|
|
Ledicia Costas no Brea Segade |
|
Hoxe veu Ledicia Costas ao noso colexio. Sentouse na biblioteca diante dos alumnos e alumnas de 5º e 6º para falarnos sobre a súa idea para un novo libro e tameń para responder ás nosas preguntas. Máis tarde contounos en quen estaba inspirado o avó de Román, no primeiro libro de Escarlatina. Estaba inspirado no seu avó, que segundo ela, era un pouco raro, e contounos algunhas anécdotas. Ao final de todo, asinounos os libros.
Todos pasámolo xenial!
Grazas, Ledicia, por visitarnos este ano. Esperamos que volvas!
Alumnado de 6º
|
|
|
|
Na BBS contamos tod@s: No bosque |
|
Héctor e o seu pai Antonio foron os contadores de hoxe. Hécor escolleu No bosque de Anthony Browney, unha historia que sempre que se escoita por primeira vez sorprende e fai pensar sobre os contos tradicionais,os medos e os prexuizos. Unha histroia que sempre nos gusta, por moitas veces que a escoitemos.
Graciñas, Antonio, xa un experto contador da BBS e graciñas Héctor.
 |
Grazas! |
|
|
|
|
Encontro con Ledicia Costas |
|
Mañá Ledicia Costas estará na nosa biblioteca para falar co alumnado de 5º e 6º sobre dúas das súas obras: Escarlatina a cociñeira defunta e Esmeraldina a pequena defunta.
Aquí tedes o tríptico que elaboramos na BBS para facer máis levadeira a espera do Encontro. :-)
|
|
|
|
Na BBS contamos tod@s: Os Bolechas van ao parque de atraccións |
|
Hoxe Dani e a súa nai, María, leváronnos ao parque de atraccións cos Bolechas. Era a primeira vez que os dous contaban un conto na BBS e aínda que dixeron que estaban un pouco nerviosos, non se notou, fixéronno de marabilla. Os Bolechas van ao parque de atraccións de Pepe Carreiro, escolleuno Dani, porque é un dos seus Bolechas favoritos e, polo que se viu, tamén é dos favoritos para moitos dos seus compañeir@s de Primeiro.
Graciñas, María e Dani!
Quedades fichados como contadores da BBS :-)
 |
Bravo! |
|
|
|
|
Rematamos a semana da poesía |
|
Unha semana compartindo poesía na Hora de Ler, os pequen@s escoitando aos grandes recitar e recibindo poemas e debuxos como agasallo, non puidemos pensar en mellor xeito de celebrar o mes da poesía. Graciñas a tod@s os axudantes da BBS polo voso esforzo desta semana, fixéstelo moi ben.

|
|
|
|
Na BBS contamos tod@s: Tío Lobo |
|

Este venres Esther, a nai de Abel, estivo na nosa biblio para contarnos entre os dous, Tío Lobo de Xosé Ballesteros e Roger Olmos. Abel escolleu esta historia tan divertida que ten como protagonista a unha nena algo pilla e a un lobo que nos fai rir de principio a fin do conto. Que ben soan os contos cando os ledes mana man cos vosos pais ou nais, dá gusto!
Graciñas a Esther, unha veterana dos nosos contacontos, e graciñas a Abel. Tedes que repetir! E graciñas tamén á avoa de Abel, outra das colaboradoras da BBS.
|
|
|
|
Xoves poético |
|
Os nosos axudantes seguen a espallar poesía polas aulas na Hora de Ler. Dá gusto escoitalos!
 |
|
|
|
Poetizándonos |
|
Seguimos compartindo poesía na Hora de Ler. Que ben o están a facer os nosos axudantes!
|
|
|
|
Mochilas de primavera |
|
 Con chuvia, moito frío e ata pedrazo, saíron as primeiras Mochilas Viaxeiras desta primavera. |
|
|
|
Día da Poesía |
|
Hoxe celebramos o Día da Poesía, tod@s xunt@s, lendo e recitando poemas, xusto ao chegar de gozar de música e contos. Mellor mañá imposible!
E aínda nos queda toda a semana para compartir poesía na Hora de Ler!
Gústanos a poesía!
|
|
|
|
A frautista de Hamelin |
|
Hoxe tivemos a sorte de asistir, no Auditorio de Rianxo, a unha versión musicada, ambientada en Rianxo e actualizada, dun dos clásicos máis coñecidos dos irmáns Grimm. A frautista de Hamelin foi interpretada por cinco músicos da Banda da Escola de Música de Rianxo (saxo tenor,clarinete baixo, clarinete, frauta traveseira e teclado) e narrada por Tero Rodríguez. A música foi composta por Antón Alcalde e a adaptación da historia por Tero Rodríguez. Pasamos unha hora máxica, enganchad@s á historia e gozando da música, un luxo!
Graciñas, Rafa, Antón, Fran, Sabela, María e Tero!
|
|
|
|
Poesía na Hora de Ler |
|
Ao longo de toda esta semana @s axudantes da BBS levarán poesía ás aulas de 1º,2º,3º e 4º na Hora de Ler. Escolleron poemas dunha escolma de versos de escritos por mulleres realizada pola BBS e cada día un grupo compartirá algúns deses poemas nas clases dos máis pequenos. Hoxe comezaron. No mes da poesía:
Poetízate!
 |
Primeiro |
 |
Cuarto |
 |
Terceiro |
 |
Segundo |
|
|
|
|
Semana da Poesía |
|
Estivemos argallando algo xunto cos axudant@s da BBS para a semana da poesía... Mañá comezamos. Seguiremos informando :-) |
|
|
|
Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2016-2017 |
|

Como cada ano, a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia convoca unhas xornadas de formación para as bibliotecas do Plan de Mellora. Alí restará unha representante da BBS apañando ideas, propostas, folgos... Formación que revirta na nosa biblioteca e nos seus usuari@s. Formación, unha das grandes vantaxes de formar parte do Plambe. |
|
|
|
No salón do Libro de Pontevedra 2017 |
|
Un ano máis visitamos Pontevedra e o Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Un ano máis quedamos moi content@s coa experiencia e damos a noraboa á organización do Salón polo contido, pola ambientación, polo trato recibido e, como non, polo compromiso coa lectura e pola posta en valor da literatura infantil.
Aquí vai a primeira entrega, o noso paso polo Salón do Libro, virán máis... O día deu moito de si.
|
|
|
|
|
|
|