biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Seda
O club de lectura de adult@s tamén levou libro para ler nestas festas e unha película para ver. Despois de 84 Charing Cross Road, que tanto nos gustou, decicimos buscar e ver a peli. E cambiamos de temática, de época, de estilo... co noso seguinte libro, Seda de Alessandro Baricco, publicado por Rinoceronte.

Así explica o autor a xénese do seu relato. "Un bo día, un amigo contoume que un devanceiro seu tiña un oficio un tanto estraño. Partía unha vez ao ano, cruzaba o mundo, meses despois chegaba a Xapón, compraba ovos de vermes da seda, regresaba a Italia e vendíaos. O resto do ano descansaba. Estabamos esquiando cando me contou esta historia. Detívenme, saquei os esquís e comecei a pensar e a lle dar voltas, e non parei de facelo ata que escribín a última páxina."
Influenciado por Céline, Salinger, McEnroe, Stanley Kubrick, Walt Disney, Liberatore..., Alessandro Baricco é o escritor italiano vivo máis internacional. "Seda é unha historia antes de ser un libro. É, sobre todo, unha historia. E ás historias esváranlles as fronteiras".


Que o 2013 traia as mellores historias posibles para tod@s!




Comentarios (2) - Categoría: CLUB DE LECTURA ADULT@S - Publicado o 31-12-2012 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Pois en verdade este libro relata unha historia, unha historia donde os personaxes, según a miña forma de ver, quedan por enteira disposición do lector. Nos podemos imaxinarnos cómo, cando, onde ou porque fan da súa vi#blgtk08#da un viaxe, unha espera ou simplemente un amor imposible. Pareceume unha obra en "prosa poética", porque leva un ritmo, porque soa bonita, porque apetece lela amodiño.
Ata vernos.
Saúdiños!!!!!!!
Comentario por Pili Ces (14-01-2013 14:44)
2 Tamén falamos da prosa poética de "Seda", de que o seu ritmo e a forma na que está escrita nos leva a Xapón. Coma ti, cremos que é unha novela que deixa aberta a participación dos lectores/as para encher o que non está no papel p#blgtk08#ero sí na imaxinación dos que temos o libro entre as mans. Volvemos a ter curiosidade por ver a película, parece que nos gusta o cine case tanto coma os libros.

Unha aperta, Pili.

Nós

Comentario por Club de lectura (16-01-2013 00:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0