biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

De viaxe
Novo destino para as nosas Mochilas Viaxeiras e xa van tres.




No sorteo



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-12-2015 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Catarina, o oso e Pedro


Hoxe Laura, Álex e Alexia leváronnos dar unha volta polo mundo. Catarina e o Oso recibiron a visita do seu curmán Pedro, saudáronse e sairon sen rumbo polo mundo... Viaxaron facendo carreiras, ás veces en carro, ás veces moi lento e outras moi rápido, ás veces nadando ou saltando...
Catarina, o oso e Pedro de Christiane Pieper, é o segundo álbum con Catarina e oso como protagonistas e nos dous casos, destacan as preciosas ilustracións que acompañan unha historia sinxela e divertida, sobre todo se ao imitamos aos protagonistas a medida que lemos a historia.



Graciñas, contador@s!
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 01-12-2015 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
As dentaduras de Paco Palma
Ruth, Elena, Sandra e Noelia foron as contadoras esta semana. Escolleron a historia de Paco Palma, un carteiro con dúas dentaduras, unha laranxa para comer e outra branca pensar. As dentaduras de Paco Palma de Mercedes Pérez Sabbi e Renata Gallio é unha historia fantástica e moi divertida na que suceden cousas incribles a medida que o carteiro se vai atopando con outros personaxes.
As nosas contadoras desta semana tiveron a biblioteca chea, chea de público e pese aos nervios dun principio, conseguiron manternos a tod@s ben atentos ata o final. Este martes o conto pasou a contarse na Hora de Ler porque no recreo a BBS estaba ocupada, así que varias clases decidiron vir ao completo a escoitar a Paco Palma.
Foi unha boa experiencia. Grazas Ruth, Noelia, Sandra e Elena!












Moi ben, contadoras!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 27-11-2015 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxando
As Mochilas Viaxeiras continúan viaxe, pasaron brevemente pola BBS para "repostar" e xa están en sete novas casas. As axudantas desta semana encargáronse do sorteo que, coma sempre,foi seguido con expectación.








Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-11-2015 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
O Grúfalo
Helena e Carla escolleron O Grúfalo de Julia Donaldson e Axel Sheffler para o seu primeiro conto deste curso. O Grúfalo é unha fermosa e divertida historia sobre o medo e o inxenio, que se convertiu nun clásico da literatura infantil e que temos a sorte de poder gozar na nosa lingua grazas á editorial Patasdepeixe.
Aos que vos guste o Grúfalo tanto coma a nós nos deixedes de visitar a súa páxina oficial. Si, si, lestes ben, ten páxina oficial, con xogos e moita información sobre o conto e a súa autora. Está en inglés pero paga a pena facer un esforzo, poñer os vosos coñecementos de inglés en funcionamento e visitala.

Páxina oficial do Grúfalo

Graciñas Carla e Helena por traer aos recreos da BBS unha das nosas historias favoritas e por facelo tan ben.




Anunciando o conto



















Bravo, contadoras!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-11-2015 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Espantallo amigo
Hoxe fomos ao teatro.
Levabamos semanas lendo e traballando sobre o Espantallo amigo de Xosé Neira Vilas e hoxe puidemos ver no Auditorio de Rianxo a adaptacióbn teatral de Os Quinquilláns. Tivemos a sorte de ver como cobraban vida ante os nosos ollos eses personaxes que coñecemos en forma de novela e que imaxinamos coa axuda das ilustracións de Xaquín Marín: o espantallo, o tío Ramón, Penexo, Xirimía e o grilo. Os merlos pasaron ser unha merla vella que nos gañou a tod@s desde o primeiro momento.
A novela pasou ser texto teatral pero mantivo a esencia: o valor da amistade, o respecto e fondo coñecemento do mundo rural, da nosa tradición e da nosa lingua, o respecto polos meniños e meniñas como lectores/as e público, a calidade...

É unha ledicia poder "ler e ver" un clásico da literatura infantil galega e saber que o espantallo se mantén vivo entre os nosos meniños e meniñas.


Grazas aos Quinquilláns e a editorial Galaxia.
Grazas, Neira Vilas!


