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0