biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xantar dos clubs de lectura

Hoxe temos a última xuntanza dos clubs de lectura deste curso. Xa a última! Despois de oito meses de boas lecturas e mellores xuntanzas, decidimos que necesitamos tempo para despedirnos con calma. Así que hoxe comeremos na escola e pola tarde, xa sen as presas de ter clase ás 3 e media, faremos algúns xogos, avaliaremos os clubs e veremos unha peli. Queremos que a despedida estea á altura dos clubs deste curso. Xa vos contaremos...


Comentarios (7) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 30-05-2013 08:19
# Ligazón permanente a este artigo
Paco Papán
Noelia e Andrea foron as nosas contadoras o pasado martes. Escolleron Paco Papán,de Patacrúa e Evelyn Daviddi. Que ben o pasamos sempre con Paco Papán! É outro dos nosos contos favoritos e ademis ten unha canción que tamén nos gusta moito.
O texto é moi divertido e as ilustracións aínda máis. Como non sentir simpatía por este Paco e as súas ocorrencias. Por se fora pouco Andrea e Noelia fixeron unha lectura dramatizada, poñendo voces, que nos axudou a meternos máis na historia.

























Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 30-05-2013 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Os bebés veñen de Vilagarcía
Terceira e última entrega das lembranzas da motora. Esta vez a protagonista volve ser unha nena, que viviu unha das historias máis fermosas de todas as que recollemos traballando sobre a motora de Cambeses.


Por se hai alguén despistado... Premede na imaxe para vela máis grande e ide pasando as páxinas.


Os bebés veñen de Vilagarcía
Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 29-05-2013 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
Vaca á auga!
Outra das historias da motora, desta vez cunha vaca coma protagonista.

Premede na imaxe e ide pasando páxinas unha das anécdotas máis divertidas da motora de Cambeses.

Vaca á auga
Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 29-05-2013 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Ai, que mareo!
Empezamos a publicar as historias da motora, esas anécdotas que fomos recollendo nas vosas familias e que na clase de terceiro convertiron en libros en banda deseñada.


Premede na imaxe para velo grande e pasade as páxinas para botar unhas risas coas lembranzas dunha avoa que viaxou de nena na motora.


Aí, que mareo!
Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 29-05-2013 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
Unha eiruga moi larpeira

Helena, Antía, Carla e María leron un dos contos máis bonitos que temos na biblioteca. Unha eiruga moi larpeira, de Eric Carle, é un clásico co que engancharon xeracións e xeracións de nenos e nenas de todos os países e que segue encantando a quen o le. Se o conto era especial, máis especiais aínda eran as contadoras, que tiñan unha ilusión enorme por compartir o seu primeiro conto nos recreos da BBS. Contaron coa axuda da súa profe, María, e fixérono de marabilla!












Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 27-05-2013 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
A viaxe de Trasmallo na motora de Cambeses
Aquí tedes o libro da clase de 1º. Eles inventaron unha historia con Trasmallo como protagonista e cun tesouro moi especial. Premede na imaxe e pasade as páxinas para descubrir o tesouro que atoparon Trasmallo e a súa tripulación.


A viaxe de Trasmallo na motora de Cambeses
Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 27-05-2013 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
Sen rumbo polo mundo, Catarina e o Oso
Iria e Noa sen rumbo pola escola... acabaron na nosa biblioteca, onde podían estar mellor? E tivemos a sorte de que unha vez na biblio nos contaran Sen rumbo polo mundo, Catarina e o Oso de Christiane Pieper.
O oso vagaroso ía polo mundo sen rumbo, e un día Catarina decidiu seguilo. E seguiuno saltando, gateando, correndo...
Como nos gusta este conto! É moi sinxelo, pero cada vez que o escoitamos e vemos as súas preciosas ilustracións temos ganas de seguilos aos dous andando, correndo, saltando...

















Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-05-2013 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
A motora de Cambeses: aspectos técnicos
Seguimos coas nosas publicacións sobre a Motora de Cambeses. Aquí tedes o libro elaborado pola clase de 4º de Primaria. Eles traballaron sobre os aspectos técnicos da motora e aproveitaron que son uns expert@s en Astérix e Obélix para ambientar o seu libro.
Xa sabedes, clicade na imaxe para facela máis grande e ide pasando as páxinas.

Boa lectura!


