|
|
La casa del arbol |
|
Os Libroman lerán no Nadal La casa del árbol de Bianca Pitzorno e ilustrado por Quentin Blake.
Blanca e Aglaia son dúas amigas que deixaron a grande cidade e marcharon vivir a unha casa nunha árbore. Visitantes inesperados e un veciño pouco amigable alterarán a vida apacible deste entorno natural que sorprende moito a dúas rapazas de cidade. Humor e natureza son os ingredientes principais desta obra.
Veremos que opinan os membros de Libroman despois do Nadal. |
|
|
|
Prohibido leer a Lewis Carroll |
|
 Nas vacacións do Nadal os Cen Libros Tolos lerán Prohibido leer a Lewis Carroll de Diego Arboleda e Raúl Sagospe. Esta obra é o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2014, pero tamén Premio Lazarillo en 2012 e incluida na selección White Ravens dos mellores libros do 2014.
Unha acomodada familia no Nova Iorque dos anos 30 quere contratar a unha institutriz parisina para a súa filla pequena, que se chama igual que o seu personaxe de ficción favorito, Alicia. Eugéne, a nova institutriz, pronto descubrirá as estritas normas da casa comezando pola prohibición de falar das obras infantís de Lewis Carroll en presenza de Alicia. Pero ás veces na realidade poden suceder cousas inesperadas como chegar a coñecer á protagonista do libro de Carroll, Alice Liddell, convertida xa nunha simpática velliña. Este é o fío dunha das obras máis divertidas e orixinais da literatura infantil dos últimos anos.
A ver que nos contan os Cen libros Tolos á volta do Nadal.
|
|
|
|
Xantar dos clubs de lectura |
|
O xoves 18 tivemos a primeira xuntanza-xantar deste curso dos clubs de lectura. Foi unha xuntanza ben completa, houbo tempo para: xantar xunt@s, relambernos coas sobremesas especiais, falar de libros, ver unha peli e xogar por equipos a superar unha serie de probas relacionadas cos libros que lemos.
Levamos as nosas lecturas para o Nadal e quedamos emprazad@s para "o ano que vén", para continuar gozando da lectura e da compaña.
Boas festas a tod@s!
 |
Comendo na BBS |
 |
Xa tiñamos fame |
 |
Pero tamén ganas de falar |
 |
Magdalenas de César e Irene! |
 |
A por elas! |
 |
Comezamos cos xogos |
 |
Portadas que reconstruír en equipo |
 |
Mímica para adiviñar |
 |
Prendas para conseguir pezas |
 |
Valorando as probas |
|
|
|
|
O raposo e a mestra |
|
 Temos que recomendalo para que os que aínda non o lestes non deixedes de buscalo na BBS e de coñecer a un raposo argalleiro que seguro vos vai gustar.
"O raposo e a mestra" con texto de Manolo Rivas e ilustracións de Jacobo Fernández Serrano, conta unha fermosa historia coa natureza como protagonista, e máis concretamente a natureza galega e o monte Pindo. Acompañan a historia unhas ilustracións que chaman a atención, que lembran á banda deseñada e nas que mesmo se mostra o proceso de creación desde o o lapis ás cores.
Pero se de verdade queredes saber se debedes ler este libro falade cos nenos de 2º e 3º, eles son uns expertos en "O raposo e a mestra" |
|
|
|
Con Manolo Rivas |
|
O pasado xoves 18 de decembro os nen@s de 2º e 3º do Brea Segade, xunto con compañeir@s do CEIP ADR Castelao, tiveron a fortuna de coñecer ao escritor Manolo Rivas e poder escoitalo falar sobre a súa obra "O raposo e a mestra", que previamente leran nas aulas. O acto, que tivo lugar no Auditorio de Rianxo, contou ademais con interpretacións musicais das cancións populares que aparecen no libro. Todo un luxo! Volveron encantad@s.
E descubrimos que Manolo Rivas tamén debuxa ben.
  |
|
|
|
A bañarse! |
|

Rematamos os contacontos deste trimestre cun broche de ouro: catro contadoras de primeiro que nos deixaron coa boca aberta!
Helena, Noemí, Clara e Alexia veñen moito pola BBS desde que chegaron á nosa escola e tiñan ganas de ler un conto nos recreos lectores. Escolleron A bañarse! de Taro Gomi, preparáronno co seu profe e hoxe... debutaron coma contadoras. Fixéronno de marabilla! Hai canteira de contador@s no Brea Segade!
Encantounos esta historia que fala do divertido e sorprendente que pode ser a hora do baño.
Noraboa ás catro!
 |
Hoxe no recreo.... |
 |
Bravo! |
|
|
|
|
Un libro para agasallar 2014 |
|

