|
|
Contos para verán |
|
Aquí tedes as recomendacións de lecturas da BBS para este verán. Despois de todo un curso traballando sobre os contos decidimos preparar unha escolma de libros de relatos e contos para as vacacións. Lecturas para acompañar a Libriño na praia da Torre, na de Tanxil, en Carragueiros... ou onde queirades ir a descansar e a gozar do verán.
Boas vacacións e boas lecturas.
E lembrade, entre o luns 25 e o venres 30 as Bolsas de Lecturas de Verán agardan por vós na vosa biblioteca. Vide por elas! |
|
|
|
Paula Carballeira na BBS |
|

E chegou o día de coñecer a Paula Carballeira. Leramos algúns dos seus libros, investigaramos sobre ela na rede, ilustraramos e inventaramos poemas... E tiñamos moitísimas ganas de coñecela. Non nos defraudou! Enganchounos cos seus contos, desde 1º a 6º, tanto a alumn@s coma a profes. Poidemos preguntar e preguntar, comentou os nosos traballos sobre a súa obra, falonos de contos de medo, de historias da nosa tradición oral e tamén de contos da lonxana Rusia... Encantounos!
Moitas grazas Paula, un pracer terte na BBS!
|
|
|
|
Paula Carballeira |
|
Para saber e ler máis sobre Paula Carballeira.
|
|
|
|
Escritores por el Sahara-Bubisher |
|
Queremos compartir con toda a comunidade educativa a carta que a BBS vén de recibir.
Gracias
Somos nós os que estamos encantad@s de poder participar nunha iniciativa tan fermosa. Seguiremos atent@s ao voo do Bubisher. |
|
|
|
Pepiño o ornitorrinco |
|
Tino puxo o broche de ouro aos contacontos do recreo deste curso. E fixoo dunha maneira moi especial, contando un conto escrito por Alba Miranda, que é a súa filla e unha antiga alumna do Brea Segade. Pepiño o ornitorrinco é un conto sobre o importante que é saber quen somos e saber aceptalo e querernos a nós mesm@s. Ten unhas ilustracións coloridas e moi atractivas feitas por Xavi, un amigo de Alba, e se a todo isto lle sumamos un contador de primeira... Un exitazo!
Un exemplar de Pepiño o ornitorrinco xa está rexistrado na nosa biblioteca para que tod@s poidamos volver a gozar con el cando queiramos.
Grazas Alba! Grazas Tino!
E noraboa a tod@s, grandes e pequenos, que participastes este curso nos contacontos do recreo. Vémonos nos martes lectores do curso que vén!
|
|
|
|