biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Na BBS contamos tod@s. El pez Arcoiris
El pez Arcoiris de Marcos Pfister publicado pola editorial Beascoa nadou ata a BBS o venres pasado. É un libro especial polas fermosas e coloridas ilustracións, porque conta unha historia que pon en valor a xenerosidade e a amistade e porque nolo contaron en familia: Irene, Conchi e César. Foi unha boa escolla e unha boísima maneira de contar un conto.

GRACIÑAS AOS TRES!


Comentarios (2) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 16-04-2013 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
Mar de mulleres, mulleres de mar
Mariscadoras, mariñeiras, traballadoras da conseva, redeiras, piratas... mulleres que, coma moitas en Rianxo, viven do mar e aman o mar. O Manuel Antonio, de 4 a 4, navegou no noso auditorio e nos encantou.Que ben o pasamos! E canto aprendimos!


Un mar de grazas, Airiños! Sodes fantástic@s!




Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-04-2013 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
Na BBS contamos tod@s. Biblioburro
Comezamos os contacontos de abril cunha historia de amor polos libros e a lectura, unha historia real que nos emociona e nos fai ver o sinxelas e marabillosas que poden ser as cousas se de verdade cremos no que facemos.
Yoli, a nai de Borja, escolleu esta historia para abrir os contacontos do Mes dos Libros no que queremos que, como o curso pasado, nos acompañen moitos país, nais, avós, avoas...Borja preparou o cartel e con Iván e Raúl anunciou o conto a primeira hora. E no recreo, Yoli, xa unha veterana na BBS, falounos dunha das bibliotecas máis fermosas do mundo.


GRAZAS YOLI!

Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 11-04-2013 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
Un mar de mulleres no Brea Segade

No mes dos libros poden pasar cousas marabillosas coma que o cadro artístico de Airiños veña á nosa escola a representar para nós "Un mar de mulleres". Pois sí, mañá pola tarde teremos a sorte de poder ver "na casa" a montaxe que prepararon e estrearon no mes de marzo en todas as parroquias de Rianxo, dentro da programación cultural organizada polo concello. Preparádevos para pasalo moi, moi ben e aprender, entre risas, un montón de cousas sobre as mulleres e o mar.
Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 09-04-2013 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus a José Luís Sampedro

Hoxe coñecemos a nova do falecemento do escritor e economista José Luís Sampedro. Seguramente moitos de vós nunca escoitastes falar del aínda, pero desde a BBS e moitas outras bibliotecas, agardamos que cando medredes coñezades e admiredes o pensamento e a obra deste intelectual comprometido que nos deixa innumerables leccións de humanismo e sentido común e grandes novelas cheas de sensibilidade.
Desde a BBS queremos sumarnos a esta pequena homenaxe das bibliotecas escolares galegas a un home do que, sen dúbida, seguiremos aprendendo.

- Páxina oficial de José Luís Sampedro.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2013 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Segundo ciclo na Biblioteca Pública e no Museo de Manuel Antonio
O xoves pasado o alumnado de 3º e 4º visitou a Casa Museo de Manuel Antonio e a Biblioteca Pública Municipal Castelao. Calquera momento é bo para descubrir toda a riqueza cultural e literaria que temos en Rianxo, pero abril parécenos un mes ideal para encontarnos cos libros e a literatura fóra da nosa escola pero moi perto das nosas casas.
Nas dúas visitas aproveitaron para realizar actividades de busca documental e formación de usuarios no uso da biblioteca.
Grazas a Sofía e a Rebeca pola vosa atención e implicación na visita, así dá gusto!


Entrade no blogue de segundo ciclo para ver a reportaxe completa da visita.



