biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Primeira viaxe das mochilas
As nosas mochilas xa voltaron da súa primeira viaxe e están a pasar a Pascua noutras casas. Cada martes no recreo seguiremos realizando tres sorteos, un para cada ciclo, e todos os venres, ata o final de curso, as nosas mochilas sairán rumbo ás casas dos afortunad@s; aquí temos aos tres primeir@s:

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-03-2008 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
A Mochila Viaxeira

O próximo venres sairá a Mochila Viaxeira a visitar ás tres primeiras famílias. Estarán nas casas d@s nos@s alumn@s durante unha semana, e despois voltarán para contarnos que tal foi todo. Desta volta van libros, películas, CDs, guías para pais e nais, e un fermoso caderno de viaxe para ir enchéndoo de todas as sensacións que nos transmitiu a nosa mochila viaxeira. Comeza a viaxe.
Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 05-03-2008 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
Afortunadas lectoras
Noraboa a Ana e Arantxa de 6ºA, que foron as gañadoras do sorteo do último libro de Harry Potter. Esperamos que esta última entrega da saga vos guste tanto como esperabades. Agardamos impacientes as vosas opinións.
Para o resto dos participantes no sorteo, paciencia, non habedes tardar en lelo vos tamén.
Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-02-2008 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Contos con Celso Fernández Sanmartín

O mércores pasado tivemos unha visita especial en Educaldea. Celso Fernández Sanmartín, poeta e contador de contos para todas as idades, estivo co alumnado de primeiro e segundo ciclo. Foi un tempo de contos e tamén de cancións, onde houbo momentos de quedar coa boca aberta prendid@s na emoción do que escoitabamos, momentos de escachar a rir e momentos de nos sorprender con desenlaces inesperados. Celso encantounos a tod@s, profes e nen@s, coa maxia dos contos e a maxia dun bo contador de historias.
Comentarios (4) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 17-02-2008 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Charla de Xesús Santos en Asados
O venres 8 de febreiro, dentro das actividades que estamos desenvolvendo sobre Castelao os alumn@s de 5º e 6º acudiron ao CEIP Ana Mª Dieguez de Asados para asistir a unha charla de Xesús Santos Suárez. Santos é mestre xubilado, poeta , investigador, escritor de ensaios sobre a historia de Rianxo, director e actor de teatro e sobre todo bo coñecedor da cultura e historia de Rianxo.
Falou sobre Castelao, sobre detalles da súa infancia e anécdotas da súa vida. Leunos unha carta escrita por Castelao cando aínda era un neno e vivía en Arxentina e axudounos a entender mellor o enorme valor da súa obra. Gustounos a charla e a oportunidade de volver ver aos compañeir@s de Asados.
Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-02-2008 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
Xa van alá moitos anos...
Xa van alá moitos anos e aínda hoxe teño remorsos.
Non había antroido que deixasen de vir á miña casa dúas máscaras choqueiras. Sempre os dous mesmos esterqueiros, coas mesmas caretas, cos mesmos traxes, cos mesmos ditos. Eles sabían un segredo amoroso da miña mocidade e todos os anos viñan chantarmo na cara; coas mesmas verbas, coas mesmas gargalladas paifocas.
As dúas máscaras batían o chamador da miña porta todos os domingos de antroido. Xustamente todos os anos, no mesmo día e á mesma hora. Eu adoecía por descubrilos; pero endexamais logrei nin tan siquera unha sospeita guiadora. Eles chamaban, entraban breaban o meu segredo, rían a cachón e logo fuxían deixándome alporizado de carraxe.
Un ano convideinos con augardente? e púxenlles diante unha garrafa chea de purgante Leroy (medicina que agora xa non se estila). Os choqueiros cheiraron o augardente, probárono con sospeita, baduaron algúns chistes á miña conta, arrombaron as gorxas e pouco a pouco foron enviando a garrafa enteira; de modo que a cada un cadroulle de tomar quince purgas, pola baixa. Ían ben servidos os malpocados!
O meu divertimento durou pouco. Axiña de se marcharen comezaron os remorsos a rillar na miña conciencia. Eu era un criminal e o suor frío do arrepentimento corríame polo corpo. Eu saín da casa en procura dos choqueiros. Cacheei tabernas e bailes de tranca e as máscaras non apareceron; preguntei a moita xente e ningúen soupo darme razón deles. A mañanciña do luns colleume aínda na rúa, todo apouvigado, en procura dos choqueiros?
Endexamais volvín a velos diante de min. Endexamais! E quedoume un remorso tremendo porque? morrerían?

