biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xa van alá moitos anos...
Xa van alá moitos anos e aínda hoxe teño remorsos.
Non había antroido que deixasen de vir á miña casa dúas máscaras choqueiras. Sempre os dous mesmos esterqueiros, coas mesmas caretas, cos mesmos traxes, cos mesmos ditos. Eles sabían un segredo amoroso da miña mocidade e todos os anos viñan chantarmo na cara; coas mesmas verbas, coas mesmas gargalladas paifocas.
As dúas máscaras batían o chamador da miña porta todos os domingos de antroido. Xustamente todos os anos, no mesmo día e á mesma hora. Eu adoecía por descubrilos; pero endexamais logrei nin tan siquera unha sospeita guiadora. Eles chamaban, entraban breaban o meu segredo, rían a cachón e logo fuxían deixándome alporizado de carraxe.
Un ano convideinos con augardente? e púxenlles diante unha garrafa chea de purgante Leroy (medicina que agora xa non se estila). Os choqueiros cheiraron o augardente, probárono con sospeita, baduaron algúns chistes á miña conta, arrombaron as gorxas e pouco a pouco foron enviando a garrafa enteira; de modo que a cada un cadroulle de tomar quince purgas, pola baixa. Ían ben servidos os malpocados!
O meu divertimento durou pouco. Axiña de se marcharen comezaron os remorsos a rillar na miña conciencia. Eu era un criminal e o suor frío do arrepentimento corríame polo corpo. Eu saín da casa en procura dos choqueiros. Cacheei tabernas e bailes de tranca e as máscaras non apareceron; preguntei a moita xente e ningúen soupo darme razón deles. A mañanciña do luns colleume aínda na rúa, todo apouvigado, en procura dos choqueiros?
Endexamais volvín a velos diante de min. Endexamais! E quedoume un remorso tremendo porque? morrerían?

Alfonso D. R. Castelao
Cousas

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 04-02-2008 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0