biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Grande estrea: Festa no xardín
Despois de meses de traballo, o obradoiro de teatro de 6º estreou o venres 25 de maio a obra Festa no xardín.
Trátase dun texto teatral de Emilio González Legazpi publicado na Biblioteca do Arlequín da editorial Sotelo Blanco en 1987, que mereceu o 1º premio do Concurso de Teatro Infantil e Xuvenil do concello de Xove en 1985. Pese aos anos pasados desde entón, a obra segue conectando cos nenos e nenas de hoxe en día polos temas que trata: conservación da natureza, amizade, cooperación, necesidade de ver máis alá da beleza exterior...
Grande expectación na nosa escola, moitos nervios, moito público convidado e unha función que resultou un éxito. Puidemos ver o bo facer de todos os alumnos e alumnas de 6º e de Teresa e Jose Luis, mestres que coordinaron o taller.
Teremos que esperar ata o trece de xuño, día que nos visitán as unitarias de Buía, Capela, Cuvide, Outeiro e O Cruceiro para asistir a un segundo pase.
Mentres tanto, para lembrar o ben que o pasamos, non deixedes de visitar a galería e se queredes, buscade na sección de teatro da biblioteca o libro no que están os textos.
Comentarios (35) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 27-05-2007 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
35 Comentario(s)
1 A nos gústanos o voso blog e ademais dámosvos a benvida a esta casa que se está#blgtk08# a construír pouco a pouco pero segura. Felicidades por un traballo ben feito
Comentario por Biblioarzua (29-05-2007 13:33)
2 A obra gustounos moito, porque era moi divertida. Nerea foi o Tulipán.Laura foi a Rosa. Raquel foi o Clavel.Brenda foi a Margarida. Diego foi a Chorima (flor do Toxo). Fernando foi o Sol.Sara ,que son eu, fixo de Choiva. Carlos foi a Saraiba. Adriana foi a#blgtk08# Nena.Manel foi o Neno.O resto dos nenos non actuaban no escenario, algúns eran frautistas e outros cantaban no coro.O profe Xosé Luis, recortou unha cartolina, e pegou unha foto de Fernando no medio. A cartolina era amarela e redonda, representaba ó Sol.
Comentario por Sara e Carlos de 6ªA (29-05-2007 16:07)
3 A obra de teatro que os alumnos de 6º realizaron o día 25 de maio , foi todo un éxito. Durou meses ensaiala e moito traballo.Os actores foron:Os nenos ,a margarida, a rosa , o tulipán , a chorima, o carabel, a choiva , a saraiba e o sol. Os nosos compañeiros ,axudaronnos moito.A min gustoum#blgtk08#e moito ,porque aparte de sairnos ben , gracias ós actores, ós músicos e ós cantores.A miña experencia como flor foi moi boa; cando pensabas que se che ia a esquecer acordábaste e estabas máis tranquila.Todos fixemos un bo traballo e a repetiremos o día 13 de xunio para os nenos do C.R.A.
Comentario por Nerea Iván (29-05-2007 16:09)
4 Nós participamos na obra.
Había cantantes, músicos, e actores.
Os actores son: plantas, nenos, e climas.Os nenos son Manel e Adriana.As plantas son:Laura, a rosa; Nerea,o tulipán;Brenda, a margarida; Diego a chorima e Raquel que é o clavel.Os climas son:Sara,Fernando e Carlos, que fan choiva, solete e saraiba.
#blgtk08#Os músicos son:Laura,Yaiza, Cristina,Paula,Sheila,Lucía,Claudia e Laura O.
Os cantantes son:Carlos,Diego,Ivan Ces,Ivan,Alex,Julián etc.
Os actores e todos estaban cagaos de medo.
Pasámolo de medo, estaba chulísima, a todos lle gustou e quen leu isto é o mais listo/a de todo o universo.
Feito por Laura e Brenda.
Comentario por Laura e Brenda (29-05-2007 16:10)
5 Celebramos un teatro o 25 de maio as 15:00. Levabamos moitos meses ensaiando e o final saiunos ben.Houbo varios personaxes algúns foron a choiva,o sol,o clavel, a rosa ...
Durou uns 50 minutos algúns estabámos no escenario e outros abaixo de musicos e algúns ca súa propia voz.
