biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

¿Quién quiere a los viejos?
Os piratas dos libros están a ler ¿Quién quiere a los viejos? de Ricardo Alcántara.
Violeta e Evaristo son dous dos protagonistas desta historia que trata sobre os nosos maiores e sobre como os tratamos. Seguro que nos dará moito que pensar e que falar.
Comentarios (6) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 04-11-2012 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
La bolsa o la vida
O biscoito lector comezou a ler La bolsa o la vida de Hazle Townson.
Colin chega á conclusión de que o mundo enteiro é un desastre, así que decide levar sempre consigo unha bolsa cun equipo de primeiros auxilios.
Un día, mentres está no parque, unha terrorista que escapa da policía cámbialle a bolsa por outra cunha bomba. Comeza entón unha divertida aventura cunha bolsa cunha bomba coma protagonista.


Comentarios (6) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 04-11-2012 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Clubs de lectura 2012-2013
Os clubs xa están en marcha. Xa teñen nomes e mascotas, xa escolleron os libros a ler neste curso e xa comezaron a ler.
Con todos vós: O biscoito lector e Os piratas dos libros.


Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 04-11-2012 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Corre corre, cabaciña

Os nenos e nenas de Primeiro contaron o seu primeiro conto nos recreos lectores da BBS o mércores 31 de outubro, día de Samaín. Por ser ese día, escolleron contarnos, cantarnos Corre corre, cabaciña e fixérono de marabilla. Prepararon este cartel anunciador tan chulo, anunciaron o conto á entrada da escola e tamén foron polas clases para convidarnos a asistir. E no recreo escenificaron o conto nunha biblioteca chea ata os topes. Sodes uns artistazos! Tedes que ir pensando en repetir.















Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 04-11-2012 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
A Biblioteca Brea Segade



Este é o voso agasallo para BBS no Día Internacional das Bibliotecas. Foi gravado nos recreos ao longo da última semana de outubro.
Grazas!
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2012 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes dos venres








Álex, Brais, Laura e Sergio.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2012 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes dos xoves

Arancha, Antía e Carla.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2012 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0