biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A visita dos domingos

Aquí temos aos contador@s desta semana anunciando o conto na entrada:Álex, Eva, Iván, Joel, Lia e Tania.
Nada máis e nada menos que seis contador@s en acción! E seis contador@s experimentad@s que souberon engancharnos coa súa historia.


Escolleron A visita dos domingos de Matteo Gubellini, unha divertida historia cun monstro que acompaña a un neno todos os domingos e un sorprendente final. A quen non lle gustaría ter un monstro como amigo e vivir todo tipo de aventuras e trasnadas con el? Pois o protagonista desta historia ten esa sorte.
















Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 07-12-2013 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
A miña amiga a escuridade
Como nos gusta ver nos contacontos do recreo "alianzas de contador@s" de distintas idades e distintos cursos que se unen para compartir unha lectura especial con todos nós. Iso foi o que fixeron Noa, Andrea, Helena e Silvia, convidáronnos a facernos amig@s dos nosos medos, en concreto da escuridade, para superalos e ser máis felices. Grazas polo consello e polo ben que nolo contastes.
A miña amiga a escuridade de Ella Burfoot é un divertido e fermoso libro que axuda a esquecer o medo a escuridade, un dos máis habituais nos nen@s pero tamén nos grandes.


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 02-12-2013 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0