biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os nosos contacontos
Novembro e decembro trouxéronnos aos recreos dos martes contos de sempre e tamén algunha das novidades recén chegadas.
Marta, Alba, Diana, Helena, Nuria, María, Julia, Romina, Sara, Lucía, Alba, Alessandra, Carla e Antía foron as nosas contadoras de historias. Grazas por facernolo pasar tan ben.



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 18-12-2009 00:48
# Ligazón permanente a este artigo
No bosque
Esta semana estivemos No bosque con Tania e Nerea. Elas leron na biblioteca un conto de Anthony Browne que nos lembrou á Carapuchiña Vermella pero que nos sorprendeu porque está cargado de imaxinación e porque ten unhas ilustracións moi orixinais e moi coidadas.












Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-10-2009 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Tres princesas namoradas
Esta semana tres princesas moi especiais e un principe que non se daba decidido pasaron pola nosa biblioteca da man de María Dominguez. O conto Tres princesas namoradas foi escrito e ilustrado por Ánxeles Ferrer, quen nos visitou o curso pasado.
Xa sabedes, buscádeo na biblio se o queredes volver ler.









Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-10-2009 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
The elves and the shoe maker
O segundo martes lector deste curso tivemso a sorte de asistir á representación dunha obra de teatro en inglés interpretada por alumnos e alumnas de 5º: The elves and the shoemaker.
Estamos á espera da gravación da obra pero aquí vai un anticipo: os carteis anunciadores e o equipo que se encargou de publicitar a obra na entarda e nas clases.








Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-10-2009 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
EXCALIBUR NA BBS!












Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 11-10-2009 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
O mundo en galego
Hoxe pola tarde comezan na Biblioteca Pública Municipal Castelao de Rianxo as actividades do programa O mundo en galego que organiza OQO editora dentro da Campaña Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Levamos máis dunha semana relendo o programa e agardando pola tarde de hoxe.
Durante tres días teremos actividades para todas as idades:




Mércores 30
A grande viaxe: sucando mares, achegando historias( de 8 a 10 anos)

Animar a ler desde a casa (para pais e nais)

Xoves 1

Tremelicantemente tremelicante (de 9 a 12 anos)

Conta comigo (para familias)

Venres 2

Eu tamén animo (A partir de 8 anos)

Vémonos na Biblioteca Municipal!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 30-09-2009 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
O piano do seu sorriso
Aquí temos por fin a reportaxe da obra de teatro O piano do seu sorriso.
O luns 22 un grupo de rapaces e rapazas de 5º representaron unha obra de teatro escrita por Charo Pita e que eles mesmos traduciron ao galego. Trátase de O piano do seu sorriso, un texto sobre músicos e a música, sobre o traballo en equipo e sobre unha pantasma coas ideas moi claras.
Despois do éxito dos de cuarto con Boas noites, esperabamos con ganas o debut dos de quinto e non nos decepcionaron. Noraboa a Julia, Suso, Carlos, Lucía, Alex, Dani, Miguel, Sara e José Luis polo seu traballo e por facernos gozar do teatro unha vez máis. Grazas Charo polo teu texto e polo teu apoio.
E para o curso que vén ... máis teatro, por favor!



Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-06-2009 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxes e lecturas para este verán


Bo verán, boas lecturas e boas viaxes tamén coa imaxinación.
BBS
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-06-2009 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
Boas noites
Un grupo de alumnos e alumnas de cuarto representaron para nós a obra Boas noites de Paula Carballeira. A obra fala do medo e dalgúns dos seres que non nos deixan durmir polas noites e fala do tempo dos nenos e as nenas, máis ben do pouco tempo que hoxe en día teñen para enredar. Aínda que estes son temas serios a obra é moi divertida, tal e como puidemos ver grazas a estupenda interpretación de María Dominguez, Adrián, Sintayehu, Isabel, Simón, Gadea, Alicia, María Fernández Insua, Uxía, Iván, María Fernández Quintáns, Teresa e Jose Luís. Encantounos ver teatro de novo no Auditorio María Casares! Noraboa por tan bo traballo!
Xa sabedes, se vos gustou a obra buscade o libro na biblioteca e, como non, premede na portada do libro para ver as fotos.


