biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Libros que veñen e van
Aquí están as nosas recomendacións de lecturas para este verán. Xa sabedes, pasade pola BBS para encher as vosas bolsas de "libros que veñen e van".


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-06-2015 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS 7
O venres 19 de xuño, ultimo día de clase, saiu para as vosas casas no Araño e Taragoña o número sete do Xornal BBS. É o terceiro e último número deste curso!
Noraboa a todos os redactores e redactoras que participastes ao longo do ano neste noso xornal. Para o ano continuaremos informando do que acontece na nosa realidade máis próxima.


Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 20-06-2015 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Biografías en Kamishibai
O pasado mércores os rapaces e rapazas de 5º presentaron aos compañeir@s de 2º e 4º as biografías en kamishibai de seis personaxes destacados polas súas aportacións en diferentes eidos. Este proxecto, que realizaron en Lingua Galega, Castelán e Plástica, tivo como base a busca documental nos fondos da BBS e moi especialmente a descuberta da colección "Me llamo..." da editorial Parramón.
Foi unha experiencia moi interesante para os creadores/as e tamén para o público. O kamishibai é unha ferramenta moi útil non só para compartir contos senón todo tipo de traballos que combinen imaxe e palabra. Teremos que seguir experimentando e fomentando o seu uso nas aulas.





Elaborando textos e ilustracións






Noa e Silvia presentando a Albert Einstein




Iria e Patri presentando a Clara Campoamor




Laura, Manuel e César traballaron sobre Nelson Mandela




Jorge e Rubén presentando a John Lennon




Ana Frank por Noelia, Andrea e Jorge




César, Aitor e Fátima traballaron sobre Beethoven


Visitade tamén o blogue de 5º para saber máis sobre o proceso: Cangrexeiros na arañeira
Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 20-06-2015 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Por fin!

Por fin Noa e Lucas levaron as mochilas viaxeiras para casa!
Tiveron que esperar, foron os últimos deste curso e xa estaban un pouco moscas, pero hoxe estaban así de content@s cando viron os seus nomes pendurados do sol das mochilas. Agora, xa sabedes, aproveitádeas a tope, tedes dúas semanas.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-06-2015 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Raquel Queizás na BBS
Pouco a pouco imos pechando as actividades da BBS por este curso; tivemos o último contacontos do recreo, as mochilas están a facer a súa última viaxe, esta semana rematamos os préstamos individuais ata que cheguen as bolsas de lectura de verán...

Quixemos ter unha actividade especial como despedida deste curso e convidamos a Raquel Queizás a vir á BBS a compartir historias con nós.
Raquel Queizás é unha actriz e contadora que ten participado en diferentes compañías de teatro, fundamentalmente para rapaces, e ten levado os seus propios espectáculos como contadora por toda Galicia. Foi un luxo tela con nós toda unha mañá, abrindo a súa "maletra" cargada de historias e compartíndoas con todos os nenos e nenas do cole. Organizamos dúas quendas, unha para 1º, 2º e 3º e outra para os maiores/as. Tod@s grandes e pequen@s, conectamos con ela desde o primeiro momento e participamos da sesión encantad@s; fíxosenos curtiña!
Raquel deixounos deberes: compartir na casa as lendas e historias saíron da maleta e seguir investigando sobre o "dodo". Como somos moi guiadiñ@s e Raquel nos gustou tanto, xa estamos mans a obra cos deberes.

Graciñas, Raquel, por abrirnos a túa maletra e encher a BBS de maxia.





Raquel tamén ten un blogue, entrade para ver en que anda metida.
Comentarios (5) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-06-2015 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
A araña e máis eu
Ruth, Noelia e Laura foron as encargadas de pechar os contacontos do recreo deste curso. Tres contadoras de primeira e un conto de imaxes fermosísimas e textos moi divertidos e orixinais para poñer o broche de ouro aos nosos contos semanais. Que máis se pode pedir!
A araña e máis eu é unha historia para coñecer mellor o noso corpo e tamén as cores e as froitas, na que as fotografías de Manuel G. Vicente complementan á perfección un tenro texto poético de Fran Alonso.







Grazas a todos os contadores e contadoras deste curso e a tod@s os que fostes público e gozastes de historias moi diferentes pero todas elas moi especiais, pois foron escollidas, preparadas e compartidas por vós.
Seguiremos conmtando contos o curso que vén!




Anunciando o conto











Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 01-06-2015 01:29
# Ligazón permanente a este artigo
Despedimos os clubs de lectura
O pasado xoves 28 de maio despedimos os clubs de lectura cun xantar en Campo Maneiro, un xogo de taboleiro baseado nos libros lidos e unha peli. Foi unha xornada especial na que aproveitamos a tope o bo tempo e as ganas de estar xunt@s para falar e xogar. Tamén avaliamos os clubs deste curso, botamos unha partida de brilé e, como non, devoramos os doces e larpeiradas que trouxeron Gloria, Silvia, Irene e César. Graciñas aos catro!


Noraboa a tod@s polos bos momentos, boas charlas e boas lecturas que compartimos este curso.

Moita sorte para @s que marchades para o instituto, botarémosvos de menos. Xa sabedes, seguide lendo e formando parte de clubs de lectura sempre que poidades.




Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 01-06-2015 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0