biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Contacontos en marzo
Neste mes de marzo tivemos dous contacontos especiais porque neles se estrearon coma contadoras cinco rapazas de terceiro, e que ben o fixeron!
Ainara, Alba e Aida leron para nós A casa mais grande de Leo Lionni e Nuria e María O oso e o corvo de Monika Klose.









Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 01-04-2009 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
A GAITA, O GAITEIRO E OS LOBOS
Fermoso poema da coñecida historia da gaita e o lobo. Esta versión poetizada foi publicada en El Compostelano, 3 de Agosto de 1928.

A GAITA, O GAITEIRO E OS LOBOS

Non é conto... Certo foi!
outros moitos, e buliron
ventos, por onde non doi.
Na parroquia do Aparral,
terra da vila das Pontes,
-entre ríos, vales e montes,-
do partido ortigueiral.
Vindo unha noite das fías
un gaiteiro e seu rapaz,
tras os ouveos dos cans,
ouviron... non ladaíñas!
Dous lobos, no amencer
famentos lobos, ouvean:
e carne humana olfactean
e xa chegan para comer.
Nisto, o gaiteiro berrou:
e co rapaz xa rubindo
por un carballo, ruxindo,
cheo de medo rosmou:
- Os lobos! Quen ollara
nosa vida, ou nosa morte?
Eles son dous; polo norte
ben os vin! Xa chegan, xa!-
E logo os lobos chegaron
a ouvear na carballeira,
e do carballo na beira
coas pouta ben acovaron.
O redor do carballiño
unha cova eles fixeron:
para que caira, lles deron
ás poutas moito camiño...
E viña abaixo, o carballo:
mais, lixeiriño o gaiteiro,
e seu rapaz, ben lixeiro,
brincan noutro... Bo traballo!
E foi co fol, o brincar
o gaiteiro, -sen xa ter
nin forzas para o soster-
co roncón deu en roncar.
Feitos dous cans de palleiro

os lobos foxen brincando:
tolos, de medo, ouveando
pola gaita do gaiteiro.
Dera co cóbado ao fol
o gaiteiro, sen querer,
e despois, houbo que ver:
salvos viron vir o sol!
Rindo, o gaiteiro e o rapaz
déronlle entón a gaitiña,
até chegar á casiña,
sempre ollando para atrás.


José Fernández Merino

Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-02-2009 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
As nosas lecturas
Desde 4º B queremos compartir as lecturas que fixemos na nosa clase nestas últimas semanas. Algunhas delas axudáronnos a preparar a visita de Kiko Da Silva.


É un libros precioso que se titula a Memoria das árbores. Está ilustrado por Kiko Da Silva, escrito por Xosé Antonio Neira Cruz e publicado por Kalandraka.
Trata dun neno e da árbore que o seu pai plantou o mesmo día que el naceu. Recomendámosvolo!!




Recomendámosvos o conto: Que contan as ovellas para durmir? de Kiko Da Silva, publicado por Galaxia na colección Árbore. É un conto sobre unha ovella chamada Bee que non sabía que contar para durmir e lle andaba a preguntar a moitos animais ata que o descubriu.



Tamén queremos recomendarvos o libro de La leyenda de Boni Martín. Trata dun neno rico que vai vivir ao Castañar, un pobo fermoso pero moi pobre, cando o seu pai finxiu que se arruinara. Alí coñeceu ás súas curmás e ... non vos contamos máis porque esperamos que o leades.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-02-2009 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos de Kalandraka
O martes 17 a nosa biblioteca rebordou de actividade ao longo de todo o día. A primeira hora da mañá, xusto antes da chegada de Kiko Da Silva, os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º recibiron aos contadores de Kalandraka, que nos deleitaron coas últimas novidades desta editorial, acompañadas coa boa música que Pablo sempre incorpora aos contos.



Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-02-2009 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
Sígueme!
Andrea, Romina, Alba e Carla, que xusto este venres estivo enferma e non puido vir, prepararon para o día antes de San Valentín unha historia de amor diferente e que non ten nada de rara. Foi a nosa homenaxe ao AMOR, de calquera tipo, sen deixarnos limitar por datas concretas nen tópicos.
Sígueme de José Campanini, con ilustracións de Roger Olmos e publicado por OQO é unha preciosa historia de amor, con ilustracións cheas de detalles que enriquecen o texto. Ademais nesta ocasión tamén soou na biblioteca o tema que creou Almudena Janeiro sobre este conto e que se inclúe no libro-CD Contos en cantos



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 16-02-2009 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Se eu fose moi delgado
Esta semana aínda que tivemos un día menos de clase por mor dun novo temporal houbo dobre sesión de contacontos.

