Compartimos hoxe, Día do Libro no noso cole, o texto do marcapáxinas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou para conmemorar o Día Mundial do Libro. Foi un dos "agasallos sorpresa" que recibiron hoxe os nosos axudantes, para agradecerlles o seu "traballo cómplice" coa BBS ao longo do mes de abril. Sen eles os apadriñamentos lectores e o préstamo agasallo non tería sido posible.
 |