biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

El abuelo que saltó por la ventana y se largó
"Momentos antes de que comece a celebración do seu centésimo aniversario, Allan Karlsson decide que nada de iso vai con el. Vestido co seu mellor traxe e unhas zapatillas, salta pola ventá e se fuga da residencia de anciás na que vive, deixando plantados ao alcalde e á prensa local. Sen saber a onde ir, encamíñase á estación de autobuses. Alí, mentras espera a chegada do primeiro bus, un mozo pídelle que vixile a súa maleta, coa mala fortuna de que o autobús chega antes de que regrese e Allan, sen pensarlo dúas veces, sube ao autobús coa maleta, ignorante de que no seu interior hai millóns de coronas de dubidosa procedencia. Pero Allan Karlson non é un avó fácil de asustar. Ao longo da súa centenaria vida tivo un montón de experiencias do máis singulares: dende inverosímiles encontros con personaxes como Franco, Stalin o Churchill, ata amistades comprometedoras como a muller de Mao, pasando por actividades de alto risco como ser axente da CIA ou axudar a Oppenheimer a crear a bomba atómica. Esta vez, cando cría que coa súa xubilación chegara a tranquilidade, está a punto de poñer todo o país patas arriba." Reseña editorial.

El abuelo que saltó por la ventana y se largó de Jonas Jonasson será o último libro deste curso do Club de Lectura de Adultos. Rematamos cunha lectura alegre, optimista, cargada de humor e de sentido común, que boa falta nos fai tal e como está todo. De feito foi petición de varias persoas do club: "Que nos faga sorrir". Veremos se o consigue.
Jonas Jonasson naceu en 1962 en Växjö, unha pequena cidade do sur de Suecia. Tras unha longa carreira como xornalista, consultor de medios y produtor de televisión, Jonasson decidiu empezar unha nova vida e redactar a novela que levaba anos queriendo escribir. Instalouse en Ponte Tresa, unha pequena cidade xunto ao lago de Lugano, en Suiza, onde escribiu El abuelo que saltó por la ventana y se largó. Na actualidade, Jonasson vive en Suecia, nunha pequena illa no mar Báltico.

Entrevista en El País.

Comentarios (1) - Categoría: CLUB DE LECTURA ADULT@S - Publicado o 02-05-2013 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Ola!!!!!! Sinto non haber escrito antes, pero os exames... Bueno, que tal vos vai por ahí? Por certo, quería saber se este ano no festival de fin de curso se pode asistir. E que algunhas e algúns exalumnos que#blgtk08#remos ir a vervos, que sempre o facedes moi ben ;) e este ano non esperamos menos de vos.

Un bico e ata logo!

Chao!!

Aida :P
Comentario por Aida (exalumna) (03-06-2013 20:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0