biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

25 anos
ESTAMOS DE ANIVERSARIO!

25 anos, vinte e cinco cursos, vintecinco promocións de rapaces e rapazas que viviron no C.E.P. Xosé Mª Brea Segade unha chea de experiencias inesquecíbeis. Temos un programa de actividades que pretende recoller boa parte desas experiencias, recordalas e compartilas cos nenos e nenas que están agora no colexio, coas súas familias, cos antigos alumnos e alumnas, co profesorado que pasou pola escola e con todos os veciñ@s de Taragoña e do Araño. Queremos que tod@s participemos desta celebración e que nos sintamos orgullos@s de ser educaldeáns e edulcaldeás. Todas as actividades teñen dobre horario, pola tarde en horario escolar e na tardiña para que tod@s os veciñ@s podan participar.
O noso programa de actos comeza o martes 28 cunha charla sobre o poeta, Xosé Mª Brea Segade e semana a semana iremos ofertando actividades ata chegar á festa final do día 20 de xuño. Non deixedes de visitar Educaldea para ir vendo como se desenvolve todo.

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-04-2009 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
Gústame o chocolate e os libros
Grazas a dúas armadanzas de primeira categoría que escolleron o conto, o anunciaron polas clases e idearon unha sorpresa ben doce para rematar, celebramos o Día do Libro coma outros moitos días do ano: lendo, gozando xuntos dos libros e compartindo bos momentos. Pero ademais, que ben nos souberon as xoaniñas de chocolate!


Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-04-2009 01:55
# Ligazón permanente a este artigo
Contos en abril
Levamos todo o mes enchendo a biblioteca de contos nos recreos. Encántanos ter dous contacontos á semana, ver moitas caras novas coma contadoras ou contadores e compartir algúns dos vosos contos preferidos.



Comentarios (1) - Categoría: A brincar! - Publicado o 25-04-2009 01:24
# Ligazón permanente a este artigo
Cadea de desexos
Chegounos ata a BBS un premio especial desde o RECANTO DE MIK, do CEIP Mestre Goldar de Vigo.
Nesta ocasión trátase dunha cadea de desexos e de fantasía que se está a facer cada vez máis grande grazas á participación de moitos blogues de diferentes lugares do mundo.
O primeiro paso para participar nesta cadea é expresar os oito desexos e aquí van os nosos, escolleitos por Alicia, María Fernández Insua e Gadea de cuarto curso:

1) Queremos que o mundo non estea contaminado.
2) Gustaríanos que os nosos personaxes de conto favoritos saíran dos libros e estiveran con nós.
3) Poder entrar nas nosas historias preferidas e ser un personaxe máis.
4) Oxalá os nosos soños se fixeran realidade.
5) E a lúa contase contos para durmir.
6) Queremos que non se maltraten aos animais
7) Queremos tamén que os problemas de matemáticas se resolvan eles sós
8) E xa para rematar, que puideramos voar.

E agora toca convidar aos seguintes blogs para que continúen a cadea. Nós queremos enviar o noso premio-convite ao recén estreado blogue dos veciñ@s da biblioteca do CEIP A.D.R Castelao de Rianxo.

E só nos queda:
Comentar no blogue de quen nos convidou e
comentar no blogue dos nos@s convidados para que saiban da "convocatoria".
Todos feito e a cadea a medrar!
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-04-2009 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Our enormous crocodile
Presentámosvos "Our enormous crocodile", o último dos blogues da nosa escola.
Ten un nome moi literario, inspirado no conto "The enormous crocodile" de Roald Dahl. É o blogue da aula de inglés, que como sabedes, leva o nome de Roald Dahl en homenaxe a un dos escritores que mellores momentos nos fai pasar.
Para visitar o blogue só tedes que premer no botón do menú da esquerda.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2009 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
O Selo Violeta!
Á volta das vacacións atopánomos cun fermosisimo agasallo que nos chega desde o blogue amigo O Segrel do Penedo de Fene: "O Selo Violeta".
O Selo Violeta é unha iniciativa posta en marcha por Blogstórias Essenciais,de onde recollemos o seu significado:

O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

Recibir o premio implica cumprir unhas regras:


- Exhibir o Selo Violeta no blogue xunto coas regras.
- Indicar cantos blogues consideras que merecen este selo.
- Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Para nós son Blogues Violeta:

Cadernos de Vide
O recanto de Mik
Bibliotecadocole
Sereas sen cadeas
Golfiños de Aguiño
Heroínas de Sálvora

Uns pouquiños coma representación de toda maxia que se está a espallar desde moitas bibliotecas escolares, moitas escolas e institutos e moitas aulas.