A Motora de Cambeses: aspectos técnicos
Comentarios (2) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 23-05-2013 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
A motora do Cambeses
Comezamos a, tan agardada, publicación dixital dos nosos libros sobre a motora do Cambeses.
Lembrámosvos que se trata dos traballos elaborados polo alumnado de 1º e 2º ciclo para participar no Salón do Libro Infantil de Pontevedra 2013, baixo o lema " A toda máquina".
Empezamos coa historia da motora.

Clicade na imaxe para ver o libro en grande.

A Motora do Cambeses
Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 21-05-2013 08:40
# Ligazón permanente a este artigo
Inacio
Hoxe a biblioteca enchéusenos de burros! Vale, de contos de burros, pero por momentos ata pensabamos que os tiñamos alí con nós, do ben que conta os contos Inacio, que hoxe veu á BBS grazas aos amigos de Consorcio Editorial. Inacio é contador, titiriteiro, actor e tamén escritor, e todo o fai moi ben. Na nosa escola estivo hai uns anos coa compañía Fantoches Baj e xa nos deixara coa boca aberta. Hoxe fartámonos de rir e de cantar... e de aprender cousas sobre os burros.
Pero na BBS tamén coñecemos a Inacio coma escritor, pois el é quen fixo os textos da serie sobre Castelao en banda deseñada, da que momento coñecemos, Pobre tolo e Titoán. Por iso os de 3º e 4º quedaron uns minutos con el para falar sobre a creación desa serie.
Grazas Inacio, sempre é un gusto escoitarte!
Grazas ao Consorcio por facelo posible.


Comentarios (6) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-05-2013 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Discurso do oso
Marta, Ruth e Ainara estreáronse coma contadoras na BBS. Escolleron unha historia sorprendente que nos gustou moito, a grandes e a pequen@s.
Discurso do oso é un álbum con texto de Julio Cortázar e ilustracións de Emilio Urberuaga. Fálanos dun oso que habita nos canos dun edificio e vai descubrindo a estraña e solitaria vida dos seres humanos.
Encantounos ese oso vermello que se move ás súas anchas polas tuberías. E aos adul@s gustounos escoitar e ver unha obra infantil dun dos grandes escritores do século XX, co que temos gozado tanto en lecturas "de maiores".
Que ben soou Cortázar nas voces destas tres contadoras! E que chulada de cartel prepararon!



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-05-2013 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Poesía: Versos de Muller
Aquí está o vídeo co recital poético que celebramos o 21 de marzo, Día da poesía. Recitamos poemas da escolma Versos de muller, foi a nosa homenaxe ás poetas e ás mulleres en xeral. Fermoso acto e fermoso vídeo, xa veredes!


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 19-05-2013 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
SEIS ANOS!

O 18 de maio do 2007 publicabamos:

"No mes de maio

Botamos a andar este blogue con moitas ganas de compartir o que desde a nosa biblioteca estamos facendo e aprendendo.
Gústanos comezar esta aventura en maio, mes de celebración das nosas letras, da nosa cultura, da nosa identidade.
Queremos que a biblioteca de Educaldea sexa unha biblioteca viva, xeradora de todo tipo de aprendizaxes, fonte de información, espazo de encontro coa cultura, coa imaxinación e co saber. Só coa implicación do conxunto da comunidade escolar e de todas as persoas que se sinten identificadas co noso proxecto, poderemos avanzar nesa dirección, por iso convidámosvos a participar tamén desde este blogue."


Seis anos despois seguimos crendo neste proxecto e traballando para facelo realidade. O noso blogue foi testemuña ao longo deste tempo de todo o que fomos construíndo, de todos os pasos dados nunha mesma dirección e da ilusión que tod@s puxemos e seguimos poñendo en cada proxecto que comezamos. Hoxe, máis que nunca, cremos na necesidade de consolidar o noso proxecto para a Biblioteca Brea Segade e de contribuír desde ela a fortalecer a escola pública e de calidade na que cremos.
Agradecemos a implicación de toda a comunidade escolar na biblioteca e tamén no blogue e convidámosvos a continuar participando activamente nas actividades da biblioteca e no blogue, o noso caderno de viaxe.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2013 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Meu o mundo é!
Nesta semana na que celebramos o Día das Letras Galegas, desde a BBS queremos compartir con vós este novo vídeo de Paco Nogueiras. Sorprendeunos unha vez máis cun tema que fai que movamos os pés e o corpo todo, e sobre todo cun tema que deberiamos cantar a pleno pulmón todos os días do ano porque para tod@s nós

EN GALEGO... MEU O MUNDO É!

NOSO O MUNDO É!

Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 14-05-2013 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0