Despois de meses de traballo, o obradoiro de teatro de 6º estreou o venres 25 de maio a obra
Festa no xardín.
Trátase dun texto teatral de Emilio González Legazpi publicado na Biblioteca do Arlequín da editorial Sotelo Blanco en 1987, que mereceu o 1º premio do Concurso de Teatro Infantil e Xuvenil do concello de Xove en 1985. Pese aos anos pasados desde entón, a obra segue conectando cos nenos e nenas de hoxe en día polos temas que trata: conservación da natureza, amizade, cooperación, necesidade de ver máis alá da beleza exterior...
Grande expectación na nosa escola, moitos nervios, moito público convidado e unha función que resultou un éxito. Puidemos ver o bo facer de todos os alumnos e alumnas de 6º e de Teresa e Jose Luis, mestres que coordinaron o taller.
Teremos que esperar ata o trece de xuño, día que nos visitán as unitarias de Buía, Capela, Cuvide, Outeiro e O Cruceiro para asistir a un segundo pase.
Mentres tanto, para lembrar o ben que o pasamos, non deixedes de visitar a
galería e se queredes, buscade na sección de teatro da biblioteca o libro no que están os textos.