Doce cantaban e oito eran musicos e dez actores.O noso tit#blgtk08#or estábase a rir moito cando Luis sacaba o sol.Cando chegamos o colexio estábamos nerviosos.Despois os actores e músicos
vestímonos nas clases e Charo puxonos os lazos no cuello os músicos e cantantes. Teresa estaba tamén nerviosa por se nos saia mal pero ao final quedou contenta cando a subimos o escenario a sacar a foto.

Comentario por sergio (29-05-2007 16:11)
6 Nós fixemos esta obra e ensaíamola moito para que non nos saíra mal. Todos participamos en algo como actores , cantantes e frautistas . Quitámoslle unha foto o sol que era Fernando , pegamola nunha cartulina redonda , e colgamola de unha cana que a suxeitaba Luis .
A nós gustounos moito porque pasamo#blgtk08#s traballo . O día da obra todos estabamos un pouco nerviosos , con medo de que nos saira mal . A Luis que aguantou a cana en toda a función estaba moi nervioso na obra e tremáballe a man .
A próxima representación da obra vai ser o dia 13 de xuño e nos esperamos todos que nos saía mellor cá outra.
Comentario por Claudia e Luis 6ºA (29-05-2007 16:11)
7 Participo na obra.Son o Sol(solete para o meu profe) e os demais personaxes son plantas e a saraiba, a choiva e os nenos.A obra trata dunhas flores que falan que piden ó sol que faga maxia para que podan andar.Os nenos collen unha das flores e levana para a casa.As plantas rescátanna.As flores encontran a forma para que non collan a rosa facendo que a chorima (a flor do to#blgtk08#xo)lle dea unhas espiñas.O seguinte día os nenos intentan coller a rosa pero non o conseguen.As flores fálanlle e queren pegarlle pero o sol impídeo.Despois fanse todos amigos.
Ensaiamos moito sobre todo as flores.Estiven moi nervioso, o día da obra fixémolo moi ben .A actriz que máis me gustou foi a nena(Adriana)e o actor que máis me gustou foi a chorima(Diego.M)
Comentario por Fernando (29-05-2007 16:14)
8 Nós somos dous dos actores da obra de teatro: Laura.E.(ROSA) e Diego(CHORIMA). E os demais actores chámanse:Raquel(clavel), Nerea(tulipán),Brenda(margarida),Fernando(o sol),Sara(a choiva),Carlos(a saraiba),Adriana(a nena) e Manel(o neno).Tamén hai 8 músicos, e 20 cantantes. Esta obra baséase nunhas flores que fan unha festa no#blgtk08# xardín e dialogan entre elas. Cando subimos no escenario estabamos un pouco nerviosos, ó final gustounos moito, porque non nos enganamos nada e saiunos moi ben. Ó acabar a obra todos nos aplaudiron pola nosa obra de teatro. Despois subimos todos ó escenario( cos músicos e cantantes) e fixemos unha reverencia hacia o público.
Comentario por Laura.E e Diego (29-05-2007 16:24)
9 Eu son Marcos,fun espectador durante a obra de teatro "Festa no xardín" é algúns dos actores son estes:
Laura Eiras (rosa),Nerea (tulipán),Diego Mosquera (chorima),Brenda (margarida),Fernando (sol),Manel (neno),Adr#blgtk08#iana (nena),Sara (choiva),Carlos(saraiba)e Raquel (clavel).
Tamén había banda de música é cantantes.Os profesores: Teresa é Xosé Luis foron os que axudaron aos rapaces de sexto a representar a obra de teatro.
Comentario por Marcos Moares 5ºA (30-05-2007 11:32)
10 O venres 25 de maio, os rapaces de 6º fixeron unha obra de teatro. A obra "Festa no xardín" gustoume moito, porque nos ensinou dúas cousas:
- hai que respectar a natureza e
- non se debe tomar a xustiza pola propia man.
Trata de cinco plantas:margarida(Brenda),chorima(Diego),rosa(Laura),tulipán(Nerea),clavel(Raquel).
Un día dous rapac#blgtk08#es collen a rosa e todas as plantas teñen que salvala. Conseguírono, pero os rapaces seguro que volvían. A chorima emprestoulle algunhas das súas espiñas(isto explica por qué as rosas teñen espiñas).Os rapaces volveron e as plantas querían vinganza, pero entón apareceu o sol e él arreglou esta lea. Ao final, os rapaces e as plantas fan as paces. En definitiva, gustoume moito.
