|
|
Lendo na Barbanza |
|
E seguimos publicando recomendacións de lectura para este Nadal. Mira que tiñamos traballo pendente!
Neste caso trátase do tríptico editado pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza da que o noso centro é membro. Recóllense lecturas para todas as idades ambientadas na nosa comarca ou escritas por escritores e escritores da Barbanza.
Aproveitamos para dar a nosa noraboa á Coordinadora por esta iniciativa.
|
|
|
|
Kika Superbruxa e o feitizo do Nadal |
|
 Eu recoméndovos o libro de Kika Superbruxa e o feitizo do Nadal porque é moi interesante e bonito e ademais cando empezas a lelo non es capaz de parar. Pero sobre todo recoméndovolo porque cando o lin me gustou moito.
Alba. 3º de Primaria |
|
|
|
Tras la pista del Yeti |
|
 Eu recoméndovos o libro de Xerónimo Stilton "Tras la pista del Yeti". É un libro con humor, misterios e segredos. Gustoume moito, por iso volo recomendo.
Aida. 3º Primaria |
|
|
|
Smara |
|
 Samara é un libro que trata sobre o deserto, a avoa Ugago e un rapaz.
Os nenos e nenas de 4ºB fomos a biblioteca durante cinco sesións para lelo.
A min gustoume moito e a todos os da clase tamén lles encantou.
Recoméndovolo!!!
Amanda Mariño Rial e todos os compañeiros e compañeiras de 4ºB |
|
|
|
Recomendacións de lectura para o Nadal |
|
Aquí están as nosas recomendacións de lectura para este tempo de vacacións, resultado das escollas que entre tod@s fixemos na exposición "Un libro para agasallar".
Para velas con detalle clicade en Open publication. |
|
|
|
O meu nome é Skywalker |
|
 @s lector@s escolleron como primeiro libro do club O meu nome é Skywalker de Agustín Fernández Paz. |
|
|
|
Ke-Tumba ke-Tamba |
|
 Ke-Tumba ke-Tamba de Xerardo Quintiá foi a lectura escollida polos Cangrexeir@s para comezar co club. |
|
|
|
A praia da esperanza |
|
 Que mellor para Os peixes que comezar con: A praia da esperanza de Agustín Fernández Paz.
|
|
|
|
Bala Perdida |
|
Os libros bailóns comezaron a súa andaina coma club lendo unha novela de piratas, Bala perdida de Manolo Rivas.
|
|
|
|
@s cangrexeir@s |
|

O club dos Cangrexeir@s está formado por: Sara Marcuño, Julia Esperante, Lucía Buela, Néstor Rodríguez, Miguel Laíño, Ales Ramos, Dani Lorenzo, Sandra Somoza, Noelia López, Gonzalo Creo, Manuel Gómez, Raúl Rial, Oliver García e Esperanza. |
|
|
|
Os peixes |
|
O Club de lectura dos Peixes está formado por: Andrea Ces, Iván González, Sarai Cajaraville, Alicia Fernández, Adrián Figueira, Óscar Ariz, David Lorenzo, María Fernández, Andrea Refojo, Nerea Rial, Tania Pose, Alba Fernández, Miriam Mariño, Jesús Castro e Vikie.
Aquí tedes a súa mascota. |
|
|
|
@s lector@s |
|
 Aquí está a mascota do Club d@s Lector@s.
E estes son os seus membros: Carla Lorenzo, Romina Piñeiro, Sergio Tubío, Ángela Garrido, Sara Ruíz, Alba Pérez, Carlos Bustelo, José Places, Suso Vicente, Dani Sóñora, Carlos Castaño, Tais Otero, Brais Calo e Cova. |
|
|
|
Os libros bailóns |
|

Os libros bailóns é un dos clubs de lectura da BBS. Estas son as súas mascotas e os seus membros:
Borja Pérez, Marta Conde, Manuel Sobral, Óscar Iglesias, Simón López, Diego Fernández, Adrián Castro, Uxía Rial, Diana Pouso, María Domínguez, María Fernández, Sintayehu Tubío, Gadea Romero e Charo. |
|
|
|
Clubs de lectura na BBS |
|
Botaron a andar os clubs de lectura da BBS!
Con nada menos que corenta e sete rapaces e rapazas anotados de 4º, 5º e 6º comezaron a funcionar catro clubs de lectura na nosa biblioteca.
O primeiro foi constituir os clubs, decidir mascota e nome, escoller os libros a ler entre un listado de doce títulos propostos pola BBS e, despois de tres semanas... hoxe tivemos a primeira xuntanza de cada club.
Falamos de libros, de personaxes favoritos, de nós... e ademais de lecturas tamén compartimos galletas e biscoitos. Que máis se pode pedir?
|
|
|
|
Un libro para agasallar |
|
 O mellor agasallo un libro!
A mellor maneira de escoller un agasallo, velo, tocalo, probalo, imaxinalo nas mans da persoa a quen agasallar...
A praza maior da nosa escola vén de se converter un ano máis nunha feira do libro en miniatura. Temos libros para todas as idades, de diferentes xéneros, para todos os gustos.
Non deixedes de visitar a exposición e de deixar a vosa recomendación de lectura antes de marchar.
|
|
|
|
|
|
|