biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A vaca que puxo un ovo
Como? Que unha vaca puxo un ovo? Pero, pero...
Tremenda novidade trouxeron á BBS un equipazo de contadoras: Patri,Noa, Andrea, Laura, Silvia, Fátima e Helena. Sete contadoras en acción pero é que o que tiñan que contar non era para menos.
A vaca que puxo un ovo con texto de Andy Cutbill e ilustracións de Russell Ayto é unha divertidísima historia que fala dunha vaca moi especial que quere facer algo diferente para non ser coma todas as demais. Pero sobre todo esta historia fala da amistade e de como con bos amigos e amigas todo é posible.
Encantounos! Está escrito con moito humor e as ilustracións son moi divertidas.
A vaca que puxo un ovo é un dos recomendados da BBS. Grazas contadoras por facelo tan ben e por presentarnos esta novidade.




Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 08-04-2014 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Contos con ritmo I
Tantas ganas tiñamos de contos, de ritmo e de pasalo ben que tivemos que facer dous grupos! Que exitazo!
Comezamos o venres 4 cos de 4º, 5º e 6º, e con que vexades as fotos xa vos podedes facer unha idea do moito que traballamos, do ben que o pasamos e das ganiñas que temos de que chegue o venres outra vez.


Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 08-04-2014 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de As Crónicas de Bran

Volve Petando nas portas da historia nesta ocasión, no mes dos libros, coa presentación da saga As Crónicas de Bran de Xosé Duncan.
Reservade a data, non o podedes perder!
Comentarios (0) - Categoría: Encontros con escritor@s e ilustrador@s - Publicado o 04-04-2014 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
As Crónicas de Bran
Hoxe presentamos no noso blogue unha obra que para a BBS é moi especial. Non é literatura para nenos e nenas, pero estamos seguros de que en poucos anos moitos de vós descubriredes a triloxía As cronicas de Bran de Xosé Duncan e gozaredes moito coa súa lectura.


Pero, por que é especial para a BBS?

* Porque é unha historia de fantasía épica e aventuras escrita en galego que se desenvolve nun mundo que nos resulta estrañamente familiar.

* Por que Taragoña inspira ese mundo de fantasía no que se ambienta a obra.

* Por que é a obra dun escritor de Taragoña que aposta por un xénero que estaba pouco desenvolvido na nosa lingua pero que ten moitos seguidores entre os xoves e os adult@s.

* Por que coñecemos a Xosé Duncan e admiramos o seu traballo e o seu compromiso coa literatura fantástica, coa nosa lingua e coas súas orixes.

* Por que temos a sorte de que Xosé Duncan se puxera en contacto coa BBS para darnos a coñecer a súa obra e nos ofrecera a posibilidade de organizar unha presentación de "As Crónicas de Bran" aquí, en Taragoña.

Como vedes sobran motivos para que esta obra sexa especial para a BBS. Convidámosvos a adentrarvos nos dous primeiros títulos da saga, publicados por Contos Estraños Editora: A revolta dos mestres e A porta de Annwn

Para saber máis sobre Xosé Duncan e sobre As crónicas de Bran non deixedes de visitar a súa páxina.



Comentarios (1) - Categoría: Novidades - Publicado o 04-04-2014 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s: María
Hoxe estivo con nós María, a avoa de Hugo. Veunos contar unha historia que ben puido suceder calquera día deste inverno tan chuvioso e gris que vimos de pasar.
Ernesto bo día de José Campanari e João Vaz de Carvalho fala, con moito humor, da primeira cita dunha parella. É unha historia divertida e optimista, con final feliz pese ás terrible situacións polas que pasa Ernesto.
Hugo escolleu este conto para que nolo lera a súa avoa e foi unha boa escolla, de conto e contadora.


Grazas María!

Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 03-04-2014 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
Día Internacional do libro Infantil

Chega o 2 de abril e as diferentes seccións da IBBY difunden unha imaxe e un texto conmemorativos do Día Internacional do Libro Infantil que se celebra en memoria de Hans Christian Andersen.

Este ano Irlanda é o país encargado de crear o texto e a ilustración deste cartel que se poderá ver en todo o mundo e lembrará a necesidade de manter viva unha literatura de calidade destinada a nen@s e moz@s. O texto "Carta aos nenos do mundo" é da escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson, que recibiu entre outros premios o Premio Laureante na nög, o Premio de Literatura Infantil de Irlanda. Pola súa parte, a imaxe do cartel é de Niamh Sharkey, unha ilustradora irlandesa que tamén recibiu, entre outros galardóns, o Premio de Literatura Infantil de Irlanda.
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 02-04-2014 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Con Yolanda Castaño
Imposible comezar mellor abril, o mes dos libros!
Yolanda Castaño encheunos a biblioteca de poesía: metáforas, comparacións, sinestesias, anáforas e sobre todo moita imaxinación e moito traballo colectivo.

Quen nos dera máis tempo para seguir compartindo a paixón pola poesía que transmite Yolanda! O obradoiro pasounos de contado pero deixounos moitas ganas de seguir lendo e escribindo poemas.
Grazas, Yolanda! Encantounos terte con nós.


Comentarios (17) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 01-04-2014 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0