|
|
De viaxe... |
|
 Seguen viaxando polo Araño e Taragoña! E seguimos contando cos axudant@s de biblioteca para revisalas, preparalas, repartilas... Graciñas! |
|
|
|
Un gato na árbore |
|
Carla, Paula e Clara contaron este martes a historia dun gato que con só subirse a unha árbore puxo patas para arriba a toda a aldea.
Un gato na árbore de Pablo Albo e Géraldine Alibeu é un divertido conto acumulativo que fala da cooperación e do inxenio mesturando fantasía e realidade. Unha boa escolla para a semana da paz e a non violencia: cooperación e inxenio para resolver conflitos pacíficamente.
 |
Bravo, contadoras! |
|
|
|
|
La increíble historia de la abuela gánster |
|
Este libro vai dun neno que todos os venres vai durmir a casa da súa avoa. Un día descubre nunha lata de galletas moitos diamantes e moitas xoias. Este libro tan gracioso é moi recomendable e se vos gusta temos máis do mesmo autor e da mesma colección na biblioteca.En concreto cinco novos libros.
Recomendación por: Iria,Jorge Castaño e Rubén. |
|
|
|
O oso e o corvo |
|

Esta semana na nosa biblioteca as contadoras Alba e Nereida contaron o conto de O oso e o corvo de Mónica Klose e André De Loba. A historia trata dun oso e un corvo que se intercambian as ás polos brazos e viceversa.
Fixéstelo moi ben!
 |
Moi ben, contadoras! |
Crónica de: Elena, Rocío, Laura e Miguel B. |
|
|
|
Mochilas viaxeiras en xaneiro |
|
 As mochilas tamén continúan viaxe despois do Nadal. |
|
|
|
Non fai falta a voz |
|
 Estamos de volta! A BBS de novo a pleno rendemento.
Comezamos este martes cos contacontos do recreo. Helena, Irene, Carla, Antía e Ainhoa puxeron as súas voces para contarnos "Non fai falta a voz" de Armando Quintero e Marco Somá. Preciosa historia con animais como protagonistas que fala tamén das emocións e os afectos dos seres humanos.
Que bo xeito de comezar este segundo trimestre! Graciñas contadoras!
|
|
|
|