biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia: LER PARA VER
Os días 9 e 10 de novembro celebráronse en Santiago de Compostela as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia ás que asistimos algúns membros do equipo de biblioteca. As xornadas son para nós unha oportunidade única de escoitar e aprender dalgúns dos profesionais máis prestixiosos do mundo das bibliotecas e da educación e tamén de compartir experiencias con outros profes de toda Galicia, que coma nós, están "enganchad@s" coas bibliotecas escolares.
Nesta ocasión as xornadas centráronse na importancia da lectura crítica dos medios de comunicación e no papel da biblioteca escolar na difusión e democratización das fontes de información e aprendizaxe en distintos soportes e formatos, que hoxe en día resultan imprescindibles na formación do noso alumnado. Tivemos a posibilidade de escoitar e quedar impresionadas coas charlas de Fabio Tropea, Tíscar Lara e Luis González e tamén de aprender das experiencias doutros centros educativos coa banda deseñada, a radio, a prensa, o vídeo, as montaxes audiovisuais...
Estades avisad@s, vimos coas pilas cargadas, un montón de ideas na cabeza e moitas ganas de seguir traballando arreo na nosa BBS.
Graciñas ás organizadoras e colaboradores destas xornadas que fixeron posible, un ano máis, que continuemos formándonos e ilusionándonos.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2012 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 A min Tíscar Lara deume sono... pero impresionar impresionou#blgtk08#me ben pouco. Polo xeral estiveron moi ben as xornadas si :)
Comentario por (16-11-2012 10:17)
2 Nós apreciamos a claridade das ideas e da exposición de Tíscar, a súa capacidade de ir ao fundamental e de destacar a esencia do que debería ser o noso traballo desde as bibliotecas escolares. Pese a tela escoitado e l#blgtk08#ido noutras ocasións cremos que sempre é capaz de aportar ideas interesantes e elementos para a reflexión sobre a nosa práctica, algo imprescindible para consolidar e dar sentido ao noso traballo.

BBS
Comentario por (16-11-2012 15:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0