biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sol de Inverno
Os adult@s estamos a ler Sol de Inverno de Rosa Aneiros. Esta obra foi Premio Xerais de novela no ano 2009.
Rosa Aneiros naceu en Meirás-Valdoviño en 1976.É xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación impresos e dixitais.En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser, á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002), Resistencia (2003, Premio Arzobispo San Clemente, 2003), O xardín da media lúa (2004), Veu visitarme o mar (2004), Ás de bolboreta (2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek)2010 e Sol de Inverno (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela 2009 e Premio Fervenzas Literarias a Mellor portada adultos, 2009. Ten publicados igualmente relatos e artigos xornalísticos que recibiron inumerables mencións e recoñecementos.




Sol de Inverno é unha novela comprometida, que nos leva ao longo da vida da súa protagonista, Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que van desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia e ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo á viaxe ao París do maio do 68. En Cuba, Inverno entrará en contacto coa emigración galega e tamén cos descendentes dos cimarróns.
Na historia é fundamental a permanente loita da protagonista por voltar á súa aldea natal.
Vidas entrecruzadas que nos debuxan a historia máis recente en forma de novela, desde a rebeldía dos seus personaxes e a defensa da xustiza.
Comentarios (4) - Categoría: CLUB DE LECTURA ADULT@S - Publicado o 07-04-2013 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Como mañán non podo ir á reunión,comento a miña opinión sobre o libro aquí.Gustoume moito sobre todo ó principio cando Inverno vive en Antes e conta todo o que pasa e como ve el#blgtk08#a as cousas sendo unha nena. É moi bonito e moi descriptivo o percorrido que fai por todas as cidades nas que Inveno viveu. Dos que lemos ata agora,é o libro que máis me gustou
Comentario por María José (07-04-2013 22:12)
2 Como non estou acostumada a ler obras en galego,habí#blgtk08#a moitas palabras que tiña que buscar no dicionario
Comentario por María José (07-04-2013 22:16)
3 María José, botámoste de menos luns. O libro estanos gustando moito a tod@s, coincidimos contigo na forza desas primeiras páxinas, das imaxes da vida de Inverno en Antes. E tamén en que o percorrido de Inverno por diferentes lugares e diferentes momentos da historia e da vida engancha. Rosa Aneiros foi un descubrimento pa#blgtk08#ra case tod@s. Aínda poderás falar sobre este libro a finais de abril, non tod@s o rematamos (hai tanto que facer...) e decidimos continuar con Sol de Inverno ata a vindeira xuntanza. Pero xa temos a seguinte lectura escolleita e unha proposta para os que remataron e están agardando polo resto. Falamos.

Nós
Comentario por Club de adult@s (10-04-2013 00:22)
4 Despois de pasar o mal trago da cruel morte de Fiz,doblemen#blgtk08#te cruel por ser entre nenos, o libro vaime gustando moito.
Comentario por nieves rojo (12-04-2013 19:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0