biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O noso Club de Lectura para adult@s
Temos un novo club de lectura na BBS!
Neste caso trátase dun Club para adultos e adultas aos que lles guste ler e falar sobre libros: pais, nais, avós, avoas, profesorado, amig@s e familiares do alumnado do Brea Segade. Estamos moi ilusionados con esta nova aventura da BBS dirixida ás familias; ímola mimar para que vaia medrando e consolidándose. As xuntanzas celebraranse os luns cada tres semanas ás 15:30 da tarde.
Tivemos xa unha primeira xuntanza de constitución do club e estamos a ler o noso primeiro libro, sobre o que falaremos na segunda xuntanza, o vindeiro luns 17 de decembro.

Aquí tedes a ficha e unha reseña da editorial do libro que estamos a ler:

84, Charing Cross Road
Helen Hanff
Colección Panorama de Narrativas
187 páxinas
Editorial Anagrama

"En outubro de 1949, Helene Hanff, unha escritora xove e descoñecida, envía unha carta desde Nova Iorque a Marks & CO., unha librería situada no 84 de Charing Cross Road, en Londres. Apaixonada, maniática, extravagante e moitas veces sen un peso, a señorita Hanff pídele ao libreiro Frank Doel volumes pouco menos que inencontrables que calmarán a súa inesgotable sede de descubrimentos. Vinte anos despois, continúan escribíndose, e a familiaridade pasou a ser unha intimidade case amorosa. Esta correspondencia excéntrica e chea de encanto é unha marabilla que evoca, con infinita delicadeza, o lugar que ocupan na nosa vida os libros e as librerías. 84, Charing Cross Road pasou case inadvertido no momento da súa publicación, pero desde a década dos setenta convertiuse nun verdadeiro libro de culto a ambos lados do Atlántico."


Agardamos que esta novela curtiña que fala sobre os libros e a súa importancia nas nosa vidas sexa unha boa maneira de comezar o nosa andaina. Animádevos a participar no club! Aínda estades en tempo de vos incorporar.

Comentarios (4) - Categoría: CLUB DE LECTURA ADULT@S - Publicado o 06-12-2012 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Ola, miña nai xa leu este libr#blgtk08#o e dime que lle gustou moito.
Comentario por Aitor (07-12-2012 16:42)
2 Que ben! Así que fixemos unha boa escolla. Graciñas, Aitor.
Tes que anim#blgtk08#ar a túa nai a que, se lle cadran ben as horas, se apunte ao club de lectura.
Comentario por BBS (07-12-2012 17:56)
3 Ler este libro supuxo recibir un soplo de aire fresco xa que é pequeniño, fácil de ler e moi "doce".
A verdade e que me deixou ganas de saber máis sobre os personaxes secundarios, das súas vidas. Saber máis sobre o que se "cocía" nesa librería tan increíblemente interesante.
Por outro lado sento envexa da autora. Da súa cultura, do seu saber sobre os clási#blgtk08#cos, dos autores e títulos que se mencionan e que eu non podo apreciar na súa totalidade, porque os descoñezo.
Resumindo: gustoume moito e fíxome sentir moi ben, porque nel refléxanse unha paixón e unha admiración inmensas polos libros, algo que comparto irremediablemente!!!!
Ata outra. Espero que na próxima reunión sí poda estar con vos.
Saúdos!!!!
Comentario por Pili (17-12-2012 11:14)
4 Graciñas polo comentario, Pili. Serviunos como punto de partida da xuntanza do club de hoxe. Tod@s coincidiamos contigo en que este libro ten algo que o fai especial, é curtiño, fácil de ler, pero conta tanto e dá para falar tanto...
Falamos sobre a paixón polos libros e a lectura, sobre Helen e a súa capacidade de autoformarse e chegar a ser unha experta nos clásicos e a gozar coa boa literatura. Nós tamén descoñecemenos boa parte dos autores e libros dos que ela fala e algúns recoñecemos que ra#blgtk08#ra vez relemos os libros aínda que nos encanten, algo que para ela era inexplicable. Falamos de Inglaterra, de Estados Unidos, de libros de segunda man e libros novos, da postguerra, do racionamento, dos nosos días...
Como a ti, gustounos moito o libro e está claro que foi un bo comezo para o noso club. Temos curiosidade por como enfocaron a película, por que nos vai parecer en relación co libro.
Contamos contigo para a próxima, a ver se podes.
Saúdos!!!

Nós
Comentario por Club de Lectura (18-12-2012 00:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0