biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A sopa queima
Nuria, María, Lía e Laura contáronnos o difícil que é, ás veces, que os maiores se dean conta do que custa comer unha sopa que queima.E é que os maiores,as veces, non lle dan importancia a cousas que para os nen@s son ben complicadas.


? A sopa queima, mamá!
Entón a nai díxolle
o que sempre din as nais:
? Pois sopra, filla, sopra.


Nunca comer unha sopa quente foi tan emocionante coma no conto de Pablo Albo e André Letria editado por OQO. Unha das nosas novidades favoritas, que xa estivo entre as recomendación de lectura para o Nadal.







Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-04-2010 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Libros que navegan

Rematamos a mañá facendo barquiños de papel, cada afillad@ cos seus padriños ou madriñas e decorándoos cos títulos de libros que son especiais para cada un de nós. Libros cos que, ben seguro, poderemos navegar.


Comentarios (10) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 13-04-2010 01:44
# Ligazón permanente a este artigo
Enchendo o patio de contos
As madriñas e padriños lectores encheron o noso patio e a horta de contos, corenta e dous, tantos como os afillad@s que gozaron con eles.


Comentarios (27) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 13-04-2010 01:39
# Ligazón permanente a este artigo
Apadriñamos lector@s
Tras a lectura do manifesto e como parte dos actos para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil, levamos a cabo unha actividade da que escoitaramos falar a varias compañeiras de bibliotecas escolares do Plan de Mellora: Os padriños e madriñas lectores. Non é esta a primeira vez, nin será a última, que grazas a outras bibliotecas escolares descubrimos actividades, materiais, ideas que nos encantan e que sabemos xa antes de poñelas en práctica que van resultar ben.
Todo o alumnado de 4º, 5º e 6º convertiuse desde a semana pasada en madriñas e padriños lectores. Escolleron e prepararon contos para contar na mañá de hoxe aos seus afillad@s lectores de 1º, 2º ou 3º.


Chega con ver a algúns deles preparando os seus contos para saber se tomaron en serio ser madriñas e padriños.


Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 13-04-2010 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
Run, run, run!
Comezamos a crónica da última semana do trimestre, que veredes que está a ser ben completa.
O luns viaxamos á sabana sen sair da biblio. Pedro, Iván, Sara, Irene, Carlota e Desi de 1º e 2º representaron unha obra en inglés cunha xirafa moi lambona e un pouco xorda e un león esfameado. O rato, a cebra, o elefante e o papagaio conseguiron que todos escaparan a correr xusto a tempo. Ademais de preparar os diálogos en inglés elaboraron as máscaras que estaban chulísimas.
Para saber máis sobre esta obra ide a Our enormous crocodile.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-03-2010 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
Os Bolechas en Primeiro
Irene, Carlota , Pedro e Desi son uns expert@s nos Bolechas, coñecen todos os libros que temos deles na biblioteca e foi por iso que o martes, no seu primeiro contacontos, decidiron lernos un dos seus títulos. Prepararon unhas ilustracións preciosas para acompañar a Irene, que foi quen leu o conto. Encantounos!



































Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-03-2010 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Pegadas Xigantes
Da man de Marta, Lucía, Irene e Nuria seguimos unhas misteriosas pegadas xigantes na neve para descubrir que ou quen as facía. Acompañamos aos nenos e nenas do conto de Fernando Krahn, que guiados pola curiosidade, deixaron de lado os medos e decidiron descubrir a verdade. Fermosas ilustracións de paisaxes invernais nun libro que, frente aos prexuicios e o conformismo, defende a curiosidade e as ganas de chegar a coñecer a verdade.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-03-2010 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Os contos de Mario Tomás
Mario Tomás visitou a nosa biblioteca e compartiu con nós contos de lugares tan distantes como a Nova Galiza ou África. Xa nos advertiu que era un contador un pouco desmemoriado, pero coa axuda de todos vós foi recordando as palabras que se lle escaparan dos contos e foi quen de engaiolar a grandes e pequenos coas súas historias. Convidounos a botar man da imaxinación e a escoitar máis alá das palabras, algo que xa nos gustaba facer.
Graciñas ao Consorcio Editorial por traer a Mario á nosa biblioteca. Grazas Mario por facernolo pasar tan ben!



Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 20-03-2010 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Os de arriba e os de abaixo
Simón e Diego presentáronnos a semana pasada unha das novidades na BBS. Os de arriba e os de abaixo escrito e ilustrado por Paloma Valdivia e publicado por Kalandraka, fala do noso mundo, das diferenzas e das similitudes entre pobos e culturas que viven arriba no hemisferio norte e abaixo, no sur. É un fermoso álbum para ler e ver do dereito e do revés e para descubrir que temos en común máis do que nos diferenza.



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 07-03-2010 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Libros para soñar
Un ano máis tivemos na nosa biblioteca a Patricia e a Pablo que chegaron da man dunha das editoriais galegas que máis nos gusta, Kalandraka. Viñeron coma sempre cargados de contos e de música e fixeron que os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro gozaran con algús dos Libros para soñar que temos na BBS contados dun xeito especial.
Esta vez, ademais, pedímoslle a Pablo que nos asinara un exemplar de Tic Tac, o seu novo CD-libro con música para nen@s. Un, dous, tres foi unha mostra do que podedes atopar neste CD publicado por Kalandraka. Para escoitar e ver máis, xa sabedes, pasade pola biblio.



Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 04-03-2010 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Os nosos contacontos en febreiro
En febreiro o Entroido foi o protagonista e o Toribio tívonos en danza durante toda unha semana enchendo os nosos recreos de disfraces, de música, de fariña e de auga. Non deixedes de visitar Educaldea para ver a que se montou na nosa escola.
Así que só tivemos dous contacontos, pero menudos contos escollestes!
Moit@ sentídesvos ás veces coma O oso fabuloso que tan ben nos leron Eva, Raúl, Alba e Iria. Oxalá na nosa escola sexamos quen de facervos sentir sempre a gusto e aprendendo cousas interesantes e útiles.

























Tania e Nerea atinaron ben co conto para o martes pasado. Ernesto bo día chegou entre chuvias torrenciais, lóstregos, vento e pedrazo nesta semana de "temporal permanente". E nós quedámonos co optimismo e romanticismo de Ernesto, botamos unhas risas e coma el pensamos: Xa pasará!








Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 24-02-2010 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
A viaxe das bolboretas
Estaban agardando desde o primeiro trimestre, tiñan ás súas bolboretas inquedas, con ganas de saír das páxinas do libro e voar pola nosa biblioteca. Por fin, Astrid e Laura ceibaronnas para todos nós a semana pasada.

A viaxe das Bolboretas de Paula Carbonell en OQO.






Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-01-2010 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Cantas pingas na cidade!
Ata dez pingas caeron na nosa biblioteca o martes pasado no primeiro dos contacontos deste trimestre. Fóra caían moitas máis, pero as dez pingas que Amanda, Alicia e María nos trouxeron, fixéronnos sorrir, contaxiaronnos de curiosidade e presentáronnos a unha chea de personaxes interesantes.
Gustounos moitísimo este conto de Eva Montanari publicado por OQO.







Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 17-01-2010 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro sorteo do ano

A lotería non nos tocou pero de seguro que neste sorteo acabarás sendo afortuna@. Este martes volvemos sortear as mochilas e o venres, despois de pasaren o Nadal con oito de vos, cambiaron de casa. A viaxe das mochilas continúa!
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 17-01-2010 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal ao calor dos libros
Xa está aquí o noso tríptico de Nadal!

Este ano as nosas recomendacións de lectura veñen asinadas polas bibliotecas escolares dos centros de Asados, Rianxo e Taragoña. Desde estas tres bibliotecas, veciñas e amigas, desexamos que os libros nos sigan dando, neste Nadal e no 2010, tanto calor e tan bos momentos como os que vivimos grazas a eles ata agora.


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 19-12-2009 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0