Boas noites
Comentarios (4) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 08-06-2009 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
De cando a Ciclobiblioteca veu a Taragoña
Eran as doce e dez , o recreo a rematar e a prometida sorpresa sen aparecer... E entón escoitáronse uns timbrazos ao lonxe e pedaleando con ganas vimos chegar ...

- ao carriño dos xeados
- a un repartidor de lambetadas
- a un mago...

Escoitáronse todo tipo de explicacións, pero o certo é que ninguén atinou.
Era Anxo Moure, o atrapacontos, montado na súa Ciclobiblioteca coa que viñera pedaleando ata o Campo Maneiro. Sí, sí, subiu a costa toda coa Ciclobiblioteca. E é que agora sabemos que os contos tamén dan moita enerxía.
Anxo botou o resto do día con nós compartindo eses contos que atrapa por aquí e por alá. Encheu a nosa biblioteca de contos, de bo humor, de sentidiño comun e de moi bos consellos. Deixounos o seu Carballo con botas e moitas ganas de gozar da lectura e da natureza. Como sabemos que vos gustaron os seus contos deixámosvos aquí o enlace á súa páxina Contos Solidarios para que poidades ler algúns máis.

Gústanos moito esta foto con Fran, María, Carla e Diana na Ciclobiblioteca pero se premedes enriba da foto pequena poderedes ver todo o álbum da visita de Anxo Moure.

Anxo Moure e a ciclobiblioteca


Grazas Anxo, encantounos a túa visita.
Comentarios (13) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-06-2009 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
A visita de Anxo Fariña
E por fin chegou o día!
Pola mañá estiveron con Anxo Fariña os de 1º, 2º e 3º aprendendo a crear novos personaxes partindo de compañeiros reais, Borja de 1º e Arantxa de 3º.
De tarde os de 4º, 5º e 6º aprenderon a crear monstros como os que aparecen no seu último libro: A monstroescola. Que veñen os monstros!. Tamén houbo tempo para moitas preguntas e para asinar libros.
Visita o álbum de fotos.


Visita de Anxo Fariña
Comentarios (20) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 26-05-2009 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
Anxo Fariña vén á BBS
Mañá xoves estará con nós Anxo Fariña. Esperamos con ganas a súa visita porque coñecemos e nos gustan moitos dos seus libros e porque lembramos canto nos gustou a súa charla hai un par de anos.


Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 21-05-2009 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Gústame o chocolate e os libros
Grazas a dúas armadanzas de primeira categoría que escolleron o conto, o anunciaron polas clases e idearon unha sorpresa ben doce para rematar, celebramos o Día do Libro coma outros moitos días do ano: lendo, gozando xuntos dos libros e compartindo bos momentos. Pero ademais, que ben nos souberon as xoaniñas de chocolate!


Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-04-2009 01:55
# Ligazón permanente a este artigo
Agardando a Ánxeles Ferrer
Este ano celebraremos o día 2 de abril coa visita da escritora e ilustradora Ánxeles Ferrer á nosa biblioteca. As clases de 1º, 2 e 3º de Primaria levan xa unhas semanas traballando sobre ela e a súa obra.
Este é o tríptico que a BBS elaborou para preparar a súa visita.




Lembra, clica na imaxe ou en Open publication para ver o tríptico en grande.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 02-04-2009 00:46
# Ligazón permanente a este artigo
O meu pai foi rei
María Domínguez e María Fernández pecharon os contacontos do mes de marzo contándonos O meu pai foi rei de Thierry Robberecht.
Encantounos o conto que escolleron e tamén como o contaron.
E que temos unhas contadoras e contadores de primeira!




Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 01-04-2009 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0