biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Imos ao teatro!



Martes ás 10 da mañá no Auditorio de Rianxo.
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 04-06-2017 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Festival das Letras
O luns celebramos no cole o Festival das Letras, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Música.Puidemos gozar dunha pequena mostra do traballo que ao longo do ano facedes nas aulas de música. Noraboa a tod@s polo ben que o fixestes e por todo o traballo que hai detrás desas pezas que interpretastes. Unha gozada vervos "facer" música e música en galego. Parabéns!






Os presentador@s




Sexto abrindo o festival




Primeiro




Segundo




Terceiro




Cuarto




Quinto




Fabiola e María




Sexto

Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 17-05-2017 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades sobre Carlos Casares
Enlazamos aquí as actividades en liña do Seminario Galán sobre Carlos Casares. Como todos os anos o Seminario Galán elaborou recursos en papel e en formato dixital para que os centros de ensino galegos poidamos achegar aos rapaces/zas a figura do escritor homenaxeado nas Letras Galegas. Como todos os anos, no noso cole estamos a empregar eses recursos, entre outros, nas aulas e pouco e pouco imos coñecendo a visda e a obra de Carlos Casares. Para que poidades poñer a proba os vosos coñecementos sobre el xogando nas casas ou onde vós queirades, enlazamos AQUÍ estas actividades que teñen diferentes niveis de profundidade e dificultade.

Desde a BBS agradecemos ao Seminario Galán o seu traballo e a súa vontade de compartir saberes e recursos.



http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/





Clicade na imaxe e escollede actividades.
Comentarios (3) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 11-05-2017 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
O bardo Abelardo
Este mércores estivo na nosa biblioteca Servando Barreiro caracterizado do Bardo Abelardo para falarnos sobre Carlos Casares e algúns dos seus libros para rapaces. Puidemos ver unha fotomontaxe sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas e redescubrir algunha das súas obras axudados polo acordeón do bardo.










Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 11-05-2017 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
Maio no Brea Segade
Xa estamos en xuño!
Maio deixou na entrada do Brea Segade boas mostras do traballo que se fixo nas aulas sobre Manuel María.
O Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración con todos os demais equipos e departamentos do centro coordinou este traballo, que tivo como resultado o festival das Letras, a decoración da entrada do centro e, fundamentalmente, a descuberta e disfrute da obra Manuel María.

















Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 04-06-2016 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Os soños na gaiola




Celebremos as Letras Galegas na rúa, con música e poesía!
A Banda da escola de música de Rianxo e os nenos e nenas do CEIP Ana Mª Diéguez ofrécennos un concerto homenaxe a Manuel María con poemas dunha obra que coñecemos moi ben.
Lourenzo saiu ben cedo para que o día das Letras Galegas sexa aínda máis fermoso. Vémonos no Campo ás 12!
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 17-05-2016 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
As nosas Letras



?A fala?

O idioma é a chave

coa que abrimos o mundo:

o salouco máis feble,

o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,

o coitelo da dor,

o murmurio do vento,

a palabra de amor.

O idioma é o tempo,

é a voz dos avós

e ese breve ronsel

que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,

patrimonio do pobo,

maxicamente vello,

eternamente novo.

O idioma é a patria,

a esencia máis nosa,

a creación común

meirande e poderosa.

O idioma é a forza

que nos xungue e sostén.

Se perdemos a fala

non seremos ninguén!

O idioma é o amor,

o latexo, a verdade,

a fonte que agroma

a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma

é ser mudo e morrer.

Precisamos a língua

se queremos vencer!


Manuel María
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 17-05-2016 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Letras Galegas

Tomamos a imaxe do grande debuxante galego Luís Davila para desexar a tod@s os que día a día mantedes viva a nosa lingua e a nosa cultura un Feliz Día das Letras Galegas.
Moito ánimo e forza para darlle mil primaveras máis á nosa lingua. BBS


Para ver máis traballos de Luis Davila entrade no seu blogue: O Bichero
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 17-05-2015 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Benvido, maio!

Xestas. Imaxe tomada de Fotos de Rianxo.

Benvido, aínda que veñas cargadiño de chuvia. O sol xa chegará... Porque mirade como lucen as xestas nun día de sol e ceo azul.
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 01-05-2015 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
NÓS SOMOS ROSALÍA

O venres celebramos a homenaxe a Rosalía. Levabamos toda a semana traballando nas aulas sobre a súa vida e a súa obra e quixemos xuntarnos tod@s para agasallarnos con poemas e flores e lembrar a importancia que Rosalía ten para a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa identidade.

Ao longo da semana fomos vendo poemas e imaxes de Rosalía no espazo central do cole e tamén como os nosos "mañosos oficiais" argallaban algo cunhas mesas vellas. Algo estaban tramando e o venres 27 tivemos a resposta


Ao rematar, tras compartir poesía e flores, a BBS agasallou a tod@s cun broche de Rosalía que luciu e lucirá sempre que queiramos nas nosas roupas para manter vivo o seu legado.

VIVA ROSALÍA, SEMPRE!




A nosa sección bilingüe tamén traballou sobre Rosalía. Mirade que coloridos retratos fixeron:



Comentarios (1) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 01-03-2015 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
24 de febreiro: Día de Rosalía

Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 24-02-2015 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Mil primaveras máis para a nosa lingua



As miñas invencións e as miñas maxias teñen, nembargantes, un senso máis fondo: por riba e por baixo do que eu fago, eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. (...) Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis'".

(Palabras pronunciadas por Álvaro Cunqueiro na homenaxe que se lle rendeu en Vigo o 25 de abril de 1980)

Campaña de Prolingua de compromiso coa Lingua Galega que se está a desenvolver no mes de maio.

A Biblioteca Brea Segade convídavos a celebrar o Día das Letras Galegas, que é noso, como nosas son a lingua e a cultura. É un día de festa pero tamén de compromiso, porque da nosa actitude na casa, na escola, na aldea,.. no mundo, depende o futuro do galego, o noso futuro.


Por nós o galego terá mil primaveras máis.


Feliz Día das Letras galegas!
Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 17-05-2014 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Solidario Letras Galegas 2014

Comentarios (1) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 15-05-2014 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
A lus do mundo
Un poeta nace ou faise?
Esta pregunta é o punto de partida deste documental no que os rapaces do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz redescubren ao seu poeta, Xosé María Díaz Castro.
Unha nova mostra do enorme traballo desta comunidade educativa para recuperar e poñer en valor a memoria do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014.


Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 15-05-2014 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Telexornal Díaz Castro
O CPI dos Dices de Rois elabora cada ano un telexornal sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas. Aquí temos o Telexornal Díaz Castro que foi emitido en directo pola TVG o 10 de abril de 2014.

Damos os parabéns ao alumnado e profesorado do CPI dos Dices polo seu traballo e agradecemos o esforzo que fan por divulgar as nosas letras e os nosos escritor@s.


Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 14-05-2014 08:10
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0