biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tempo de acivros, tempo de libros: presentación



Aquí tedes aos nosos representantes na Presentación da Guía de Lecturas de Nadal deste ano durante os ensaios. Un dos poucos ensaios que tiveron e aínda así estiveron fantásticos introducindo o acto, cun texto de Agustín Fernández Paz e despois presentando dous libros: Poemas birollos para ler cos ollos de Fran Alonso e Lobishome de Jacobo Paz Limia. Noraboa rapaces e rapazas!


E noraboa tamén a os nen@s do CEIP A.D. Castelao e do CEIP Ana Mª Dieguez, as responsables de todas as bibliotecas e ao profesorado que se implicou no acto. Un ano máis concretamos o noso compromiso coa lectura e a cultura nun acto no que os nen@s e moz@s sodes os protagonistas. Como nos gusta vervos dándolle vida aos libros da guía!
Grazas a todas as familias que vos involucrastes levando aos vosos fill@s ao Auditoria esa tarde e a tod@s aos que nos acompañastes na presentación e axudastes a que resultara un éxito.












Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 18-12-2016 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro para agasallar
Chegou o tempo de Nadal e no Brea Segade chegou Un libro para agasallar, a exposición de literatura infantil e xuvenil coa que queremos achegarvos propostas de lectura e de música para que pidades ou agasalledes nestas festas.
Non deixedes de vir visitala, ata o mércores 21 en horario lectivo e as tardes de luns e xoves.
















As nosas recomendacións

















Comentarios (7) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 12-12-2016 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Os petos de Loreto
Como nos gusta na BBS ver contadoras e contadores que se estrean! Como nos gusta ter canteira!

Rita, Noa, Dália e Salma contáronnos Os petos de Loreto de Quentin Blake, unha fermosa e divertida historia co estilo inconfundible de Quentin Blake nas ilustracións. Fixéronno coma unhas auténticas profesionais! Mirade, mirade...




Anunciando o conto na entrada




Contadoras profesionais




















Moi ben, contadoras!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 01-12-2016 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Os tres porquiños
Alba e Nerea debutaron como contadoras da BBS o martes pasado. Escolleron unha adaptación dun clásico da editorial Kalandraka, Os tres porquiños. Fixéronno moi ben, vese que na Capela hai boa canteira de contadoras.




















Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-11-2016 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Mochilas Viaxeiras

Xa levan un mes viaxando polo Araño e Taragoña, pero non temos fotos do primeiro grupo de afortunad@s, un despiste!
Aquí está o grupo que as levou esta semana, falta Noemí que a recolleu un día despois.
Boas lecturas!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 28-11-2016 00:55
# Ligazón permanente a este artigo
Carta desde Arxentina
O último recreo lector foi especial. O alumnado de sexto preparou na Aula de Música unha versión músicada dunha carta que Castelao mandou desde Arxentina aos seus avós en Rianxo cando tan só tiña once anos.
Foi unha gozada escoitalos tocar e cantar un texto escrito por Castelao cando tiña a súa mesma idade.
Graciñas 6º e José Luis! Gustounos moito.





Anunciando a canción na entrada



















Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-11-2016 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
As pousadeiras do rei
Marta e Uxía fixéronnos rir nos contacontos do recreo con As pousadeiras do rei de Raquel Saiz & Evelyn Daviddi.

O rei dispoñíase a almorzar, como todos os días, no seu comedor real; e, ao sentar no trono? cravou un alfinete no cu! ?Ai! Ai! Ai! ?queixábase, suplicando axuda. Pero ninguén se atrevía a tocarlle as pousadeiras ao rei.


Con este comezo o conto prometía e así foi, unha historia divertida cunhas ilustracións moi cómicas que nos encantou.










Moi ben contadoras!!!

Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 14-11-2016 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
O Apalpador e a castaña máxica


Na semana do Magosto Helena, Carla e Antía escolleron O Apalpador e a castaña máxica de Xoan G. para os nosos contacontos dos recreos.
Magosto e historias que xa van anticipando o Nadal na semana que chegou o frío e a chuvia a Taragoña. Que boa escolla! E que boas contadoras!












Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-11-2016 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
A min non me comas!
Era unha noite sen lúa?
O reloxo daba a UNHA? DONG!
De pronto, Mateo espertou asustado. Escoitara un ruído detrás da porta, onde estaban colgados os abrigos. Mirou cara a alí, pero só viu unha sombra? Abriu moito os ollos, sen pestanexar, e a sombra transformouse nun? MONSTRO!






Clara, Ainara e Tíffani abriron os contacontos do recreo deste curso cunha historia especialmente escollida para a semana do Samaín. A min non me comas! de Margarita del Mazo e Vitali Konstantinov, é unha historia sobre os medos e como superalos.
Que gusto volver escoitar contadoras na BBS! E que ben o fixeron estas tres mozas de 3º!











Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-11-2016 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Moncho e a mancha
Comezaron os contacontos! Desta vez fomos os profes, os que decidimos preparar para vós un conto sobre un artista moi especial.



Nós pasámolo moi ben, agardamos que vós tamén, agora tócavos encher de contos os recreos dos martes.




Os músic@s










Músic@s e narradoras




Moncho
















Os amig@s de Moncho








O pai






A varredora






Minio, o mecánico




A muller na leira










Moncho artista










Grazas, profes e Tino! Hai que repetir :-)
Equipo da BBS
Comentarios (2) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-10-2016 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
No Souto de Isorna
O mércores 19 o Equipo de Dinamización Lingüística preparou unha saída para todo o cole pola parroquia de Isorna, tan cerca nosa e tan descoñecida. Foi un día especial: descuberta de lugares fermosísimos, convivio cos compañeir@s da clase e do cole en xeral, camiñata, xogos... E tamén poesía. Desde a BBS colaboramos cunha pequena escolma da obra de Faustino Rei Romero e algúns poemas de Xosé Mª Brea Segade para os máis pequen@s.
Aquí estamos, recitando no Souto de Isorna antes do xantar.





Primeiro




Segundo




Terceiro




Cuarto




Quinto 




Sexto


Para saber máis sobre Faustino Rey Romero, o poeta de Isorna, deixámosvos un vídeo elaborado no colexio hai uns cursos.

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-10-2016 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Libernautas da BBS

Case nos esquece falar dos nosos Libernautas, os rapaces e rapazas que entregaron na biblio o pasaporte que repartimos no Día do Libro cuberto. Aquí estades Libernautas da BBS! Sabemos que moit@s estivestes a punto de conseguilo tamén. Noraboa a tod@s.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 13-07-2016 08:34
# Ligazón permanente a este artigo
Ler no verán
Aquí tedes as nosas recomendacións de lecturas para este verán. Lembrade vir á biblioteca buscar os Libros que veñen e van.
Boas vacacións!!!!


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 23-06-2016 08:23
# Ligazón permanente a este artigo
Última viaxe

Bernardo e Silvia felices coas súas Mochilas Viaxeiras.
A disfrutalas! Xuño é un bo mes para ler, coma todo o ano!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 11-06-2016 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
A noite das mudanzas
Imos pechando actividades na BBS. O xoves tivemos o último dos contacontos deste curso. Foi especial porque tamén foi a última vez que estas tres contadoras participaban nos Contacontos do recreo como alumnas do cole. Lucía o sol, así que decidimos saír a horta para despedir os contacontos e ás contadoras.
A noite das mudanzas de Pep Bruno e Lucie Müllerová foi o conto escollido. Que as mudanzas que nos van tocar a nós tamén sexan compartidas e divertidas!
Silvia, Laura e Fátima, contamos con vós e os vosos compañeiros e compañeiras de 6º para seguir enchendo de maxia e contos a BBS o curso que vén, sempre que poidades.

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 04-06-2016 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0