biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xantar e despedida dos clubs

O xoves tivemos a última xuntanza deste curso dos clubs de lectura. Foi un xantar, para despedirnos con tempo e con bo sabor de boca.
Xantamos, xogamos, falamos de libros, avaliamos e vimos unha última peli xuntos, Matilda.
Foi un pracer compartir lecturas e vivencias con vós nos clubs; sempre nos sorprende descubrir o que podemos aprender con vós e sobre vós a partir da lectura. Graciñas!

Aquí tedes a reportaxe fotográfica.

Xantamos en Campo Maneiro.












Ruth trouxonos biscoito






A por el!!




Xogando ás agachadas para baixar a comida.





Listos para volver á biblioteca.




Xogo de preguntas por equipos sobre os libros dos clubs.


























































Comentarios (1) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 29-05-2016 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
Os clubs en abril
O venres falamos de novo de poesía, das lecturas que uns e outros fixemos ao longo de marzo: Manuel María e Paula Carballeira, poetas e estilos moi diferentes, que nos gustaron moito e confirmaron, un curso máis, que a poesía é un xénero imprescindible nos clubs.








Pasamos de novo á narrativa: Matilda de Roald Dahl para os Detectives de Libriño e A encontadora de An Alfaya para os Estoupalibros. Boas lecturas para abril, o mes dos libros!


Comentarios (6) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 10-04-2016 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar dos clubs: poesía e cine
O xoves pasado tivemos o segundo xantar-xuntanza dos clubs deste curso. Desta vez xa puidemos xantar fóra, empézase a notar a primavera... Pero os biscoitos que nos trouxeron César creo e Ruth, tomámolos dentro para non perder nin migalla.
Que bos estaban! Graciñas!





Detectives de Libriño e Estoupalibros




Ummmm!


Despois do xantar falamos de poesía, dos libros de Manuel María e Paula Carballeira; máis que falar recitamos,compartimos os nosos poemas favoritos, que son moitos, porque os dous libros gustaron moito.













Antes de ver a peli, preparamos os nosos agasallos para conmemorar o Día da Poesía, que é o 21 de marzo pero que nos celebramos o venres 18. O obxectivo: encher o cole de poesía; preparamos para cada clase recibiu un sobre cheo de poemas, un por neno/a, escollidos e decorados por nós.



Rematamos o encontro con Manolito gafotas e xogando xunt@s no patio.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 19-03-2016 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Poesía nos clubs de lectura

Marzo é o mes da poesía e os nosos clubs de lectura xa están léndoa e argallando algo para o último día de trimestre.

Estamos a ler a Manuel María e a Paula Carballeira: boa combinación e bo contraste!
Seguiremos contando...



Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 06-03-2016 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Que estamos lendo nos clubs?
As últimas lecturas dos clubs leváronnos á busca dun tesouro nun barco pirata e ao barrio de Carabanchel, a coñecer unha familia "máis ou menos" corrente.



Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 04-03-2016 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar dos clubs de lectura
O último xoves do trimestre celebramos a primeira xuntanza-xantar dos clubs de lectura deste curso.
Xantamos na biblioteca, xuntámonos cada un dos clubs por separado para falar dos últimos libros, vimos a película da maldición das Bruxas, baseada no libro de Roald Dahl As bruxas que lemos este trimestre e por último fixemos un xogo por equipos de pistas e probas para recompoñer a receita da Fórmula 86: facedor de ratos de acción retardada.
Como vedes aproveitamos ben o tempo, non paramos un momento.


Comentarios (1) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 26-12-2015 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Nos clubs...
Esta semana tivemos xuntanza dos Clubs de Lectura, primeira para falar de libros. Foi o martes porque o venres pasado tivemos o magosto. Os dous primeiros libros engancháronnos e deron para falar de bruxas, de xogos, de avós e avoas, de medos... O recreo quedounos curto, imos agradecer as vindeiras xuntanzas en venres nas que poderemos quedar tamén na Hora de Ler.