Comentario por Daniel Fernández 5ºA (30-05-2007 11:38)
11 A obra "Festa no Xardín" celebrouse o 25 de maio do 2007.Adriana e Manel de 6ºB foron os nenos Raquel,L.Eiras, Brenda,Nerea e Diego foron as flores, Sara foi a choiva,Carlos a saraiba e
Fernando o Sol.
Esta obra ía dunhas flores que lle pediron ao Sol pernas para poder xogar pero o Sol díxolles que non os podía ver ninguén,os ne#blgtk08#nos cando sairon da casa e viron a rosa tan bonita collerona e as outras flores forona salvar. Cando por fin estaban a salvo no xardín a chorima doulle unhas poucas das suas espiñas á rosa e por último os nenos e as flores xogaron xuntos.

Foi fantástica!
Todos lles damos as grazas aos nenos de 6º.
Comentario por Nerea Lorenzo 5ºA (30-05-2007 11:40)
12 O Venres os nenos de sexto fixeron unha obra que se chama "festa no xardín". Os actores foron "Diego,Brenda,Fernando,Adriana,
Manel,Carlo#blgtk08#s,L.Eiras,Nerea,Sara,ainda que me gustou moito,tamén me rin porque tiñan unha foto de Fernando nunha cartulina amarela.Que foto máis risoña! Foi fantástica!
Comentario por Manuel Mariño-5ºA (30-05-2007 11:41)
13 Gustoume moito.Foi moi divertida.Alguns nenos de 6º tocaban e cantaban. Outros eran os protagonistas da historia.O sol era quen mandaba en todos menos na saraiba. Participaban Daniel,Nerea,Carlos,Raqu#blgtk08#el,Brenda...
Os profesores Teresa é Xose Luis foron os que axudaron aos rapaces de sexto curso.Finalmente os de sexto acabaron bailando por parellas.Fixeron unha reverencia cara o publico.
Comentario por Raul Rial 5ºA (30-05-2007 11:43)
14 A min gustoume moito a obra de teatro que trataba sobre cinco plantas(margarida,chorima,tulipán,rosa e clavel)que lle pediron ao Sol poder andar para xogar entre elas.Un día dous rapaces foron a xogar ao xardín e colleron a rosa e as out#blgtk08#ras flores tiveron que ir a salvala.Ó chegar de novo ao xardín,a chorima emprestoulle á rosa varias espiñas para que non a volveran coller e ao final todos acabaron bailando.
Esta obra ensinounos que non hai que maltratar a natureza.
Comentario por J. Ramón Fachado 5ºA (30-05-2007 11:44)
15 Eu son Arantxa.O día 25 de maio todos os nenos e nenas de 3º,4º e 5º fomos a ver a obra de teatro interpretada por 6º "Unha festa no xardin".A min gustoume moito. Os actores foron: Laura.E.(ROSA),Diego(CHORIMA),Raquel(CLABE#blgtk08#L),Nera(TULIPAN),Brenda(MARGARIDA)Fernando(SOL),Sara(CHOIVA)Carlos(SARAIVA),Adriana(NENA),Manel(NENO),8 MUSICOS E 20 CANTANTES.
Despois todos subiron o escenario. Próximamente farán outra para 1ºe 2º.Foi divertidiiiiiiiisima.
Comentario por Arantxa Miguéns 5ºA (30-05-2007 11:46)
16 O día 25 de Maio os nenos de 6º interpretaron a obra de teatro "Festa no xardín " . A min gustoume moito. As flores foron : Brenda, a margarida , Diego , a chorima , Laura.E , a rosa , Nerea , o tulipan e Raquel , o clavel. Os nenos foron : Manel e Adriana de 6ºB. Sar#blgtk08#a foi a choiva , Carlos, a saraiba e Fernando o sol. Os músicos foron : Sheila, Paula, Claudia , etc... O coro foi : Sergio, Ivan Ces , etc... . A obra foi moi bonita e moi divetida.

FIXESTEDELO MOI BEN.




Comentario por María López 5ºA (30-05-2007 11:47)
17 A obra gustoume moito.Aínda que non saían todos os nenos de 6º.Saía Laura Eiras,Sara,Fernando,Manel,Carlos,Raquel,Brenda...