Comentarios (12) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 12-11-2015 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Familia C
Marta e María foron hoxe as contadoras do recreo da BBS. Levaban tempo preparando o conto e así o fixeron tan ben.
Escolleron un álbum ilustrado que recibiu o Premio Internacional Compostela no ano 2010.
Familia C de Pep Bruno e Mariona Cabassa fálanos dun día calquera dunha familia normal que ten unha afección especial.
Se mirades con atención a portada podedes descubrila, pero mellor pasade pola biblio e buscade o conto, havos gustar! Case tanto coma a nós nos gustou escoitalo de Marta e María.




Preparadas para anunciar o conto












Ben feito, contadoras!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-11-2015 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Saíron as Mochilas Viaxeiras!
Este mércores comezaron a súa viaxe sete Mochilas Viaxeiras, unha por clase.
Cando chegamos á mañá xa estaban preparadas, agardando para saír.



No recreo, antes do conto, realizouse o sorteo, coma sempre con grande expectación; era o primeiro deste curso.




Comeza o sorteo




Aí vai a primeira!




Número...


As Mochilas marcharon para as casas de Noa, Ainara, Marta, Pedro, Sergio, Breogán e Fátima.



Boa viaxe Mochilas!
Boas lecturas en familia rapaces e rapazas!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 06-11-2015 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
El mágico mundo de los periódicos
Silvia, Patri e Laura foron as contadoras desta semana e decidiron explicarnos por medio dun conto que son os periodicos, para que valen, quen os escribe...
El mágico mundo de los periódicos de María Oset e Beatriz Menendez, ten coma protagonista a un meniño que quere saber que é un xornal e que ao ir descubríndoo fai que o descubramos nós tamén.
Grazas contadoras por lembrarnos a importancia dos xornais e todo o que nos poden ofrecer.
















Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 06-11-2015 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
Onde perdeu Lúa a risa?
Onte os profes quixemos facervos un agasallo para celebrar o Día da Biblioteca e preparamos un conto que ten un toque de misterio, como a nosa biblioteca este curso: Onde perdeu Lúa a risa?

O resultado foi un conto dramatizado cun "toque de misterio e de humor". Esperamos que vos gustara; nós pasamolo moi ben e atopamos a risa de Lúa, as vosas e as nosas. :-)

Lembrade que agora vós tedes que resover un enigma, cada clase o seu. Agardamos as vosas solucións na BBS ao longo desta semana.








Onde perdeu Lúa a risa?




Grande expectación!




Os narrador@s








Lúa, Daniel e a súa nai






O gato








A vaca








A ra




O lobo entrando en escena













A curuxa




Aí vén a risa de Lúa




Xa está!




Apareceu!




A lúa no ceo tamén se ri






Bravo!






Agora sodes vós os que tedes que atopar respostas...



Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-10-2015 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Vacas na cidade?
Hoxe Iria e Andrea, dúas expertas contadoras de sexto, abriron os contacontos do recreo deste curso. E non nos encheron a biblioteca de vacas de todas as cores? Pois si, Vacas na cidade de An Alfaya foi o conto que escolleron.
Temos todo un curso para gozar contando e escoitando contos nos recreos da BBS. Animádevos a participar!











Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-10-2015 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Libriño investigador
A nosa mascota xa está preparada para acompañarnos na campaña da biblioteca deste curso, hoxe, preparamos os nosos marcapáxinas novos para a Hora de Ler cun Libriño investigador.
Mirade que chulos quedaron!


















Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 16-09-2015 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Hora de Ler

O venres pasado comezamos a Hora de Ler deste curso e recibimos unha sorpresa: novas caixas para cada clase cun feixe de libros, para poder empezar lendo desde o primeiro día.
Boas lecturas para tod@s!






Todo listo para a 1º Hora de Ler




A caixa de 1º




A caixa de 2º




3º coa súa caixa




5º A coa súa caixa





Cuarto coa súa caixa
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 16-09-2015 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Libros que veñen e van
Aquí están as nosas recomendacións de lecturas para este verán. Xa sabedes, pasade pola BBS para encher as vosas bolsas de "libros que veñen e van".


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-06-2015 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Por fin!

Por fin Noa e Lucas levaron as mochilas viaxeiras para casa!
Tiveron que esperar, foron os últimos deste curso e xa estaban un pouco moscas, pero hoxe estaban así de content@s cando viron os seus nomes pendurados do sol das mochilas. Agora, xa sabedes, aproveitádeas a tope, tedes dúas semanas.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-06-2015 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [25]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0