biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Contacontos en outubro
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 11-11-2008 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
Indo para o Samaín
No recreo do venres 31, despois das emocións fortes da entrada e para continuar gozando do Samaín, os compañeir@s de 5º curso xunto con Adrián e Iván de 4º, fixeron unha lectura dramatizada da obra de teatro Indo para o Samaín. Trátase dun texto escrito por Carlos e Sabela Labraña e publicado por Everest.
Temos que facer máis teatro; moito nos gusta a tod@s, a público e a actores e actrices!



Comentarios (19) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-11-2008 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
29 historias disparatadas
Os alumnos e alumnas de 4ºB recomendávosvos ler o libro de 29 historias disparatadas. Nel atoparedes contos moi especiais, grandes e pequenos, divertidos e disparatados que vos van facer rir. Fixádevos nos debuxos, sin moi simpáticos e chistosos.
Ademais 29 historias disparatadas é un libro que vos pode ensinar a facer historias curtas que non sexan sen graza e botedes media hora a lelas. Todo o mundo pode facer unha así.
As dúas historias que máis nos gustaron aos de 4ºB son a da Super nai e a da muller co gato que comía cada vez máis.
Lédeas!

4ºB

29 historias disparatadas
Ursula Wölfel
Kalandraka
Comentarios (4) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-10-2008 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Volven os contacontos!

Este martes Pepa e Esperanza abriron a tempada de contacontos con Marea Negra de Pepe Carreiro, un dos contos da exposición central da campaña Mergullate na Lectura.
Xa sabedes, a cita é todos os martes no recreo, animádevos a participar.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 08-10-2008 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Ler no verán
Aquí vai o noso tríptico de recomendacións de lecturas para o verán. Seguro que xa estades gozando destas e doutras moitas.




Lembra, preme en OPEN PUBLICATON para velo en grande e unha vez aberto podes premer en cada páxina para facela máis grande e lela mellor.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 06-07-2008 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
A caza do tesouro
Na última semana do curso todas as clases participaron nunha caza do tesouro un tanto especial, na que primeiro resolveron preguntas coa axuda dos nosos blogues e despois descifraron unha pista que os levou até un tesouro moi valioso para este tempo de lecer. E é que falando de tesouros, que mellor que O tesouro de Carraxe Sieiro, unha aventura do pirata Trasmallo en banda deseñada, que ademais está ambientada en Rianxo. Gochi é o seu autor e o noso concello foi quen a editou e quen nos agasallou con exemplares para tod@s.

Boa lectura, piratas!



Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 30-06-2008 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Premios Letras Galetras
Noraboa a tod@s os que participastes no concurso; demostrastes que tedes grandes dotes de investigador@s.
Fostes moit@s @s premiad@s, esperamos que gocedes neste verán co libro Roseira do teu mencer de Xosé Mª Álvarez Blázquez e que usedes os bolis tal e como eles mesmos vos suxiren: Úsame en galego.
Estes son os nomes dos gañador@s e dos finalistas.

Gañador@s do 1º ciclo
Marcos Rial
Alba Vicente
Aida Barro
María Fungueiriño
Lucas Tarrío
Marío Rodríguez
Carla Pedrouzo
Marcos Otero
Alan Otero
Brais Rial
Marta Eiras

Gañador@s do 2º e 3º ciclo
Alba Pérez
Ana Lucía González
Daniel Fernández Romero
Uxía Rial
Sandra Somoza
José Ramón Fachado
Diego Fernández Dieste
Óscar Ariz

Finalistas
José Iglesias
Diana Ramos
Sarai Cajaraville
Julián Villanustre
Simón López
Teresa Novo
Adrián Figueira
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-06-2008 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Pesadelo
O grupo de cuarto presentounos no festival das Letras Galegas o poema Pesadelo de Xosé Mª Álvarez Blázquez musicado e cunha coreografía ben impactante. Agora podemos escoitalo e velo de novo.