Os detectives de Libriño


Nas vindeiras tres semanas tocaralles aos Estoupalibros aprender moito sobre bruxas e os Detectives de Libriño descubrirán cousas sobre o Sáhara e o programa de Vacacións en paz.
Os libros que leremos son: As Bruxas de Roald Dahl e As vacacións de Saida de Eva Peydró.




Comentarios (10) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 21-11-2015 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Agora si!
Hoxe tivemos a primeira xuntanza con libros e ... biscoito! Agora si que xa podemos dar oficialmente por inaugurados os clubs de lectura da BBS. Xa o temos todo: mascotas, carpetas, calendario, libros, biscoito e moitas ganas de ler e falar do que lemos. Bo comezo!







As nosas mascotas








Podemos?











Podemos!




O material dos clubs




Membros, calendario




Información dos libros









Os detectives de Libriño




Os estoupalibros


As nosas lecturas para as vindeiras tres semanas.


Comentarios (6) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 27-10-2015 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
Xa temos clubs!

O venres pasado constituímos os Clubs de Lectura da BBS 2015-2016!


Xa están a funcionar dous clubs de lectura que teñen nome e están en proceso de creación e escolla das súas mascotas.
A semana que vén comezaremos co primeiro libro. Xa hai ganas, moitas ganas, de comezar a ler e a falar de libros!





Os detectives de Libriño




Os estoupalibros

Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 19-10-2015 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
Clubs de lectura 2015-2016



Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 14-10-2015 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Despedimos os clubs de lectura
O pasado xoves 28 de maio despedimos os clubs de lectura cun xantar en Campo Maneiro, un xogo de taboleiro baseado nos libros lidos e unha peli. Foi unha xornada especial na que aproveitamos a tope o bo tempo e as ganas de estar xunt@s para falar e xogar. Tamén avaliamos os clubs deste curso, botamos unha partida de brilé e, como non, devoramos os doces e larpeiradas que trouxeron Gloria, Silvia, Irene e César. Graciñas aos catro!


Noraboa a tod@s polos bos momentos, boas charlas e boas lecturas que compartimos este curso.

Moita sorte para @s que marchades para o instituto, botarémosvos de menos. Xa sabedes, seguide lendo e formando parte de clubs de lectura sempre que poidades.




Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 01-06-2015 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
Os clubs en abril: Mi amigo Fernández


Os cen libros tolos tamén cambiaron de libro e despois da novela de intriga protagonizada pola inspectora Nola, Mortos de Ningures, pasan a ler unha historia, tamén de misterio, protagonizada por un rapaz, o seu avó e un misterioso xigante: Mi amigo Fernández de Fernando Lalana, un dos máis importante escritores de literatura infanil en castellano.
Comentarios (2) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 20-04-2015 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
Os clubs en abril: A lagoa das nenas mudas
O xoves pasado xuntáronse os Clubs de Lectura da BBS para falar sobre os libros que leramos en Pascua: Hay un chico en le baño de las chicas e Mortos de ningures. Os dous gustáronnos moito e deron para falar sobre a escola, a amistade, a inxustiza...
Xa estamos lendo novos libros. Os Libroman están a ler A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey . É unha fermosa historia sobre a inmigración, a tolerancia e a amistade escrita por unha das mellores escritoras de literatura infantil. Seguro que lles vai gustar e que vai dar que pensar e que falar.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 19-04-2015 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Poesía na Hora de Ler
O venres 27 de marzo celebramos o Día da Poesía na Hora de Ler con pequenos agasallos poéticos dos rapaces e rapazas dos Clubs de Lectura a todas as clases. Cada clase recibiu un sobre decorado enchido de poemas, escollidos polos compañeir@s dos clubs. Eses poemas foron recitados na Hora de Ler.


Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 02-04-2015 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Alicia no país das marabillas

Como non podía ser doutro xeito, despois de ler este trimestre Prohibido ler a Lewis Carrol de Diego Arboleda, desde os Clubs da BBS animamos a ler a Lewis Carroll e ver a fantástica adaptación de Alicia no país das marabillas de Tim Burton.
Esta foi a nosa peli do xantar dos clubs; como nos gustou!

Clica AQUÍ para escoitar a banda sonora.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 31-03-2015 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0