Comentarios (2) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 07-04-2013 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Sol de Inverno
Os adult@s estamos a ler Sol de Inverno de Rosa Aneiros. Esta obra foi Premio Xerais de novela no ano 2009.
Rosa Aneiros naceu en Meirás-Valdoviño en 1976.É xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación impresos e dixitais.En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser, á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002), Resistencia (2003, Premio Arzobispo San Clemente, 2003), O xardín da media lúa (2004), Veu visitarme o mar (2004), Ás de bolboreta (2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek)2010 e Sol de Inverno (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela 2009 e Premio Fervenzas Literarias a Mellor portada adultos, 2009. Ten publicados igualmente relatos e artigos xornalísticos que recibiron inumerables mencións e recoñecementos.




Sol de Inverno é unha novela comprometida, que nos leva ao longo da vida da súa protagonista, Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que van desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia e ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo á viaxe ao París do maio do 68. En Cuba, Inverno entrará en contacto coa emigración galega e tamén cos descendentes dos cimarróns.
Na historia é fundamental a permanente loita da protagonista por voltar á súa aldea natal.
Vidas entrecruzadas que nos debuxan a historia máis recente en forma de novela, desde a rebeldía dos seus personaxes e a defensa da xustiza.
Comentarios (4) - Categoría: CLUB DE LECTURA ADULT@S - Publicado o 07-04-2013 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
¿Quién quiere a los viejos?
O Club do Biscoito Lector leu nestas vacacións a obra de Ricardo Alcántara ¿Quién quiere a los viejos?. Aos Piratas dos Libros encantáralles esta historia, pero non sempre coincidimos nas nosas opinións, mañá o saberemos.
Comentarios (6) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 07-04-2013 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
¡Apártate de Mississipi!
¡Apártate de Mississippi! é un dos nosos libros favoritos nos clubs, sempre que o lemos acabamos buscando máis obras da súa autora, Cornelia Funke, unha das escritoras de literatura infantil e xuvenil de máis éxito. A ver se desta vez ocorre o mesmo e nos facemos fans de Cornelia. Os Piratas dos libros
lérono estas vacacións; mañá luns falaremos sobre el.

Emma loita para conservar un cabalo que lle regalou a súa avoa, unha muller moi peculiar coa que está a pasar as vacacións de verán. Aventuras, animais, unha intriga relacionada cunha herdanza, un malo moi malo e unha heroina que engancha.

Comentarios (5) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 07-04-2013 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Abril nos clubs de lectura
Retomamos as xuntanzas dos clubs de lectura e nesta recta final do curso cambiamos de día, pasamos a xuntarnos os luns para que poidamos seguir contando cos compañeiros e compañeiras de sexto que están indo a piscina os venres. Así que neste trimestre coincidirán no mesmo día os clubs de terceiro ciclo e do club de adult@s. Mañá no recreo e ás tres e media falaremos de libros: Apártate de Mississippi, ¿Quién quiere a los viejos? y Sol de inverno.

Abril, mes dos libros.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 07-04-2013 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
2 de abril

Hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Como todos os anos, desde 1967, o IBBY, que é un gabinete internacional para a promoción da literatura infantil e xuvenil, celebra este día coincidindo coa data do nacemento do escritor Hans Christian Andersen. Cada ano un país elabora un cartel e unha mensaxe que se divulga en todo o mundo para poñer de manifesto a importancia de que os nenos e nenas medren acompañados de boas lecturas. Este ano a escritora mexicano-norteamericana Pat Mora elaborou o texto e o escritor e ilustrador Ashely Bryan deseñou o cartel.


FELIZ DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL
DO LIBRO INFANTIL 2013


Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.


Oímos murmurios
e ríos bulliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.


Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas.
Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.


Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.




Poema de Pat Mora
Tradución de Concha Blanco

Comentarios (0) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 02-04-2013 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS
Aquí tedes o número 2 do Xornal BBS, que saíu do prelo o pasado 22 de marzo, froito do traballo nas aulas de 1º,2º,3º e 4º ao longo da Semana da Prensa. Xa está nas vosas casas desde ese venres, pero no blogue collemos uns días de descanso e agora que estamos de volta imos ir colgando cousas que nos quedaron pendentes das "intensísimas" últimas semanas do segundo trimestre.


Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 01-04-2013 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0