"Se eu fose moi, moi delgado podería entrar na casa polo buraco da pechadura e rir ás gargalladas ao ver os meus avós tan asustados. Podería poñer os pés enriba dos seus ombros e procurar as cousas esquecidas que hai sempre encol dos armarios."

Carlos e Raúl levaban tempo querendo contarnos "Se eu fose moi delgado", conto de Antonio Mota publicado por Kalandraka. Non sabemos se eles xa experimentaron as fantásticas aventuras que conta esta historia, porque a verdade é que os dous son moi delgados, pero o que sí sabemos é que nos fixeron rir e o público non perdeu detalle.








Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 15-02-2009 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Amor e libros
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra está dedicado este ano ao amor, e na nosa biblioteca neste mes de febreiro os contacontos dos recreos falarán tamén de amor.
Comezamos coa escolla de Alicia, Sarai, Amanda e María: Los amantes mariposa.
Trátase dunha lenda anónima xaponesa editada por Edelvives e que ten unhas belísimas ilustracións de Benjamin Lacombe. Recomendámosvos visitar a súa páxina para ver outros traballos seus e por suposto ler esta fermosa historia de amor procedente dunha cultura diferente á nosa.









Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 09-02-2009 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos en xaneiro
Xaneiro trouxonos frío, vento, chuvia, apagóns... pero tamén bos contadores e contadoras e boas historias que compartir.

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 09-02-2009 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
De cores e de amores
Xa hai algunhas semanas que Gonzalo nos contou "De cores e de amores" unha fermosa historia de Xabier Docampo que podedes atopar na nosa biblio e da que aínda non deramos noticia no blogue. Cores, amores, bos contadores, bos escritores e bos libros para comezar cos nosos artigos do mes de febreiro.




Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 04-02-2009 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Lendo na Barbanza
E seguimos publicando recomendacións de lectura para este Nadal. Mira que tiñamos traballo pendente!
Neste caso trátase do tríptico editado pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza da que o noso centro é membro. Recóllense lecturas para todas as idades ambientadas na nosa comarca ou escritas por escritores e escritores da Barbanza.
Aproveitamos para dar a nosa noraboa á Coordinadora por esta iniciativa.


Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-12-2008 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Tras la pista del Yeti
Eu recoméndovos o libro de Xerónimo Stilton "Tras la pista del Yeti". É un libro con humor, misterios e segredos. Gustoume moito, por iso volo recomendo.

Aida. 3º Primaria
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-12-2008 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Smara
Samara é un libro que trata sobre o deserto, a avoa Ugago e un rapaz.
Os nenos e nenas de 4ºB fomos a biblioteca durante cinco sesións para lelo.
A min gustoume moito e a todos os da clase tamén lles encantou.
Recoméndovolo!!!

Amanda Mariño Rial e todos os compañeiros e compañeiras de 4ºB
Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-12-2008 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendacións de lectura para o Nadal
Aquí están as nosas recomendacións de lectura para este tempo de vacacións, resultado das escollas que entre tod@s fixemos na exposición "Un libro para agasallar".



Para velas con detalle clicade en Open publication.
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-12-2008 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Contacontos en novembro
Seguimos cos nosos contacontos nos recreos dos martes. Xa empezamos a ter "contistas enganchadas" que están anotadas para o segundo trimestre e que xa están preparando os contos. Así dá gusto!



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-12-2008 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
As mochilas retoman a súa andaina
Despois duns meses de descanso as mochilas viaxeiras volveron saír desde a BBS cara ás vosas casas. Neste curso contamos con oito mochilas, unha para cada clase, así que non han tardar en chegar a todas as casas. Outra novidade con respecto ao curso pasado é que botarán dúas semanas con cada un de vos, así teredes máis tempo para gozar dos libros, películas e CDs que van incluídos.
O venres sete no recreo celebrouse o primeiro sorteo e xa nese mesmo día Borja, Antía, María Fungueiriño, María Fernández, Marcos , Carlos, José e Sergio marcharon coas súas mochilas ao lombo.
Benvidas mochilas, alédanos contar de novo con vós!

Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 11-11-2008 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0