Estaban agardando desde o primeiro trimestre, tiñan ás súas bolboretas inquedas, con ganas de saír das páxinas do libro e voar pola nosa biblioteca. Por fin, Astrid e Laura ceibaronnas para todos nós a semana pasada.
Recollemos aquí o froito dun traballo realizado a tres bandas e xenerosamente compartido, de entrada coa comunidade de bibliotecas escolares do Plan de Mellora e xa a día de hoxe, con toda a blogosfera sensible á problemática das linguas minorizadas.
Trátase do Decálogo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas, proclamado pola O.N.U., a tradución á nosa lingua de Adelia Troncoso,responsable da biblioteca do IES Val do Tea de Ponteareas e por último, a maquetación, que é obra de Mónica Muñoz, Coordinadora da Biblioteca Escolar C.E.I.P. Frian en Teis (Vigo).
Ata dez pingas caeron na nosa biblioteca o martes pasado no primeiro dos contacontos deste trimestre. Fóra caían moitas máis, pero as dez pingas que Amanda, Alicia e María nos trouxeron, fixéronnos sorrir, contaxiaronnos de curiosidade e presentáronnos a unha chea de personaxes interesantes.
Gustounos moitísimo este conto de Eva Montanari publicado por OQO.
A lotería non nos tocou pero de seguro que neste sorteo acabarás sendo afortuna@. Este martes volvemos sortear as mochilas e o venres, despois de pasaren o Nadal con oito de vos, cambiaron de casa. A viaxe das mochilas continúa!
Adrián vivirá aventuras insólitas montado na súa moto de reparto. E a maior chegará cando comece a recibir na súa casa unha serie de mensaxes misteriosas. Quen llas envía e para que?
Volvemos a ler nos Clubs da BBS unha obra de Agustín Fernández Paz, neste caso cun misterio que resolver.
Detectives que resolven casos nos que os lector@s tamén podemos participar buscando pistas nas ilustracións e resolvendo pequenos misterios. A obra de Hans Jürgen Press engaánchounos desde a primeira páxina e puxo a proba as capacidades detectivescas dos membros da Mancha Negra.
Si quieres pasar miedo de Angela Sommer- Bodenburg é o libro co que comezaron os Atrapalibros.
Por que a tod@s nos gustarán tanto as historias de medo?
Florián, o protagonista desde libro, está enfermo e aburrido na cama. Por medio das historias de medo que lle conta a súa familia descubre que inventar e escribir historias é o mellor remedio contra o aburrimento.
A Mancha Negra comezou a súa andaina coma club botando unhas risas coas aventuras de verán do pequeno Nicolás. As vacacións do Nicolasiño de Sempé e Gosciny fíxonos falar de trasnadas, d@s mundo dos nen@s e dos maiores e de como ás veces non se entenden, do verán, dos campamentos e as viaxes..
No 2010 queremos seguir consolidando os proxectos que xa están en marcha, queremos continuar ilusionando ao alumnado, ao profesorado e ás familias coas nosas propostas, queremos celebrar o ano do Libro e a Lectura e queremos contribuir a que o sexa de verdade. Queremos facelo abríndonos ao mundo pero sen perder a nosa identidade; queremos facelo en galego.
BBS
As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas