biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xan Farrapeiro e o muíño dos Lemos
As andanzas de Xan Farrapeiro de Ramón Caride é un dos libros do itinerario lector de terceiro. Lendo as andanzas de Xan aprendemos moito sobre os muíños e quixemos, antes de ter o encontro con Ramón Caride, visitar o único muíño do concello de Rianxo no que aínda moen os veciños e veciñas, o Muíño dos Lemos. Así que o xoves pasado os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fomos ata Buhía.
Grazas a Ida e Rosa puidemos ver moer o muíño e tamén enfariñarnos un pouquiño. Menuda sorpresa, moi poucos sabían deste muíño. Foi moi doado imaxinarnos a Sonia e Xan alí abaixo no inferno, traballando para o monstro.
Queremos dar as grazas e os nosos parabéns aos veciños e veciñas que aínda coidan deste muíño e do seu entorno e que lle dan uso, porque están a conservar o noso patrimonio.
E moitas grazas Ida, Rosa, Irene e Fiti por nolo ensinar.



Comentarios (10) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-05-2011 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro con Ramón Caride
Esta semana, despois de meses de traballar cos seus libros, 1º, 2º e 3º de Primaria coñeceu ao escritor Ramón Caride Ogando. Aquí tedes o tríptico preparatorio da visita. Desta vez tivemos que resolver dous crebacabezas e pegalos no tríptico.





Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 22-05-2011 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
El sueño de Pablo Picasso
Xa estamos na recta final dos nosos contacontos do recreo. Paula e Dunia quixeron sacar á horta un dos seus libros favoritos deste curso: El sueño de Pablo Picasso
Como non soñar tamén nós cunha pomba branca e un mundo mellor!






Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 08-05-2011 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Con Rodrigo Chao
O xoves coñecemos a Rodrigo Chao. Falamos das súas ilustracións, de como as debuxa e as pinta, de como e onde traballa...
Insistiu en que para debuxar non hai trucos, que se pode aprender e que hai que debuxar moito para mellorar. Ensinounos como partindo dun círculo podíamos debuxar caras, obxectos, paisaxes... Tomamos boa nota dos seus consellos e algúns xa empezaron a poñelos en práctica en canto el marchou. Grazas Rodrigo por respostar a todas as nosas preguntas e axudarnos a entender mellor como é o traballo dun ilustrador.


Comentarios (4) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 10-04-2011 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Descubrindo a Rodrigo Chao
Este xoves o ilustrador Rodrigo Chao estará na nosa biblioteca para que os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º poidan coñecelo en persoa. Estamos a preparar a súa visita debuxando, pintando, lendo e tamén buscando información na nosa biblioteca e en internet sobre a súa obra e a súa vida.





Abril mes dos libros
Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 05-04-2011 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Con Jacobo Fernández Serrano
Unha das mil cousas que podían pasar hoxe era que coñeceramos ao escritor e ilustrador dalgúns dos nosos libros favoritos, e así foi.
Mil preguntas teríades feito de deixarvos e seguro que el as contestaría de bo grao. Cantas dúbidas e curiosidades resolvestes sobre Mil cousas poden pasar! Canto aprendemos sobre o traballo dos ilustradores e dos escritores! Grazas Jacobo, un pracer coñecerte e terte con nós.



Este é o nos tríptico preparatorio da visita.

Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 31-03-2011 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Viches o león?
Unha carta que a ra non conseguía entregar nin coa axuda de todos os animais da selva, un león soñador e pacífico e sobre todo unha historia de amor. Estes son os ingredientes do conto escrito por Armando Quintero e ilustrado por Géraldine Alibeu que Antía e Diana trouxeron aos nosos recreos lectores. Outra das novidades que non podedes deixar pasar.






Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 31-03-2011 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
Literatura infantil e xuvenil galega para a Paz

A palabra é a mellor arma, a ferramenta coa que se constrúe a paz e se defende.
(Fragmento da presentación da exposición)

Ata mediados da semana que vén teremos na nosa escola a exposición de Literatura infantil e xuvenil galega para a Paz, organizada polo Seminario Galego de Educación para a Paz e que ten a Pilar Sampedro como comisaria. Dezaseis paneis deseñados por Fausto presentanos unha escolma de obras que usan a palabra para reflexionar e para transmitir valores, nomeadamente o valor da non violencia e da paz. Literatura comprometida, literatura coa que alumnado, profesorado e familias podemos gozar e medrar coma persoas.
Acompañan á exposición as obras sobre as que trata e unha proposta de actividades para traballar na aulas.
Desde a BBS agradecemos a iniciativa do SGEP e o traballo de Pilar Sampedro para ofertar aos centros educativos e á sociedade en xeral, recursos para traballar pola convivencia e a resolución pacífica dos conflitos.











Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 27-03-2011 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Na horta con Paul Gauguin
O xoves continuamos viaxando, á horta, a Francia, a Taiti... Esta vez fomos da man de Manuela, Alba, Iria, Eva, Dunia e Alicia que nos axudaron a descubrir a vida e a obra do pintor Paul Gauguin. Escolleron un dos seus títulos favoritos da colección El sueño de... de ediciones Brosquil, unha colección coa que estamos aprendendo e gozando moito este curso.





Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 27-03-2011 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Os contos á horta
Esta semana non nos puidemos resistir, co soliño a quentar e a primavera abrollando na nosa horta, decidimos sacar os contos do recreo ao aire libre. O martes viaxamos con Irene e María, que nos leron Soños de circo de Joxan Ormazabal, unha aventura real e imaxinaria, unha viaxe ao mundo do circo e dos soños.












Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 27-03-2011 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Sopa de nada
Desi e Irene convidáronos a Sopa de Nada e a verdade é que cando nos preguntaron se tiñamos abondo tivemos que dicir:
-Que se abonda? Madia leva
Porque este é un conto moi divertido, tanto polo texto de Darabuc como polas ilustracións de Rashin Kheiriyehe e, ao rematar, quedamos coa sensación de estar ben che@s de humor e de imaxinación. Abonda? Madia leva!







Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 12-02-2011 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
O abrigo misterioso
"Todas as mañás, o señor Abellón saía da súa casa cun abrigo enorme. Levaba algo agachado, pero non dabamos visto o que era porque, en canto saía
pola porta, liscaba rúa abaixo a toda présa.
Polas tardes, cando volvía á casa, o abrigo seguía
tan avultado como pola mañá..."








Manuela, Alba, Iria e Laura resolveron para nós o terrible misterio do señor Abellón. Este é un deses libros que non nos cansamos de ler e de recomendar:
O abrigo misterioso de Jeannette Jenning en Faktoría K de Libros.




Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 07-02-2011 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
Nadarín
Na semana da Paz Aida e Alba trouxeron aos nosos recreos lectores un conto que fala da importancia da colaboración e da unión para conseguir algo que nos parece xusto. Nadarín de Leo Lionni é unha historia publicada por Kalandraka, que nos leva ao fondo dos océanos con fermosas ilustracións e un final sorprendente.





Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 05-02-2011 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Abre a porta
Un ano máis chegado o mes de decembro animámonos a recomendarvos libros, películas e música para o tempo de lecer.
Ao longo do curso sacamos varios trípticos de recomendacións pero este é especial, pois nel participamos as bibliotecas de moitos centros de Rianxo e tamén a Biblioteca Pública Municipal. A nosa mensaxe común é clara:

Abre a porta da maxia, da aventura e da imaxinación. Está na túa man. Le!


Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 27-12-2010 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Para agasallar
Un ano máis a praza maior de Educaldea encheuse de libros grazas á colaboración de moitas editoriais amigas: Kalandraka, OQO, Everest, Tambre, Xerais, Galaxia, Anaya, Baía, A Nosa Terra, Sotelo Blanco, Embora, Toxosoutos, SM, Oxford, Macmillan e Alfaguara. GRAZAS a todas elas!
Tivemos a oportunidade de follear e escoller os libros que máis nos gustaban para agasallar e para quedar na nosa biblioteca e pouco a pouco as nosas preferencias quedaron expostas en forma de paletas de pintor/a no taboleiro da entrada.


Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 25-12-2010 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0