biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os nosos axudantes
Todos os equipos de axudantes pasaron xa a súa primeira semana de formación e ben que se nota. Xa temos axudantes experimentad@s e enganchad@s que botan unha man cada recreo que teñen libre ademais da quenda que lles toca.


Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 06-12-2014 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Que ben o pasamos!


Auditorio de Rianxo, 3 de decembro 2014.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-12-2014 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Mortos de ningures
Nos clubs seguimos lendo a Pere Tobaruela, desta vez escribindo con Ledicia Costas e asinando como Pereledi. Mentres os Cen Libros Tolos len Vouvos papar, os Libroman están a descubrir en Mortos de ningures as aventuras dunha inspectora moi especial, Nola, e o seu gato Lolo.
Mañá temos xuntanza, veremos que nos pareceron ambos libros.

Para saber máis sobre Pere Tobaruela entrade aquí.


E sobre Ledicia Costas aquí.


E non nos podemos resistir a colgar de novo unha foto da visita que Pere Tobaruela fixo á BBS hai case catro anos.
Si, tivemos a sorte de telo con nós unha mañá para falar dos seus libros.


Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 03-12-2014 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
A que sabe a lúa?
"A lúa sabe ao que máis lle gusta a cada quen."



E na BBS gustounos moito ver a Laura e Marta contar un conto nos nosos recreos lectores. Dúas irmás, unha de segundo e outra de 5º, unha xa veterana nos contacontos, outra debutando...E por se fora pouco escolleron un clásico da literatura infantil: A que sabe a lúa? de Michael Grejniec, unha desas historias que tod@s, grandes e pequen@s, deberiamos escoitar, ver e ler cando menos unha vez.
Graciñas Laura e Marta! Contamos con que repitades e nos contedes máis contos na BBS.






Presentando o conto





















Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-12-2014 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

Mañá imos tod@s ao teatro!
Temos a sorte de poder asistir no Auditorio de Rianxo á representación de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, unha produción do Centro Dramático Galego. A obra de Carlos Casares é un clásico do teatro infantil, que xa se representara en Compostela hai uns dez anos e que tamén foramos ver co alumnado do Brea Segade. Trátase dunha historia fantástica, a primeira deste tipo na literatura infantil galega, que foi tamén a primeira obra de teatro para rapaces/zas representada polo Centro Dramatico Galego.

Para saber máis entrade en "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-12-2014 08:20
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0