PESADELO

A noite brúa no candil de ferro
e o meu sono, que estaba recollido,
debátese cal cervo malferido
decontra os murallóns do seu encerro.

Fóra, me chama con urxente berro
aquela voz que eu tiña xa esquecido.
Saio tras dela... Pero vou perdido
e toda a noite polos montes erro!

Logo comenza a verdecer a viña,
mentres os ourioles en bandada
regalan co seu bico a ialma miña.

Érguese o fino vento da alborada
e o sol vén sementando unha rapiña
alí onde a lúa aínda está acochada...

Xose Mª Álvarez Blázquez


Comentarios (12) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-06-2008 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
Na Biblioteca Pública Municipal Castelao
Segundo e Terceiro ciclo tamén visitaron a Biblioteca Municipal no mes de abril. Estas visitas centráronse nos servizos que se ofertan desde a biblioteca e en como utilizalos. Divididos en pequenos grupos os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º participaron nun xogo de pistas que Sofía preparara para que puxeran a proba a súa capacidade de busca de información e os seus coñecementos sobre a organización dos fondos nas bibliotecas. O xogo resultou moi ben en todos os grupos. Graciñas Sofía.


Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-05-2008 01:10
# Ligazón permanente a este artigo
De como veu a Rianxo unha balea
" Cando eu era rapazote(non quero botar a conta dos anos que van alá) chegou un día a Rianxo, paréceme que ás dez e media da mañá, unha balea. Algúns, para lle restar mérito á nosa vila, din que era unha balea moi pequena, unha criaturiña de balea. Faladurías, envexa, non saben o que din. Eu non digo que fose coma un consistorio a aboiar pola ría, non son tan argalleiro; pero a eslora dun patache poida que a tivese ben, e aquí entre vós hai outros que a viron e poden dar razón. E os que non a viron que pechen a boca."
Así comeza un dos relatos de Rafael Dieste na súa obra Dos arquivos do trasno e así descubriron os nenos e nenas de primeiro e segundo que xa hai moitos anos unha balea viñera a Rianxo. Ese descubrimento fixérono na Biblioteca Pública Municipal Castelao da man de Sofía Carou, a bibliotecaria. Descubriron tamén que na biblioteca de Rianxo poden atopar moitos libros para ler e ordenadores nos que buscar información e que ademais oferta actividades para el@s xusto cando a biblioteca da nosa escola está pechada.
Para @s que queredes saber que pasou coa balea de Dieste, buscade Dos arquivos do trasno ben na sección de escritor@s rianxeir@s da nosa biblioteca ou da Biblioteca Municipal.


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-05-2008 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos en abril



EN ABRIL LIBROS MIL!




Durante todo o mes de abril este lema presidiu a entrada do noso centro e levamos a cabo moitas actividades para celebrar que nos gustan os libros, que nos gusta ler e que nos gusta compartir as nosas lecturas.
Os contacontos nos recreos do mes de abril foron unha boa mostra. Foi o mes con máis contadores e contadoras de contos, houbo varias semanas con dous días de contacontos no recreo e ademáis por primeira vez se leu un conto de produción propia. Que máis se pode pedir?


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 01-05-2008 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos en marzo
Un clásico, Pirracas e as patacas e unha das novidades da biblioteca, Babaiaga, foron os contos de marzo. Só foron dous por cadrar neste mes as vacacións de Pascua, pero a cambio incorporamos cinco novas fichaxes á nosa selección de contador@s de contos.Cada día somos máis!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 12-04-2008 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos en febreiro
Despistamos algunhas fotos pero en febreiro ademais de moito Entroido tamén houbo contos nos recreos.

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-03-2008 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos en xaneiro
Os nosos recreos continúan cheos de contos no 2008.


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-03-2008 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos novembro
Aquí está, con bastante retraso pero xa se sabe que máis vale tarde que nunca.


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-03-2008 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0