Xa só nos quedan dous días para escoller os nosos libros favoritos da exposición "Un libro para agasallar".
Este ano a exposición foi organizada conxuntamente co Equipo de Dinamización lingüística e temos obras en galego das seguintes editoriais:
Ouvirmos, Baía, Bulubú, La Fragatina, Sushi Books, Lata de Sal, Bulubú, Demo Editorial, El Patito Editorial, Galaxia, Xerais, OQO, Kalandraka e Faktoría K. Agradecemos a todas elas que nos deixaran en depósito libros para a nosa exposición.
Este ano as nosas recomendación van, como non, en pequenas lámpadas decoradas.
|
|
|
|
Aventuras de A Man Negra |
|
Os cen libros tolos levan dúas semanas resolvendo casos xunto cunha banda de rapaces e rapazas cun talento especial para a investigación criminal: A Man Negra.
Aventuras de A Man Negra é un libro do escritor e ilustrador alemán Hans Jürgen Press no que as ilustracións xogan un papel fundamental na resolución de varios casos por parte dunha panda de rapaces.
Mañá no xantar dos clubs de lectura falaremos de que tal resultou ser detectives nas ilustracións do libro. |
|
|
|
En Fotos de Rianxo |
|
A presentación do tríptico Tempo de acivros, tempo de libros do venres pasado aparece en Fotos de Rianxo. Premede na imaxe ou no enlace para ver o que din e as imaxes tan chulas que subiron.
|
|
|
|
TEMPO DE ACIVROS, TEMPO DE LIBROS 2014 |
|
Aquí está a guía de lecturas 2014 das bibliotecas de Rianxo: "Tempo de acivros, tempo de libros". Clicando na imaxe podedes vela en grande.
Felices lecturas e felices festas!
|
|
|
|
Presentación da guía de lecturas 2014 |
|
O venres pasado nen@s e moz@s dos centros educativos de Rianxo presentaron no Auditorio
o tríptico de recomendacións de lecturas que as bibliotecas escolares e a biblioteca municipal elaboramos no mes de decembro para animar a que a lectura e a cultura en xeral, estean presentes nas nosas casas e nas nosas vidas tamén no Nadal.
Por segundo ano enchemos o auditorio para falar de libros e enchemos o escenario de nen@s e moz@s que se emocionan coa lectura e a música e que conseguiron que o acto fora alegre, dinámico e emocionante.
De momento compartimos algunhas fotos da intervención do Brea Segade, pero iremos subindo máis fotos e vídeos a medida que os vaiamos tendo.Isto é só un "entrante".
NORABOA a todos os nenos, nenas, mozos e mozas que participastes no acto por transmitir tan boas vibracións ao redor da lectura e os libros.
GRAZAS aos compañeiros e compañeiras de todas as bibliotecas escolares e a Sofía, da Biblioteca Pública Municipal Castelao, por facer o tríptico e a presentación posibles.
|
|
|
|
A vella na botella |
|
 Laura e Irene foron as contadoras desta semana. As dúas contaban conto por primeira vez nos recreos da BBS pero ninguén o diría polo ben que o fixeron e o seguras que se lles vía.
Escolleron "A vella na botella" de Roberto Mezquita & Alejandro Galindo. Unha bruxa de pelo roxo, unha fada e unha vella protagonizan esta divertida historia sobre os desexos,a ambición e o agradecemento. Boa historia tamén para o Nadal, tempo de desexos e soños materiais e inmateriais.
Graciñas contadoras!
 |
Anunciando o conto |
|
|
|
|
Xa é tempo de acivros... |
|
O Nadal está a chegar e con el veñen as recomendacións de lectura das Bibliotecas de Rianxo. Queremos compartir a nosa guía de lecturas con tod@s os que vos queirades achegar a escoitar aos nosos/as nenos/as e mozos/as falar de libros, música e cultura. Será o vindeiro venres 12 ás sete da tarde no Auditorio de Rianxo. Agardámosvos! |
|
|
|
Xornal BBS 5 |
|
Xa está nas casas do Araño e Taragoña o número 5 do Xornal BBS! Quentiño, quentiño, recén saído do prelo, tamén no blogue.
Non vos perdades algunhas das novas máis interesantes das últimas semanas.
|
|
|
|
As Mochilas van de ponte |
|

Lecturas para a ponte de decembro en sete casas de Taragoña e o Araño. Faltounos Elena de 4ºB na foto, ese día non veu pero a mochila xa está tamén na súa casa.
Boas lecturas! |
|
|
|
|
|
|