En canto aos poderes máxicos...facernos invisíbeis a vontade e poder aparecer no lugar e no momento que escollamos e entender todas as linguas do mundo, incluídas as dos animais. Seguro que a combinación dos dous poderes daba bos resultados.


Graciñas O Segrel do Penedo por este premio, encántanos!!!!

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2009 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Concha Blanco na Biblioteca Municipal
Este sábado comezan na Biblioteca Municipal de Rianxo as actividades do mes de abril cun encontro coa escritora Concha Blanco. Temos unha oportunidade fantástica para coñecer a unha das máis importantes escritoras de literatura infantil e xuvenil galega.

A cita é este sábado ás doce da mañá na Biblioteca Pública Municipal Castelao.
Se queredes podedes consultar información sobre Concha Blanco na BVG (Biblioteca Virtual Galega) e no Centro de Documentación da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2009 01:12
# Ligazón permanente a este artigo
Ánxeles Ferrer na BBS
Ánxeles Ferrer visitou a nosa escola no Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Veu co seu "Baúl das palabras máxicas" para convidarnos a escribir e ilustrar contos tal e como ela fai. Inventamos contos e sobre todo fixémos moitísimas preguntas sobre o seu traballo.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2009 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
Agardando a Ánxeles Ferrer
Este ano celebraremos o día 2 de abril coa visita da escritora e ilustradora Ánxeles Ferrer á nosa biblioteca. As clases de 1º, 2 e 3º de Primaria levan xa unhas semanas traballando sobre ela e a súa obra.
Este é o tríptico que a BBS elaborou para preparar a súa visita.




Lembra, clica na imaxe ou en Open publication para ver o tríptico en grande.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 02-04-2009 00:46
# Ligazón permanente a este artigo
Abril
Chegou abril, mes dos libros!
Chegarán á nosa biblioteca algunhas visitas, actividades e novidades especiais. Chegarán porque nos gustan os libros e nos gusta ler e porque este é un bo mes para celebralo e para seguir día a día atopando un mundo de coñecementos e de experiencias fantásticas nos andeis da nosa biblioteca.
Coma cada ano, no Día Internacional do libro Infantil o IBbY (International Board on books for young people) difunde unha mensaxe e un cartel conmemorativos. No 2009 o autor é o exipcio Hani D. El-Masri escribiu e ilustrou a mensaxe Eu son o mundo.




Eu son o mundo


Eu son o mundo, e o mundo son eu
porque a través dos meus libros
podo ser o que queira.

Palabras e debuxos, prosa e verso
trasládanme a lugares que están
lonxe e preto ao mesmo tempo.

Na terra dos sultáns e do ouro
mil historias que falan
de alfombras voadoras, xenios de
lámpadas
marabillosas, sacauntos e simbades,
cóntanlle os seus segredos a
Sherezade.

Con cada palabra de cada páxina
viaxo no espazo e no tempo.
E coas ás da fantasía,
o meu espírito cruza o mar e a terra.
Canto máis leo, máis comprendo
que co meu libro estarei sempre
na mellor das compañías.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-04-2009 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
O meu pai foi rei
María Domínguez e María Fernández pecharon os contacontos do mes de marzo contándonos O meu pai foi rei de Thierry Robberecht.
Encantounos o conto que escolleron e tamén como o contaron.
E que temos unhas contadoras e contadores de primeira!




Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 01-04-2009 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos en marzo
Neste mes de marzo tivemos dous contacontos especiais porque neles se estrearon coma contadoras cinco rapazas de terceiro, e que ben o fixeron!
Ainara, Alba e Aida leron para nós A casa mais grande de Leo Lionni e Nuria e María O oso e o corvo de Monika Klose.









Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 01-04-2009 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Poesía nos clubs de lectura

A poesía é un claro asunto
de todos: meu e teu, e dos demais.
Cando os demais se van e nós nos imos
ela tamén se vai.

Fragmento de A nosa amiga. Celso Emilio Ferreiro


Rematou marzo, pero nós, non nos imos, quedámonos aquí nos clubs, na biblioteca e na escola gozando coa poesía... todo o ano.



Comentarios (1) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 01-04-2009 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0