biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Abril mes dos libros: lecturas para adult@s
Xa temos na entrada do centro un feixe de lecturas para adultos/as que chegaron nunha maleta viaxeira desde a Biblioteca Pública Municipal de Rianxo. Abril, mes dos libros, tamén para as familias. Animádevos a levar algunha das nosas propostas.


Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 20-04-2015 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: Esther e Abel
Esther e Abel comezaron cos contacontos das familias do mes de abril. Trouxéronos á BBS un cadeliño fedello e moi curriño que sempre nos fai sorrir: Tento.
Foi a primeira experiencia de Abel como contador na BBS e fíxoo de marabilla, desde que anunciou o conto pola mañá co seu amigo Froilán ata que o leu coa súa nai, Esther.

Graciñas Esther e Abel!



Comentarios (1) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 20-04-2015 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Os clubs en abril: Mi amigo Fernández


Os cen libros tolos tamén cambiaron de libro e despois da novela de intriga protagonizada pola inspectora Nola, Mortos de Ningures, pasan a ler unha historia, tamén de misterio, protagonizada por un rapaz, o seu avó e un misterioso xigante: Mi amigo Fernández de Fernando Lalana, un dos máis importante escritores de literatura infanil en castellano.
Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 20-04-2015 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
Os clubs en abril: A lagoa das nenas mudas
O xoves pasado xuntáronse os Clubs de Lectura da BBS para falar sobre os libros que leramos en Pascua: Hay un chico en le baño de las chicas e Mortos de ningures. Os dous gustáronnos moito e deron para falar sobre a escola, a amistade, a inxustiza...
Xa estamos lendo novos libros. Os Libroman están a ler A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey . É unha fermosa historia sobre a inmigración, a tolerancia e a amistade escrita por unha das mellores escritoras de literatura infantil. Seguro que lles vai gustar e que vai dar que pensar e que falar.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 19-04-2015 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
O tempo voa
E tanto que o tempo voa! Como que non quere a cousa xa estamos a mediados de abril, contando contos na horta ao caloriño do sol da primavera e liad@s con mil cousas do mes dos libros.
Iria e Andrea retomaron os contacontos despois das vacacións de Pascua. Escolleron O tempo voa de Joao Pedro Mésseder e Gémeo Luís, un divertido xogo rimado coas agullas do reloxo: segundos, minutos, horas, días...
E xa foi o martes pasado! Porque o tempo realmente voa ...














Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 18-04-2015 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
1º e 2º en Rianxo
O venres chegou o momento de visitar Rianxo 1º e 2º. Para eles o destino foi a Biblioteca e Museo do Mar.
Os de 1º atopáronse con algúns libros que tiñan marcas de dentadas! Sofía axudoulles a solucionar o misterio léndolle O incrible neno devorador de libros, pero en canto coñeceron a ese neno a tod@s lles entraron unhas ganas terribles de "devorar" o seu libro favorito.
Os de 2º, recén chegados do Museo do Mar, onde fixeran con Quique un xogo cun taboleiro xigante da Ría de Arousa, descubriron que hai tempo chegara unha balea a Rianxo.

Graciñas, Quique e Sofía, por axudarnos a aprender tanto pasándoo tan ben.

Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 12-04-2015 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
5º e 6º na Biblioteca Pública Municipal Castelao
O pai do Migueliño de Cousas de Castelao, foi o relato que escoitaron os rapaces e rapazas de 5º e 6º despois de visitar da man de Sofía as diferentes seccións da biblioteca. O retrato que miraba Migueliño serviu para achegarnos ao mundo da fotografía. En grupos tivemos que identificar e emparellar fotografías de diferentes lugares da vila de Rianxo fotografados desde distintos ángulos e en diferentes momentos do día. Precisamos as nosas dotes de observación e moita concentración, pero parece que demos resolto; quédanos pendente comprobalo nunha visita a Rianxo que 5º e 6º volverá facer dentro duns días.
Rematamos entre libros, folleando, lendo, escollendo futuras lecturas... non podía ser doutro xeito.
Graciñas, Sofía! Encantounos!


Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 12-04-2015 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
3º e 4º en Rianxo
O mércores día 8, 3º e 4º estrearon a primeira das actividades do Mes dos libros deste curso. Durante tres mañás, en quendas, desprazámonos a Rianxo para visitar a Biblioteca Pública Municipal Castelao e algúns dos museos que hai na capital do noso municipio.
Cada curso realizou diferentes actividades na BPM.
Os de terceiro e cuato atoparon na entrada da biblio unhas baleas e un libro de Rafael Dieste, "Dos arquivos do trasno". Un dos relatos dese libro, "De como veu a Rianxo unha balea" foi o fío condutor da actividade. Un feito tan extraordinario ben merecía ser recollido nun xornal e ese foi o cometido dos rapaces de 3º e 4º escribir titulares e pés de fotos, "debuxar as fotos" e redactar a nova.
Por suposto, tamén houbo tempo para follear libros e coñecer mellor o que a biblioteca nos oferta coa axuda de Sofía.
A Casa Museo de Manuel Antonio foi a segunda visita de 3º e 4º. Rebeca foi a encargada de guiarnos e achegarnos a figura do poeta rianxeiro.


Graciñas Sofía e Rebeca!




Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 12-04-2015 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas en abril

Esta semana saíron de novo as Mochilas Viaxeiras. 3º e 4º non estaban no recreo para recollelas, pero o fixeron ao chegar da saída a Rianxo, así que temos varias fotos das Machilas marchando.







Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 12-04-2015 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Abril 2015
Co novo trimestre comezamos as actividades do Mes dos Libros. O primeiro, implicar ás familias e convidalas a participar con nós nalgunhas das actividades.

Abril mes dos libros: Familias

Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 12-04-2015 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Os centros escolares no Salón do Libro de Pontevedra



Video realizado por Pájaros en mi cabeza.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-04-2015 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Día Internacional do Libro Infantil





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2015 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS 6
Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 02-04-2015 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Poesía na Hora de Ler
O venres 27 de marzo celebramos o Día da Poesía na Hora de Ler con pequenos agasallos poéticos dos rapaces e rapazas dos Clubs de Lectura a todas as clases. Cada clase recibiu un sobre decorado enchido de poemas, escollidos polos compañeir@s dos clubs. Eses poemas foron recitados na Hora de Ler.


Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 02-04-2015 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0