|
|
"De luzada" |
|

A celebración do Día da Biblioteca tivo un momento especialmente emocionante, escoitar ao alumnado de 5º e 6º interpretar "De luzada" de Jesús Frieiro "Pinciñas". "De luzada" xa é a "canción oficial" da campaña da BBS deste curso. Hoxe escenificamos na celebración do Día da Biblioteca o que queremos que sexa o noso proxecto: aprender, investigar, innovar, descubrir... neste caso sobre a luz, sen perder a referencia do que nos fai ser o que somos, as nosas orixes e a nosa cultura.
Aquí tedes a letra e a partitura do tema de Jesús Frieiro "Pinciñas". É fermosísismo, emociona escoitalo! Ide practicando para cantalo tod@s xuntos.
Grazas á Aula de Música por este novo agasallo para a BBS.
|
|
|
|
Día da Biblioteca 2014 |
|

Hoxe na Hora de Ler celebramos tod@s xunt@s o Día da Biblioteca.
O venres 24 tamén fixemos, no Castro Barbudo, a nosa homenaxe ás Letras Rianxeiras, recitando a Xosé Mª Brea Segade e unha escolma das coplas rianxeiras de tradición oral coas que comezaremos a traballar en novembro, na Semana da Tradición Oral, e continuaremos... todo o curso.
No Brea Segade todos os días do ano son o Día da Biblioteca, porque cada actividade que realizamos na BBS é unha pequena festa da lectura e da cultura. Hoxe quixemos xuntarnos para reafirmar que nos gusta a nosa biblioteca, que estamos comprometid@s con ela e co seu proxecto e que queremos continuar gozando dela día a día.
Fixémolo como mellor sabemos, e como máis nos gusta: cantando, recitando, falando de contos, de libros, de maxia e da nosa cultura.
 |
2º e 5º recitando "O Libro Máxico" |
 |
2º e 5º recitando "O Libro Máxico" |
 |
5º e 6º interpretando "De Luzada" |
Para rematar, non podía ser doutro xeito, a BBS tiña para nós un agasallo, un pequeno faro para ir "a luzada das letras". Un marcapáxinas para as nosas axendas.
Feliz Día das Bibliotecas todo o ano!
 |
A luzada das letras |
|
|
|
|
No Castro Barbudo |
|
 Xa temos a reportaxe completa da subida ao Castro Barbudo no blogue de Educaldea. |
|
|
|
Subida ao Castro Barbudo |
|
Mañá venres todo o colexio subirá andando ao Castro Barbudo.Como xa é tradición no Brea Segade, o Equipo de Dinamización Lingüística promove a realización dunha andaina para pasar unha mañá xunt@s fóra das aulas, coñecernos mellor e coñecer mellor algún lugar de especial interese no noso municipio.
Aquí tedes o tríptico informativo elaborado polo equipo de Normalización para preparar a saída. Inclúe as coplas de tradición oral, recollidas en Rianxo, que recitaremos no Castro Barbudo. Coplas moi fermosas e de enorme valor porque forman parte da nosa tradición máis próxima e transmiten o saber e o ser dos nos@s maiores.
Clicando nas imaxes poderedes velas en grande.
|
|
|
|
Cen libros tolos |
|
O club de lectura Cen libros tolos tamén ten mascotas e libro para comezar a ler: A Serea da Illa Negra de Agustín Fernández Paz. Misterio e aventura para ler no tempo do Samaín. Que teñades unha boa lectura para vós tamén, Cen libros tolos!
|
|
|
|
Libroman |
|

O club de lectura Libroman xa ten mascotas e o seu primeiro libro para ler: Vouvos papar de Luz Méndez e Pere Tobaruela.
Que teñades unha boa lectura e que non vos papen!
|
|
|
|
Axudantes 2 |
|
Esta semana estreouse un novo grupo de axudantes e traballou duro. Aquí os tedes!
 |
No calendario de uso dos ordenadores |
 |
Colocando as devolucións |
 |
Sorteando as Mochilas Viaxeiras |
|
|
|
|
A rúa da Tixola |
|
 Na rúa da Tixola
un neno estaba chorando.
Aqueles choros
fixeron que o veciño de abaixo
se puxese
dun humor de raios.
Entón o veciño de abaixo
pegou un zapatazo no chan
e pisoulle o rabo ao gato.
Andrea, Iria e Noa leváronnos de paseo pola Rúa da Tixola. Un pequeno incidente é o punto de partida dunha divertida historia na que pequenos problemas parecen grandes traxedias, pero se van resolvendo de forma sinxela, coa axuda dos veciñ@s da rúa e tamén, dos contos.
A Rúa da Tixola é unha obra de Charo Pita e Massimiliano di Lauro, con divertidas ilustracións e un texto que nos convida a pensar sobre o doado que pode ser resolver pequenas traxedias.
Na BBS gustounos moito, moito o final. Graciñas contadoras por presentarnos unha das novidades da BBS.
|
|
|
|
Comezamos! |
|

Xa tivemos a primeira xuntanza dos clubs da BBS!
Estivemos revisando e seleccionando os títulos a ler este curso, escollendo os nomes dos nosos clubs e comezando a pensar nas mascotas. Temos moito que facer antes da vindeira xuntanza que será o xoves 23. Estamos en marcha!
|
|
|
|
Axudantes 1 |
|
Os nov@s axudantes da BBS comezaron o seu labor esta semana. Este curso cada grupo colaborará na BBS todos os recreos dunha semana.
Aquí temos aos primeir@s, selando novidades.
|
|
|
|
Maruxa |
|
 Ana, Gloria e Paula escolleron Maruxa de Eva Mejuto & Mafalda Milhões para o seu primeiro conto deste curso.
Que boa escolla! E que boas contadoras estas rapazas de 6º!
Maruxa decide darlle unha lección ao seu home e convencelo con moita retranca de que o traballo da casa está mal repartido e ten que cambiar de actitude.
Canta faltiña nos fan contos coma este que desde o humor apostan por facer mellor o mundo no que vivimos.
Non deixedes de buscar a Maruxa na biblio.
 |
Anunciando o conto |
 |
Gloria, Paula, Ana e Maruxa |
|
|
|
|
CLUBS DE LECTURA 2014-2015 |
|
|
|
|
|
Contacontos 2014-2015 |
|
Comezaron os contacontos do recreo deste curso!
Que responsabilidade para os primeir@s contador@s! Os recreos lectores da BBS levan xa un feixe de anos ofertándonos os mellores contos e contador@s. Cantos nervios, pero que ben o pasamos!
Escollemos, con toda a intención, un conto que fala da lúa e a súa luz: Arco da lúa de Txabi Arnal.
Agora tócavos a vós, grandes e pequen@s volver encher a BBS de contos e bos momentos.
|
|
|
|
Axudantes da BBS 2014-2015 |
|
 Aquí están os axudantes da Biblioteca Brea Segade deste curso cos seus contratos asinados e selados. Temos sete grupos que comezarán a colaborar na BBS desde o vindeiro luns. |
|
|
|
Arco da lúa |
|

|
|
|
|
|
|
|