biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xuntanza dos clubs
Lembrade que o vindeiro venres 7 de marzo teremos xuntanza dos clubs, desta vez non será en xoves porque estaremos ocupad@s despedindo ao Toribio.
O Club do Pozo dos Libros falará sobre " O meu nome é Skywalker" de Agustín Fernández Paz e o Club dos Gardiáns e Gardiás dos Libros sobre As vacacións de Saida de Eva Peydró.





O meu nome é Skywalker
Desde que abriron un gran supermercado fronte á súa casa, Raquel pasa moito tempo observando á xente que entra e sae. Un día repara nun home que sempre está parado ás portas do establecemento e a quen  ninguén parece ver, agás ela. Convencida de que se trata dun home invisible, achégase a falarlle, e acaban por ser amigos. Entón o home contaralle que é un investigador enviado desde outro planeta en misión especial á Terra, e que o seu nome é Skywalker.


Agustín Fernández Paz é un dos autores favoritos da BBS, habitual dos itinerarios lectores e dos clubs de lectura, porque os seus libros sempre axudan a medrar.

Agustín Fernández Paz na Biblioteca Virtual Galega

Páxina oficial de Agustín Fernández Paz


As vacacións de Saida
Fernando, un cativo ao que non lle gustan as verduras nin os cambios, vivirá un verán diferente cando chega á súa casa Saida, unha rapaza saharauí, en acollida de verán.
Saida vén dun país de area e haimas, onde o mar é un soño e a liberdade, un anceio. A súa presenza na casa vai servir para coñecer a fondo outra maneira de vivir, outra cultura.


Ficha de Eva Peydró na Editorial Galaxia.
Comentarios (13) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 04-03-2014 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Kamishibai
A principios de febreiro chegou á BBS un novo recurso para contar contos, un Kamishibai. O Kamishibai é unha especie de teatriño co que tradicionalmente se contaban os contos en Xapón. Hoxe en día é un recurso moi empregado non só en Xapón senén nas bibliotecas e escolas de todo o mundo. As láminas coas ilustracións do conto deslízanse ante o público mentres os contador@s len a historia na parte de atrás das láminas.
Un grupo de axudantes da BBS preparou un conto para presentar o Kamishibai polas clases. Na Hora de Ler ao longo do mes de febreiro puidemos coñecer o Kamishibai e a historia vietnamíta O Gato Sol . Encantounos, a grande e pequen@s!
Agora tócanos a nós comezar a preparar e contar historias con este recurso milenario.


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 02-03-2014 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Origami I
O xoves á tarde tivemos o obradoiro de Origami do primeiro grupo (de 1º a 3º de Primaria).
Todo un éxito! Que ben o pasamos e canto aprendemos! Mirade, mirade...



O vindeiro xoves será o turno dos maiores, outra tarde para ter a nosa biblioteca chea de nen@s e adult@s aprendendo e gozando co Origami.
Graciñas Luz!
Comentarios (0) - Categoría: Familias - Publicado o 02-03-2014 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
As mochilas vanse de Entroido

Saíron o mércores para pasar o Entroido nas vosas casas. Seguro que entre os disfraces, orellas, filloas, bolicos.. atopades un oquiño tamén para ler e sorprendervos co que vai no interior das Mochilas Viaxeiras. Bo Entroido e boas lecturas!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 02-03-2014 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0