Alfonso D. R. Castelao
Cousas

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 04-02-2008 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Guerra ou chocolate?
Dentro das actividades que se realizaron en Educaldea no Día escolar pola paz e a non violencia, puidemos visionar a montaxe "Marce, o carteiro" realizada pola biblioteca escolar do CEIP de Pazos en Serantes (Ferrol). Marta Conde e Dani Lorenzo léronnos a historia dun carteiro que tiña que entregar unha carta moi importante. Grazas a ese conto poidemos berrar sen ningunha dúbida: CHOCOLATE!!!
Ao remate saboreamos o chocolate e os churros convencid@s de ter feito a mellor escolla e de que o mundo sería moito mellor se tiveramos máis ocasións de compartir contos e doces.


Grazas á biblioteca do CEIP de Pazos.
Para ver máis sobre as actividades do Día da Paz visita Educaldea.
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 04-02-2008 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
Illas
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-01-2008 01:38
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Luís Axeitos Agrelo en Educaldea
O profesor, investigador e académico da lingua Xosé Luís Axeitos Agrelo virá este venres 25 a Educaldea para ter un encontro co alumnado de 5º e 6º do noso centro e do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e falar sobre Castelao.
Axeitos é natural de Rianxo, da parroquia de Asados. Entre os seus traballos de investigación destacan os estudos sobre os escritores galegos no exilio e moi especialmente sobre os autores rianxeiros.
Esta é unha actividade programada conxuntamente polos equipos de normalización lingüística dos centros de Taragoña e Asados e está enmarcada dentro do traballo sobre Castelao que ao longo deste mes se está a desenvolver nas nosas escolas.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-01-2008 01:29
# Ligazón permanente a este artigo
Ai, miña nai!
E tantos anos despois ...
Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-01-2008 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
E a ti, que che preguntan?
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-01-2008 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas d@s nen@s
A escolma de debuxos de Castelao publicada pola Editorial Galaxia baixo o título Cousas dos nenos é a base sobre a que xira a nosa exposición e boa parte do traballo que estamos a desenvolver nas aulas. Se te gustan as láminas que hai na entrada do colexio busca na exposición este libro para seguir gozando das "cousas da vida dos nenos e nenas" a través dos ollos de Castelao.
Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-01-2008 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Respectable público

Xaneiro é un mes importante en Rianxo, mes para conmemorar aos nosos escritores máis sobranceiros: Castelao, Dieste, Manuel Antonio e tamén a Xosé Mª Brea Segade.
Este curso Castelao vén á nosa escola para que o coñezamos un pouco mellor e para que podamos gozar dos seus relatos, dos seus debuxos e do seu pensamento. Non imos ser só nós quen recibamos a Castelao na nosa escola, @s compañeir@s do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e do IES Félix Muriel tamén están a conmemorar o mes no que naceu e finou o rianxeiro máis universal.
Respectable público: estade atent@s, Castelao acaba de facer entrada nas aulas, nas bibliotecas, nos blogues... nas nosas escolas.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-01-2008 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos de Kalandraka

O venres 14 foi un día completo, ademais de inaugurar o noso Museo tivemos a visita de Ana e Pablo que encheron a nosa biblioteca da maxia dos contos e da música. Nesta ocasión foron @s de 1º,2º e 3º @s que poideron escoitar algunha das novidades da editorial Kalandraka por boca de Ana e aderezadas coa música de clarinete, frauta, tambor, pandeireta e pandeira interpretada por Pablo.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 18-12-2007 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro para regalar
Ao longo dunha semana acollimos na nosa escola unha exposición de libros de diferentes editoriais dentro da campaña de Nadal " Un libro para regalar". Buscábase que tod@s, grandes e pequen@s, escolléramos entre os libros da exposición algún que nos parecera un bo presente para regalar ou para que nos regalasen. Ese libro pasou a ser unha recomendación de lectura exposta no taboeiro da entrada da biblioteca para que tod@s puidésemos compartir as nosas preferencias. Moit@s non puideron resistirse e recomendaron máis dun libro, é que había moito onde escoller!
A exposición foi un éxito. Por ela pasamos alumn@s, profes, pais e nais, antig@s alumn@s... Seguro que neste Nadal moit@s recibiremos algún bo libro como presente.

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 17-12-2007 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0