biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O lugar da lectura


Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.




Carlos Negro






Abril remata. O mes do libro dá paso ao mes das nosas letras e iso axúdanos a non sentir saudades deste mes no que as lecturas e as actividades compartidas en torno á lectura teñen unha cor, unha luz e un significado especial.
Queremos rematar o mes cun texto fermoso, cargado de imaxes, de luz e significado para tod@s @s que cremos nas bibliotecas escolares. Trátase dun texto co que o poeta Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e que a Consellería de Educación editou en forma de marcapáxinas.
Grazas!



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-04-2011 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
A frautista de Hamelin

En abril tamén puidemos gozar dunha versión musical do conto dos irmáns Grimm O frautista de Hamelin. Os verdadeiros protagonistas do conto, nesta ocasión, eran un saxo tenor, un clarinete baixo, un clarinete en Si bemol e unha frauta traveseira, que acompañados por un teclado e unha narradora nos levaron ata Hamelin. A música foi composta polo compositor rianxeiro Antón Alcalde, quen tamén tocou o teclado. Ademais de pasalo moi ben co conto e coa música que o acompañaba, ao final do concerto puidemos coñecer mellor eses cinco instrumentos e facerlle preguntas aos músicos. Todos eles forman parte da Banda da Escola de Música de Rianxo, que ofreceu a todas as escolas do concello este fantástico agasallo no mes dos libros.
Grazas Rafa, Antón, Sabela, Sarela, Aldara e Fran. Encantounos A frautista de Hamelin!



Comentarios (22) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-04-2011 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
A urna dos desexos
Aida e Ainara trouxéron ao último contacontos de abril A urna dos desexos outro dos títulos de Cristina Justo e Paloma Rodríguez na colección A igualdade conta da editorial Embora. Clara, a protagonista do conto, aprende o que é a democracia participativa dun xeito moi claro e axúdanos a que nós tamén o comprendamos mellor.
Gústanos moito esta colección polos temas que trata, por como os trata, polas ilustracións de Spela Trobec...






Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 30-04-2011 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros das bibliotecas do Plan de Mellora
Un ano máis a nosa biblioteca asistiu aos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares organizados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Como sabedes este é o noso quinto curso no Plambe e é grazas a estar neste Plan que a BBS chegou a ser a biblioteca da que hoxe en día tod@s nos sentimos orgullos@s.
Como cada ano voltamos dos Encontros con ilusións renovadas, con moitas ideas novas e con moitas ganas de seguir traballando e mellorando.
Este ano, ademais, tivemos o privilexio de poder escoitar, na clausura dos encontros, ao escritor Xosé Neira Vilas, que moitos de vós coñecedes ben pois ao longo deste curso estamos a ler algunhas das súas obras.Todo un luxo!
Neste enlace pódense consultar os materiais presentados nas diferentes sesións dos Encontros.




Foto tomada e compartida por Loly Lago do IES de Fene.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-04-2011 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Con Rodrigo Chao
O xoves coñecemos a Rodrigo Chao. Falamos das súas ilustracións, de como as debuxa e as pinta, de como e onde traballa...
Insistiu en que para debuxar non hai trucos, que se pode aprender e que hai que debuxar moito para mellorar. Ensinounos como partindo dun círculo podíamos debuxar caras, obxectos, paisaxes... Tomamos boa nota dos seus consellos e algúns xa empezaron a poñelos en práctica en canto el marchou. Grazas Rodrigo por respostar a todas as nosas preguntas e axudarnos a entender mellor como é o traballo dun ilustrador.


Comentarios (4) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-04-2011 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
O segredo de Flora
Irene, Alexandra e Marta escolleron O segredo de Flora de Paloma Rodríguez e Cristina Justo para o primeiro contacontos de abril, mes dos libros. Contaron e cantaron unha historia que nos gusta moito porque a súa protagonista ten un segredo que lle axuda a evitar os enfados, as ganas de pegar e a violencia. Temos que poñer en práctica o segredo de Flora!





Comentarios (1) - Categoría: Novidades - Publicado o 10-04-2011 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Descubrindo a Rodrigo Chao
Este xoves o ilustrador Rodrigo Chao estará na nosa biblioteca para que os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º poidan coñecelo en persoa. Estamos a preparar a súa visita debuxando, pintando, lendo e tamén buscando información na nosa biblioteca e en internet sobre a súa obra e a súa vida.





Abril mes dos libros
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 05-04-2011 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Celebración do Día do Libro Infantil
Este venres comezamos coa programación de Abril mes dos libros. Como xa fixeramos o curso pasado, sumámonos á celebración do Día Internacional do Libro Infantil promovida pola OEPLI (Organización española para o libro infantil e xuvenil). Un grupo de alumnos e alumnas de 6º leron o manifesto da escritora estona Aino Pervik. Despois o alumnado de 4º, 5º e 6º exerceu de padriños e madriñas lectores cos máis pequenos do colexio, os de 1º, 2º e 3º. Repartímonos pola horta e o patio para compartir contos, para dar e recibir o agasallo da lectura.
E xa para rematar cada quen escolleu o primeiro conto do que temos unha lembranza especial, unha lembranza que gardar coma un tesouro, nun cofre, para non perder.


Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-04-2011 01:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0