biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día do Libro



FELIZ DÍA DO LIBRO!


Como cada ano en abril, celebramos o noso compromiso coa lectura e cos libros. Nesta ocasión queremos ademais facer noso un cartel que El Patito Editorial difundiu xa hai uns anos nun día coma hoxe para reivindicar a banda deseñada, coa que tanto estamos a aprender e a gozar neste curso.
Só un libro é o título do texto co que a narradora, escritora e actriz Paula Carballeira, que tan ben coñecemos e queremos no noso cole, agasallou ás bibliotecas escolares galegas neste 23 de abril. Un ano máis a Asesoría de Bibliotecas Escolares enviou ás bibliotecas do Plambe uns marcapáxinas cun texto orixinal dunha autora galega para celebrar o Día do Libro.
Desde a BBS queremos agradecer á Asesoría de Biblioteca Escolares e a Paula Carballeira o seu fantástico agasallo, que hoxe compartiremos pola tarde nos actos centrais do mes do libros.

Premede aquí para ver e ler o marcapáxinas co texto de Paula.
Comentarios (2) - Categoría: Abril mes dos libros - Publicado o 23-04-2013 07:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Hola son Aitana de 2º, gustame ir a biblioteca e ler contos ,gustame moito xogar nos ordenadores,tamé#blgtk08#n me gusta moito contar contos nos recreos e gustame tamén os contadores e contadoras que os contan.
Comentario por aitana (06-05-2013 15:53)
2 E a nós encántanos que che guste Aitana!#blgtk08#r />
Un bico.

BBS
Comentario por BBS (06-05-2013 17:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0