Era unha historia moi bonita e o que #blgtk08#máis me gustou foi cando Manel intentou sacarlle os petalos á margarida que era Brenda.Fernando mandaba en todos,menos en Sara e Carlos.
Gustouñme moitooooooooo!
Comentario por Elisa Rodriguez 5ºA (30-05-2007 11:48)
18 Benvidos á blogosfera. Parabéns polo v#blgtk08#oso traballo.
Saúdos dende Fene
Comentario por O Segrel do Penedo (30-05-2007 17:40)
19 O que máis me gustou da obra foi todo. Os actores estivero#blgtk08#n moi ben e non se puxeron nerviosos, iso foi fundamental.
Comentario por Boris (31-05-2007 12:43)
20 A min gustoume moito a obra.A pena foi
que ao final cando bailaron, Ad#blgtk08#riana e
Sergio non bailaron xuntos.A obra en xeneral gustoume moito.
Comentario por Beatriz Rey (31-05-2007 12:45)
21 A min o que mais me gustou foi Fernando o #blgtk08#sol.Estaba moi gracioso con aquel disfraz.
Comentario por Lorenzo (31-05-2007 12:47)
22 Despois de tanto esforzo saiulle moi ben a obra. Gustoume moito. O que máis #blgtk08#me gustou foi Fernando, o sol, pero tamén estiveron ben os demais.
Comentario por Ainhoa (31-05-2007 12:50)
23 Estivestes moi ben, feli#blgtk08#cidades a todos.
Comentario por Carla 5ºb (31-05-2007 21:23)
24 Ola eu participei na obra.Espero que a xente lle gustara por que nos costou moito que nos saira ben. Ment#blgtk08#es o público esperaba nós por detrás tranquilizábamonos uns a outros facendo rir.Espero que vos gustara.
Comentario por Adriana Antelo (01-06-2007 21:36)
25 Ola eu fun música na obra interpretada polos de 6º. Pensamos que nos ía a sair moi mal #blgtk08#e o final saeunos moi ben.Tiñamos moitos nervios.
Espero que bos gustáse a obra.
Comentario por sheila (02-06-2007 09:23)
26 A obra de teatro festa no xardín foi un éxito, veuna#blgtk08# moita xente. Puxeron un cartel para que se soubera.
Comentario por Lucía 3º (07-06-2007 20:50)
27 FIXECHEDES 1 GRAN TRABALLO ENTRE TODOS ESO E 1 EQUIPO OXALÁ NO INSTITUTO FIXERAMOS OBRAS DE TEATRO. APROVEITADE E PASADEO BEN ME#blgtk08#NTRAS ESTADES NA ESCOLA QUE DESPOIS XA TODO CAMBIA...AH E FELICITACIONS POLA OBRA QUE POLO QUE VEXO GUSTOULLE A TODOS!!!
Comentario por sara IES FELIX MURIEL (13-06-2007 15:51)
28 A obra gustoume moito.O mellor do dia de hoxe foi ke gañou 6ºB.OS anos cambian e para o ano vai #blgtk08#GANAR 6ºA.ESTE ANO 5ºA E PARA O ANO 6ºA MANDA,E E O MELLOR CURSO GRACIAS A PROFE
Comentario por 5ºA manda (21-06-2007 20:12)
29 A obra que fixeron os de sexto estivo moi ben, debé#blgtk08#ronse de esforzar moito porque lles saleu moi ben.
Comentario por Raquel 6ºb (27-09-2007 19:26)
30 A obra gustoume moito pero apena é qu#blgtk08#e este ano nós non imos facer a obra.
Comentario por Beatriz Rey (15-10-2007 10:37)
31 A obra festa no xardín a min gustoume moito e os rapaces de s#blgtk08#exto que agora xa van en primeiro da ESO esforzaronse moito.
Comentario por Lucía 4º (22-10-2007 18:14)
32 hola que tal eu bou ben en noia ma#blgtk08#ndovos recuerdos a todo 5' adios
Comentario por lucia 5' (21-10-2010 15:51)
33 hola que tal encantoume #blgtk08#a mochila viaxeira nova
Comentario por lucia 5º (26-10-2010 11:30)
34 hola que tal encantoume #blgtk08#a mochila viaxeira nova
Comentario por lucia 5º (26-10-2010 11:30)
35 hola que tal encantoume #blgtk08#a mochila viaxeira nova
Comentario por lucia 5º (26-10-2010 11:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0